martes, 2 de novembro de 2021

Celebración do Día do/a Lector/a coa lectura de Memorias dun neno labrego.

A Fundación Neira Vilas convócanos a unha lectura pública e continuada de "Memorias dun neno labrego" este mércores 3 de novembro, a partir das as 17,00 horas, na sede da Fundación en Gres (Vila de Cruces).

Organízase este acto para conmemorar, coincidindo coa data de nacemento do autor, o Día do/a Lector/a que se celebra este ano por primeira vez e, como tal, aparece no Calendario do libro e da lectura que determina as datas máis salientables arredor do libro e a lectura.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]