xoves, 29 de setembro de 2022

Na nosa biblioteca (307)

 


 

Chegaron novidades da Hércules Edicións como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Isto é rock!

     

     

Título: Isto é rock!

Texto: Javier Becerra

Ilustracións: Catuxa Alonso

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Preparados, listos ... Xa


+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libro/esto-es-rock/


Novas na rede:

  • Asociación Galega de Editores:

https://www.editorasgalegas.gal/isto-e-rock-de-hercules-de-ediciones-o-album-ilustrado-que-repasa-a-historia-do-rock-contada-para-a-cativada/



mércores, 28 de setembro de 2022

Cando petan na porta pola noite, nos Libros Extraordinarios do Festival Internacional de Literatura de Berlín 2022.

 

 

A obra de Xabier P. Docampo Cando petan na porta pola noite, foi seleccionada entre os Libros Extraordinarios do Festival Internacional de Literatura de Berlín 2022.

 

Recollendo unha proposta de Paula Carballeira, incorporouse este libro, formado por catro contos de misterio, á selección de Libros Extraordinarios destacando que é unha "obra excepcional que deberían ler todos os nenos e nenas adolescentes"; unha obra local e universal que fala da escuridade, do frío, do medo e de historias contadas na noite a carón do lume.

Xabier P. Docampo, que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil en 1995 polo texto mencionado, foi un autor prolífico que recibiu numerosos premios; as súas obras traducíronse a diversas linguas. Xabier era un gran narrador, implicado na promoción e normalización da lingua galega.

 


martes, 27 de setembro de 2022

V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Editorial Galaxia, en colaboración coa asociación Barbantia veñen de convocar o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro creado no 2018 como medio de promoción para autores e autoras de literatura infantil en lingua galega, e como homenaxe ao escritor veciño deste concello.

Un certame

  • Para orixinais inéditos en galego normativo.

  • Dirixidos a lectorado de 3 a 12 anos.

  • As obras poderán presentarse en papel ou en formato dixital ou no enderezo electrónico premioliterario.cultura@apobra.gal.

  • O prazo de recepción de obras remata o 30 de novembro de 2022.

  • O premio ten unha dotación económica de 3000 €

  • A obra gañadora será publicada na colección Árbore da Editorial Galaxia

ACCESO ÁS BASES 

luns, 26 de setembro de 2022

Na nosa biblioteca (306)

 A Editorial Sushi Books achéganos estas novidades para a
Biblioteca de GÁLIX
:

  • O xardín secreto

  • 45 contos dos irmáns Grimm para nenos e para a familia

  • Os raspiñeiros



Texto: Frances Hodgson Burnett

Tradución: Moisés Barcia

Introdución biográfica: Inés Castro e Sara Fernández

Editorial: Sushi Books

Colección: Avanzado
+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/o-xardin-secreto/


Título: 45 contos dos irmáns Grimm para nenos e para a familia

Texto: Jacob e Wilhelm Grimm

Tradución: Jennifer Gómez Vilar

Editorial: Sushi Books

Colección: Intermedio

+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/45-contos-dos-irmans-grimm-para-nenos-e-para-a-familia/


Título: Os raspiñeiros

Texto: Mary Norton

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Sushi Books

Colección: Intermedio

+ info:https://rinoceronte.gal/sushibooks/produto/os-raspineiros/


venres, 23 de setembro de 2022

Na nosa biblioteca (305)

 


Novidades da Editorial Galaxia, doazón da editora para a Biblioteca de GÁLIX :

 

 

  • Lagarta, lagarta!

  • Planeta bugall

  • Os dez animais

  • Faro e o seu día importante

  • O poder máxico do sorriso


 

Título: Lagarta, lagarta!

Ilustración: Sofia Venzel

Editorial: Galaxia

Colección: Albumes

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/lagarta-lagarta/



 

 

Título: Planeta bugallo

Autora: Raquel Castro

Ilustración: Blanca Millán

Editorial: Galaxia

Colección: Árbore

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/planeta-bugallo/


 

 

 

 

Título: Os dez animais 

Ilustración: Lidia Nokonoko

Editorial: Galaxia

Colección: Álbumes

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/os-dez-animais/


Título: Faro e o seu día importante

Texto: Alfredo Blanco Martínez

Ilustracións: Ana Santiso

Editorial: Galaxia

Colección: Álbumes

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/faro-e-o-seu-dia-importante/


Título: O poder máxico do sorriso

Texto: Thalía Troitiño

Ilustracións: Luz Beloso

Editorial: Galaxia

Colección: Álbumes

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/o-poder-maxico-do-sorriso/