xoves, 23 de xuño de 2022

Convocatoria dos Premios Lazarillo 2022

Co obxectivo de estimular a produción de bos álbums ilustrados destinados ao público infantil e xuvenil e estimular a produción de libros de calidade, especialmente destinados ao público infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), que inclúe as seccións de ámbito lingüístico GÁLIX, Galtzagorri, ClijCat e Consejo, e co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte e de McDonald’s, convoca os Premios Lazarillo 2022.

Este certame de Literatura Infantil e Xuvenil, o máis antigo do Estado español para o lectorado máis novo, ten a particularidade de estar aberto á participación de obras escritas en calquera das linguas do estado.

Álbum Infantil e Xuvenil Ilustrado

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Destinadas ao público infantil ou xuvenil.

  • Formato máximo, DIN A-2.

  • Extensión máxima de 32 páxinas.

  • Cunha dotación de 6.000€

  • O prazo de entrega remata o 30 de novembro de 2022.


Creación Literaria, modalidade infantil

  • Para obras orixinais e inéditas.

  • Escritas en calquera das linguas oficiais do estado.

  • En calquera xénero literario (narrativa, poesía ou teatro)

  • Destinadas ao lectorado infantil, menor de 11 anos.

  • O premio ten unha dotación de 6000€.

martes, 21 de xuño de 2022

V Premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno

 


O Concello de Pontevedra, en colaboración coa editorial Cuarto de inverno, convoca da quinta edición do certame "Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil" cos obxectivos de dinamizar e fomentar a lectura e  promover do uso do idioma galego.

O certame está aberto á participación de

  • Obras inéditas escritas en idioma galego.

  • Cun máximo de 250.000 caracteres

  • A dotación do premio é de 3.000 €

  • O prazo de presentación remata o 29 de xullo de 2022.

  • A obra premiada será publicada pola Editorial Cuarto de Inverno.

Acceso ás bases


mércores, 15 de xuño de 2022

A Xanela de GÁLIX. Paula Carballeira

Paula Carballeira, nacida en Maniños (Fene. A Coruña), aínda que despois de licenciarse en Filoloxía na Universidade de Compostela, quedou a vivir nesas terras.

Narradora oral profesional desde 1994, actriz e escritora. Muller de teatro. Tivo a sorte de ser convidada aos principais festivais de narración oral nacionais e internacionais (Portugal, Polonia, Francia, Cabo Verde, Colombia, Perú, Ecuador, México, Costa Rica...). Ademais, mantén actividades regulares en bibliotecas e centros de ensino.

Como actriz, é membro da compañía Berrobambán e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como directora de teatro, levou adiante producións infantís tanto na súa compañía como no Centro Dramático Galego ou noutras compañías.

Como autora, ten máis de trinta títulos publicados, tanto de narrativa, como de poesía ou teatro, moitos deles traducidos a varias linguas: portugués, inglés, italiano, coreano, catalán, éuscaro..., algúns deles premiados e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.

É autora dunha chea de libros entre os que destacamos:

Teatro:

  • Boas noites (2007)

  • Alicia & Alicia (2010)

  • Pressing catch (2010)

  • A folla máis alta (2012)

  • O refugallo (2013).

  • Doppelgänger (2018)

  • Somos os monstros (2019).

  • As alumnas (2022).

Narrativa:
  • A percura (Ed. Do Cumio, 1990)

  • Robin e a Boa Xente (EDB-Rodeira 1995)

  • Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (EDB-Rodeira, 1996)

  • Olo-iepu-iepu (Galaxia, 1999)

  • Mateo (Kalandraka, 1999)

  • Paco (Kalandraka, 2000)

  • Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Xerais, 2002)

  • Correo urxente (EDB-Rodeira, 2002)

  • O ganso pardo (Edelvives, 2002)

  • A era de Lázaro (Galaxia, 2004)

  • Smara (Kalandraka, 2006)

  • A casa redonda (Baía, 2008)

  • O lobishome de Candeán (Galaxia, 2009)

  • As outras historias (Galaxia, 2011)

  • Casas (Tambre, 2012)

  • O principio (Kalandraka, 2012).

  • A burra Ramona (Baía, 2013)

  • Chímpate, Pepa! (Triqueta Verde, 2013).

  • Bruxa e familia (Oqueleo, 2017)

  • Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño (Triqueta verde, 2018)

  • A tartaruga Amodovou (Oqueleo, 2019)

  • Carabela (2020). Galaxia.

  • Pan con chocolate. A merenda de Gianni (2021).

  • Trece avisos. Contos para ler pola noite (2022)


Poesía:
  • Contatrás (2006)

  • Contatrás, II-I ( 2012)

  • Nunca mascotas (2016)

  • Hai quen escolle os camiños máis longos

     

     

    No ano 2021, a proposta de GÁLIX, Paula Carballeira foi nominada ao prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren (ALMA ), outorgado anualmente polo goberno sueco para distinguir o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil e que pode recaer tanto nunha organización coma nun persoa individual. A candidatura é un recoñecemento á carreira desta muller polifacética que prestixia a cultura e a lingua galega e amosa a calidade da nosa literatura dentro e fóra do país.

Como socia de GÁLIX aceptou participar nesta sección e darnos a súa opinión sobre as diversas cuestións que lle formulamos no 

ACCESO


venres, 10 de xuño de 2022

Na nosa biblioteca (301)

 

Chegaron as novidades de Entre nubes y cuentos como doazón para a Biblioteca de GÁLIX : Quen vén esta noite?

 




Título: Quen vén esta noite?

Texto: Ana Meilán

Ilustracións: Silvina Eduardo

Editorial: Entre nubes y cuentos

+ info: https://www.entrenubesycuentos.com/producto/quen-ven-esta-noite/

xoves, 9 de xuño de 2022

Na nosa biblioteca (300)


Chegaron novidades da Hércules Edicións como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

  • Defectos monstruosos



Título: Defectos monstruosos

Texto: Alberto Hontoria Maceín

Ilustracións: Nuría Díaz

Tradución: Blanca Roig

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas Lecturas de Hércules

+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libro/defectos-monstruosos/