mércores, 1 de xuño de 2022

Catálogo OEPLI 2021

A OEPLI e as súas seccións territoriais: Consejo, ClijCat, Galtzagorri e GÁLIX, en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte, edita o catálogo LITERATURA INFANTIL E XUVENIL ESPAÑOLA. Selección OEPLI 2021, no que se recolle unha selección bibliográfica dos mellores libros infantís e xuvenís de escritores e ilustradores publicados ao longo do pasado ano. Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente.


CATÁLOGO OEPLI 2021

 O catálogo contén unha selección de libros realizada por persoas expertas das catro seccións da OEPLI: ClijCat, Galtzagorri, Gálix e Consejo, nas que están representados todos os sectores do mundo literario, da creación e da mediación: escrita, ilustración, edición, librerías, bibliotecas, crítica, ensino, etc. que valoraron cada un dos títulos seleccionados.

  • O catálogo está dispoñible nos espazos web de GÁLIX:

Taboleiro de Catálogos OEPLI do Pínterest de GÁLIX.
Páxina de Recursos deste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]