María Canosa Blanco
Enxeñeira, escritora, comunicadora e socia nº 151 de GÁLIX.
É Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, pero ademais da ciencia, está unida ás letras, nas que destacou desde ben pequena. Recibiu diversos premios literarios desde o ano 1986, e publicou a súa primeira novela en plena adolescencia, Bramido Maino (1.997), á que lle seguiron máis de corenta títulos.
Das últimas publicacións destacan: Lobo Ramón (Oqueleo), As pombas de Bastián (Xerais), H2... Oh!!! (Galaxia), María Casares. A impaciencia por vivir (Bululú) ou Saínza. A punkiereteira (A costureira).
De
entre os premios recibidos destacan o Premio Merlín de Literatura
Infantil (2.017), o Premio Ciencia en Acción polo traballo
desenvolvido no programa de televisión “Coma un allo”, do que é
presentadora e guionista (2.021), o Premio Anisia Miranda de Teatro
para a Infancia (2.022), o Premio Follas Novas á Mellor obra de
Divulgación (2.022), o Premio “Rosalía de Castro” de Lingua
(2.022) e o recente Premio de Literatura Infantil “Carlos Mosteiro”
(2.022).
Ademais, colabora en distintas actividades culturais, e varios medios de comunicación.
![]() |
ACCESO |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]