XANEIRO 2023
Recomendamos Fortunato quere ir á lúa de Carlos López
Carlos
López é, dende hai xa tempo, un dos máis xeniais escritores de
literatura infantil que temos en Galicia. O seu estilo é unha
acertada combinación entre o humorismo e o lirismo. Neste libro
escribe unha divertidísima historia perfectamente ilustrada por
Óscar Villán, un debuxante que fai algo tan difícil como é crear
un mundo gráfico propio moi potente a nivel visual e que combina moi
ben co espíritu do texto e onde se move con asombrosa soltura. É
tamén de xustiza salientar a inspirada labor de edición que Galaxia
fixo neste álbum ilustrado para os máis pequenos.
David Pintor
___________________________
GÁLIX publica cada mes unha recensión feita por algunha ou algún dos socios para a sección Este libro encantoume da OEPLI. Todos os meses poderás ver neste blog as recomendacións de Literatura Infantil e Xuvenil en galego e na web da OEPLI as propostas das asociacións dos diferentes ámbitos lingüísticos que forman a organización. Se queres colaborar coas túas recomendacións, non dubides en nos contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]