O Concurso 'Balbino' de relatos ten como obxectivo promover e difundir a literatura e a cultura galegas; está promovido pola empresa Técnicas & Gramaxe, S.L. e Edicións Fervenza, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a Secretaría Xeral de Políticia Lingüística da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.
Vén de convocarse a VIIª edición deste premio para obras:
Orixinais e inéditas escritas en lingua galega.
Sobre o tema do rural, o mar e a emigración
O prazo de recepción de orixinais remata o 30 de xuño de 2022.
A dotación económica é de 1.500 € para a obra gañadora.
A obra premiada será publicada por Edicións Fervenza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]