A Concellaría de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago de Compostela en colaboración con Kalandraka Editora convoca o XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.
- Para obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica.
- Cun máximo 40 páxinas interiores.
- A dotación do premio é de 9.000 €
- O prazo de presentación de orixinais remata o 13 de maio de 2023.
- A obra premiada será publicada pola Editorial Kalandraka en galego, castelán, català, euskara e portugués.
O certame goza de recoñecemento e prestixio a nivel internacional e moitas das obras premiadas recibiron outros importantes recoñecementos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]