luns, 28 de febreiro de 2022

Na nosa biblioteca (280)


  

Chegaron novidades da Hércules Edicións como doazón para a Biblioteca de GÁLIX :

 

  • Mamá, de onde veñen os bebés?

  • Bos días, avoa

  • Mamá vive en min

  • Que mal día, gato Klops!

     

Título: Mamá,de onde veñen os bebés?
Te
xto: Caterina Valriu
Ilustracións: Toni Galmés

Tradución: Blanca Roig

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas Lecturas de Hércules
+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libro/mama-de-onde-venen-os-bebes-libro/




Título: Bos días, avoa
Autor: R. J. Peralta

Ilustracións: Blanca Millán

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas Lecturas de Hércules
+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libro/bos-dias-avoa-libro/

Título: Mamá vive en min
Autor: Rosario Baleirón Sóñora

Ilustracións: Estefanía Padullés

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas Lecturas de Hércules
+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libro/mama-vive-en-mi/

 

Título: Que mal día, gato Klops!
Autor: Estefanía Padullés

Ilustracións: Estefanía Padullés

Editorial: Hércules Edicións

Colección: Novas Lecturas de Hércules
+ info: https://www.herculesediciones.com/gl/libro/que-mal-dia-gato-klops-galego/

domingo, 27 de febreiro de 2022

Celebradas as Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VIII. POESÍA CARGADA DE FUTURO PARA FUTURAS XERACIÓNS.

Vimos de celebrar en Santiago de Compostela, a oitava edición das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a raia co título particular de "Poesía cargada de futuro para futuras xeracións" organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación e Formación Profesional, o CAFI e o Consello da Cultura Galega.

  

Se tendes interese pola poesía infantil e xuvenil podedes ver os vídeos destas xornadas na nosa canle de YouTube.


 

venres, 25 de febreiro de 2022

Novos libros na Lista de Honra da IBBY

 A Lista de Honra de IBBY é unha selección bianual dos libros de recente publicación, propostos polo seu interese e calidade polas Seccións de IBBY nas modalidades de escrita, ilustración e tradución. 

No caso da OEPLI, ao ter catro linguas oficiais, preséntanse unha obra orixinal e outra traducida por idioma.

En galego, dos presentados por GÁLIX, están seleccionados:

 

En éuscaro, presentados por Galtzagorri, o escritor Iñigo Astiz coa obra Joemak eta polasak, e o tradutor Juan Kruz Igerabide pola obra Etxean Barrena,

En catalán, seleccionados por ClijCat, Espècies extraordinàries de Salvador Comelles e Ametlla traducido por Anna Puente Llucià.

En castelán se inclúen dous libros presentados polo Consejo General del Libro Infantil y Juvenil: Mi lazarilla, mi capitán de Gonzalo Moure e Un enigma azul zafiro traducido por Marinela Terzi.

A inclusión dun libro nesta listaxe ten como consecuencia unha maior divulgación e coñecemento destes títulos e o aumento considerable do número de traducións e de edicións estranxeiras de libros de calidade para a infancia e a xuventude. 


 

Todas as obras seleccionadas son presentadas e expostas nos Congreso de IBBY. Ao remate, os libros viaxan polo mundo en exposicións e feiras do libro e preséntanse nas coleccións permanentes da Lista de Honra que están na International Youth Library de Munich, o Swiss Institute for Child and Youth Media de Zúric e na Bibiana Research Collection en Bratislava, en JBBY Tokyo e en Northwestern University en Evanston, Illinois.

xoves, 24 de febreiro de 2022

Convocatoria dos premios para textos teatrais de AGADIC

 AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) convoca a edición 2022 dos premios: 

  • XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais,
  • XII Manuel María de literatura dramática infantil,
  • XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.
    • Modalidade infantil
    • Modalidade adulta

Nesta convocatoria pode participar calquera persoa que presente:

  • Textos teatrais inéditos.
  • Escritos en lingua galega, conforme á normativa vixente.
  • O prazo para presentar orixinais estará aberto deica o 2 de maio de 2022.

Dotación dos premios:

  • Álvaro Cunqueiro, 8.000 €
  • Manuel María, 6.000 €
  • Barriga Verde:
    • Modalidade infantil: 6.000 €
    • Modalidade adulta: 6.000 €

ACCESO ÁS BASES

mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro 2022

 Este ano, por primeira vez, celebramos Día de Rosalía o 23 de febreiro, data real de nacemento da autora.

Aínda que A Fundación Rosalía de Castro centralizan boa parte dos actos institucionais, a efeméride celebrase en todos os concellos de Galicia e moitos no exterior.

A AELG celebrou acto central o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela coa lectura do manifesto, redactado este ano pola escritora Beatriz Maceda Abeleira

Compartimos tamén a homenaxe de Pilar Sampedro a través do seu programa Libros para as medras en Radio Ateneo.


 

 

 

 

CONCURSO

 O proxecto global ES TI QUE CANTAS, de Rebordelos,  convoca a participar
no concurso
#ESTIQUECANTAS, en Instagram e Tik Tok, cun vídeo que interprete a obra en galego de Rosalía de Castro.

Adxudicaranse tres premios:

· Premio LIEDERS: a unha peza inspirada na ollada reivindicativa, feminista e inconformista de Rosalía de Castro.

· Premio FIESTRAS: a unha peza que destaque pola súa proposta formal empregando recursos audiovisuais e/ou das redes sociais.
· Premio CANTARES: a unha peza inspirada no patrimonio paisaxístico e inmaterial de Galicia, nas nosas raíces e na nosa lingua.

Consultade as bases AQUÍ:

martes, 22 de febreiro de 2022

Na nosa biblioteca (279)

 


Chegaron á
Biblioteca de GÁLIX, como doazón da editorial, as novidades de Kalandraka:

  • Chuvisca


Título
: Chuvisca

Autor: Fernando Pérez Hernando

Ilustración: Fernando Pérez Hernando

Tradución: Manuela Rodríguez

Editorial: Kalandraka

Colección: demademora

+ info: https://www.kalandraka.com/chuvisca-galego.html