mércores, 26 de outubro de 2022

Lois Pérez gaña o XVI Premio Raíña Lupa

 

A tribo do mar, unha obra sobre a situación actual da emigración do autor lucense Lois Pérez, resultou gañadora do XVI Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña,


Lois Pérez é unha persoa multifacética que, ademais de escritor e mestre, é narrador oral, humorista e comediante e cronista de rock. Todas estes aspectos da súa personalidade contribúen na consecución do estilo áxil e atractivo para o público xuvenil que sinala o xurado  da súa creación literaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]