xoves, 28 de abril de 2022

Na nosa biblioteca (291)

 

Chegaron á Biblioteca de GÁLIX, como doazón da editorial, as novidades de Kalandraka:
  • Unha cor propia

  • Rizos de Ouro e os tres osos



Título
: Unha cor propia

Autor: Leo Leonni

Tradución: Xosé Manuel González

Editorial: Kalandraka

Colección: Tras os montes

+ info: https://www.kalandraka.com/unha-cor-propia-galego.html





Título: Rizos de Ouro e os tres osos

Tradución: Xosé Ballesteros

Editorial: Kalandraka

Colección: Tras os montes

+ info: https://www.kalandraka.com/rizos-de-ouro-e-os-tres-osos-galego.html

Blanca Millán e Ramiro J. Peralta gañan o II Premio Alberte Quiñoi

 

A obra titulada As filloas da Manola, de Blanca Rodríguez Millán e Ramiro José Peralta Torres é a gañadora do II Premio Alberte Quiñoi, para obras ilustradas inéditas dirixidas ao lectorado infantil.

 


O galardón, convocado polo Concello da Estrada coa colaboración de Editorial Galaxia e conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recibe o seu nome como homenaxe ao autor estradense Manuel García Barros.

martes, 26 de abril de 2022

Na nosa biblioteca (290)


 A editorial Bululú fai doazón á Biblioteca de GÁLIX desta fermosa biografía da gran actriz de orixe galega.        

 

 

Título: María Casares. A impaciencia por vivir

Ilustracións: Bea Gregores

Editorial: Bululú

+ info: https://www.editorialbululu.com/producto/maria-casares-a-impaciencia-por-vivir/

luns, 25 de abril de 2022

Clorofila en letra para curar o planeta. Selección de textos sobre medio ambiente.


Clorofila en letra para curar o planeta é unha guía elaborada por GÁLIX que estará accesible e descargable neste blog e no Pínterest da asociación, para que poida ser utilizada polas persoas que exercen o labor de mediación lectora.

Entre os contidos transversais que apareceron recollidos na LOXSE destacaba a educación ambiental. Dende a educación formal e non formal desenvolvéronse moitas iniciativas para crear conciencia da necesidade de traballar a prol do planeta.

Neste documento pretendemos recoller libros relacionados co medio ambiente, organizados nunha chea de etiquetas, que consideramos intuitivas, para facilitar a busca. Nel atoparedes algúns libros imprescindibles cando tratamos o tema medio ambiental e outros que os complementan.

Este traballo responde a ese esforzo por poñer nas mans das persoas mediadoras da lectura unha relación de títulos que poderán completar para entregarllos as criaturas, como quen da de beber.

domingo, 24 de abril de 2022

VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade

O VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade é un galardón creado en homenaxe a figura do escritor, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia.

  • Para obras inéditas en lingua galega.
  • Dirixidas a público infantil e xuvenil,
  • De temática relacionada coa igualdade.
  • Extensión libre
  • Dotación de 3000€
  • Prazo de presentación de orixinais remata o 12 de xullo de 2022, sexto cabodano de Agustín Fernández Paz. 
 

sábado, 23 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DE AUTORÍA

No Día Mundial do Libro e Dereitos de Autoría, instaurado en 1995 pola UNESCO, conmemórase o aniversario do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes e o Inca Garcilaso de la Vega.

Este 2022 Guadalajara (México) foi a cidade escollida como Capital Mundial do Libro, por considerala un referente da cultura e a literatura e pola súa importantísima Feria do libro.

Esta celebración pretende ser unha homenaxe aos libros e ás persoas que os crean, e recoñece neles o valor da creatividade e a diversidade, o seu papel na consecución da igualdade no acceso ao coñecemento e como ferramenta contra a pobreza e a intolerancia.

En relación con todo isto, a UNESCO, e todos os sectores que forman o mundo do libro, pretenden, nesta data, suliñar que o libro é produto do labor das persoas que os crean e  que merecen o recoñecemento do seu traballo e o respecto de toda a sociedade.

Neste día celebramos a cultura escrita en todos os idiomas, en todas as culturas.

Asociación Galega do Libro Infantil (GÁLIX) non quere deixar de celebralo con todas as persoas grandes e pequenas que forman o lectorado galego e con esta intención propón sumarse ás dúas iniciativas do IBBY nas que poden participar persoas de todas as idades.

xoves, 21 de abril de 2022

A XANELA DE GÁLIX. Edicións Xerais de Galicia


Edicións Xerais de Galicia

 

Xerais nace en 1979 da man de Xulian Maure e Germán Sánchez Ruiperez, fundador do Grupo Anaya, co obxectivo de se converter nunha nova canle de normalización e profesionalización para a cultura galega. 

O seu perfil, desde o inicio, é xeralista publicando todo tipo de libros e liñas. O primeiro título editado foi Matemáticas 1º de BUP, do colectivo Vacaloura e, de seguido, continuou coa publicación de 12 títulos diversos na colección Montes e Fontes.

 

O gran despegue de Xerais nos anos 80 estivo ligado á renovación pedagóxica que impulsou desde a edición educativa, e desde entón ata hoxe o seu catálogo nutriuse de coleccións de tradución, de narrativa galega, de literatura infantil e xuvenil, de ocio, turismo, natureza e gastronomía, de poesía, de libros de actualidade ou de memoria, de dicionarios, de ensaio e investigación, de cómic ou de libro de texto.

En 1984 creouse o Premio Xerais de Novela, que leva 39 edicións e a día de hoxe os Premios Xerais (Premio Merlín de Literatura Infantil, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e Premio Xerais de Novela) convertéronse nun referente imprescindible da literatura galega.

Por outra parte, a existencia de Xerais supuxo historicamente un enorme motor de modernización e profesionalización para a cultura galega, creando paradigmas para toda a industria cultural.
En 2022, a edición xeral (ficción e non ficción) ten moito máis peso que o libro educativo e Xerais aposta fortemente pola divulgación.

ACCESO



 


martes, 19 de abril de 2022

Na nosa biblioteca (289)


 Novidades da Editorial Galaxia que chegaron, como doazón, á Biblioteca de GÁLIX :

 

 

  • Curros & Holmes no misterio d’o kapital

  • Casa de Feras

  • O bosque do duque ‘s-Hertogenbosch

  • Un segredo

  • Eu son Exeria. lectura feminista dunha viaxe no século IV

  • Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira


Título: Curros & Holmes no misterio d’o kapital

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/curros-holmes-no-misterio-kapital/


Título: Casa de Feras

Texto: Edgar Costas

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/casa-de-feras/

IV CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2021

Título: O bosque do duque ‘s-Hertogenbosch

Autor: Fran Fernández Davila

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/o-bosque-dupque-s-hertogenbosch/

Autor: Alejandro Palomas

Tradución: Mercedes Pacheco

Editorial: Galaxia

Colección: Costa Oeste

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/un-segredo/


Texto: Marisa Vidal Collazo

Ilustración: Sole Pite Sanjurjo

Editorial: Galaxia

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/eu-son-exeria-lectura-feminista-dunha-viaxe-no-seculo-iv/




Título: Aproximación á esquiva figura de Celestino Carballeira


Autor
: López (Juan López Rico)

Editorial: Galaxia

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/aproximacion-esquiva-figura-de-celestino-carballeira/