Xosé Cobas, socio nº 87 de GÁLIX, naceu en Logrosa (Negreira).
Interesouse dende novo pola expresión plástica e aos 24 anos tivo unha primeira exposición na cidade de A Coruña.
Aínda que traballou, en arredor dunha centea de libros, con diversas editoriais e con grandes autoras e autores, compre salientar a súa colaboración intensa e extensa con Xabier P. Docampo con quen publicou non menos de 15 obras e con que tamén participou na revista de banda deseñada Golfiño. Como el, Xosé Cobas é unha persoa comprometida coa lingua e a cultura galegas.
Revistas especializadas de prestixio como ‘CLIJ’, ‘Peonza’ ou
‘Fadamorgana’ dedicáronlle artigos monográficos.Dende 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.
Recibiu numeroso premios e recoñecementos como o premio F.E.T.E.N. 2002 ao mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España, o premio Lecturas 2003 e o premio Gourmand World Cookbook Awards 2004 ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica. No ano 2021 o ilustrador foi homenaxeado polo Salón Internacional do Libro Infantil de Pontevedra.
Participou en exposicións nacionais e internacionais, entre outras:
Galicia Solidariedade, organizada por GALIX coa colaboración da Xunta de Galicia
As cores do vento, Xunta de Galicia.
Tercer Centenario de Caperucita Roja, organizada pola OEPLI
El ratoncito Pérez, tamén da OEPLI
Salón do Cómic da Coruña
Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (2001, 2002, 2003 e 2004),
‘Bienal Internacional de Bratislava’ (2003), invitado polo Ministerio de Cultura español
Exposición de ilustración infantil española contemporánea, en Bolzano’, Roma, Nápoles e Cagliari (Anos 2004/05).
ALGUNHAS OBRAS PUBLICADAS
- A nena de auga e o príncipe de lume. Xabier P. Docampo. Xerais, 1989 e 1992. Col. Merlín.
- O país durminte. Xabier P. Docampo. Xerais, 1992.
- Fantasía en re maior. Antonio Teijeiro. Edelvives, 1994.
- Adelaida, Henrique e demais familia. Xabier Docampo. Galaxia, 1996.
- O pazo baleiro. Xabier P. Docampo. Anaya, 1997.
- O home que inventou unha maneira de andar. Xabier P. Docampo. Galaxia, 1998.
- La posada del séptimo día. Juan Farias. Everest, 1998.
- Caderno de fume. Antonio García Teijeiro. Anaya, 1999.
- Andrea quere ser maior. Pepe Carballude. Everest, 1999.
- Ismael que fue marinero. Juan Farias.Everest, 1999.
- Teatro ás tres pancadas. Antonio Torrado. Xerais, 1999.
- Nube de neve. Xabier P. Docampo. Everest, 2000.
- Unha pantasma branca. Fina Casalderrey. Everest, 2000.
- Un circo de nubes. Xoán Babarro. Everest, 2000.
- Víchela, víchela?. Xabier P. Docampo. Magisterio-Casals, 2001.
- Amar e outros verbos. Ana María Fernández. Everest, 2001
- A merla de trapo. Antón Cortizas. Xerais, 2001
- Un conto de tres noites. Xabier P. Docampo. Xerais, 2002.
- Os peixes de cores. Antonio García Teijeiro. Xerais, 2002.
- Onde van as bolboretas no inverno?. Gloria Sánchez. Everest, 2002.
- A casa da luz. Xabier P. Docampo. Anaya, 2002.
- Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro. Everest, 2003.
- O galo avisado e o raposo trampulleiro. Antonio Reigosa. Xerais, 2003.
- Bolboretas. Xabier P. Docampo. Everest, 2004.
- O país de amarnos. Ana María Fernández. Everest, 2004.
- Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales. AA.VV. Xunta de Galicia, 2004.
- Don Quijote de la Mancha, Everest, 2005.
- A bruxiña da sorte. Concha Blanco. Alfaguara-Obradoiro, 2005.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]