venres, 11 de agosto de 2023

Na nosa biblioteca (356)

 Chegaron á Biblioteca de GÁLIX, como doazón da editorial, as novidades de Kalandraka:

  • A bañarse!

  • O sono animal 

     

     

Título: A bañarse!

Texto: Taro Gomi

Ilustración: Taro Gomi

Tradución: Maki Fukuhara

Editorial: Kalandraka

Colección: Demademora

+ info: https://kalandraka.com/a-banharse-galego.html



Título:O sono animal

Texto: Silvia Lazzarino

Ilustración: María José Arce

Tradución: Iago Nicolás

Editorial: Kalandraka

Colección: Faktoria k de libros

martes, 8 de agosto de 2023

Na nosa biblioteca (355)


 Editorial Galaxia achéganos a obra gañadora do XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez, para a Biblioteca de GÁLIX:

  • Xoán, Xoana

     

     

Título: Xoán, Xoana

Ilustracións: Elena Andrés

Editorial: Galaxia

Colección: Árbore

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/xoan-xoana/

XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez 2022

Novas na rede:


xoves, 3 de agosto de 2023

Na nosa biblioteca (354)


 Recibimos, como doazón da Editorial Galaxia para a Biblioteca de GÁLIX:

  • Os ollos do irmán eterno

Título: Os ollos do irmán eterno.

Texto: Stefan Zweig

Adaptación: Borja Dierez

Editorial: Galaxia

Colección: Novela Gráfica

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/os-ollos-do-irman-eterno/






mércores, 2 de agosto de 2023

GÁLIX TEN NOVA DIRECTIVA

 

Na asemblea do pasado día 22, celebrada nas instalacións da Cidade da Cultura, o editor e escritor David Cortizo, cunha ampla traxectoria no ámbito editorial, asumiu a presidencia de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) en substitución de Xosé A. Perozo, quen exerceu o cargo dende 2016.

 

 

O balance presentado pola directiva saínte foi valorado moi positivamente tanto nos aspectos de execución de actividades habituais e proxectos xerados como na situación económica da asociación á que pertencen a maior parte dos profesionais da LIX galega.


A nova directiva supón unha renovación xeracional e tamén unha continuidade co labor desenvolvido pola asociación dende o seu nacemento no 1989 co obxectivo de defender e promover a cultura e lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil.

Xosé Antonio Perozo, levaba como presidente de GÁLIX desde 2016; foi tamén presidente da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) entre 2016 e 2019. En xuño de 2023 presentou a súa dimisión como presidente, aínda que se comprometeu a apoiar e asesorar no que fora preciso ao novo equipo.