martes, 30 de novembro de 2021

Na nosa biblioteca (269)

 


Outras n
ovidades que a Editorial Galaxia mandou, como doazón, á Biblioteca de GÁLIX :
  • Chora, corazón, pero endexamais raches

  • O can e o gato


Título
: Chora, corazón, pero endexamais raches

Autor: Glenn Ringtved

Ilustracións: Charlotte Pardi

Tradución: Dragana Djordjevic

Editorial: Galaxia

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/chora-corazon-pero-endexamais-raches/





Título: O can e o gato

Texto: Manuel Pombo Arias

Ilustracións: María Lires

Editorial: Galaxia

Colección: Álbumes

+ info: https://editorialgalaxia.gal/produto/o-can-e-o-gato/

domingo, 28 de novembro de 2021

Presentación da guía DONAS NO ESPELLO DA LIXG no CULTURGAL

Pilar Sampedro, Vicepresidenta 2ª de GÁLIX, presentou onte no Espazo Libro do CULTURGAL, a guía "Donas no espello da LIXG", que recolle unha selección de libros de calidade, en galego, para o lectorado infantil e xuvenil co obxectivo de avanzar a prol da igualdade.

As persoas asistentes á presentación levaron un exemplar impreso da guía. Logo do acto, repartíronse exemplares entre as librerías, editoras, asociacións e outras entidades presentes da Feira.


 

A obra, organizada por etiquetas para facilitar a busca e selección de libros, pretende ser unha ferramenta de utilidade para as persoas que exercen a mediación lectora: familias, docentes, bibliotecarias e bibliotecarios, coordinadoras de clubs de lectura, librerías, etc.

Calquera que teña interese pode acceder á guía dende o noso noso blog e no noso Pínterest

venres, 26 de novembro de 2021

Na nosa biblioteca (268)


Recibimos novidades de Edicións Xerais de Galicia, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX:


  •  Todos fomos

    O conserxe

  • Cando sangren os lobos

     


 

Título: Todos fomos

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Fóra de xogo

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6793107

 

 

 

 

Título: O conserxe 

Texto: Xosé Luis Vázquez Somoza

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Fóra de xogo

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6090499

Novas:



Título
: Cando sangren os lobos

Texto: Adrián Gómez Ramos

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Fóra de xogo

I Premio Xuventude Crea de Novela Curta

+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6786229

Novas:


xoves, 25 de novembro de 2021

Na nosa biblioteca (267)

A Editorial Sushi Books achéganos estas novidades para a Biblioteca de GÁLIX:
  • Os espías de Oreborg

  • A rosa falsa

  • Oh, capitán! Poemas de Walt Whitman para a xente do instituto

 

 

Título: Os espías de Oreborg

Autor: Jakob Wegelius

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Sushi Books

Colección: Intermedio

+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1453



Título: A rosa falsa

Autor: Jakob Wegelius

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Sushi Books

Colección: Avanzado

+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1452

Título: Oh, capitán! Poemas de Walt Whitman para a xente do instituto

Texto: Walt Whitman

Tradución e escolma: Penélope Pedreira

Editorial: Sushi Books

Colección: Avanzado

+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1450

 

mércores, 24 de novembro de 2021

GÁLIX leva ao CULTURGAL a guía de lecturas: DONAS NO ESPELLO DA LIXG

 O CULTURGAL, a Feira de Industrias Culturais de Galicia, abre este ano a súa XIV edición en Pontevedra baixo o lema: A cultura que toca.

E GÁLIX estará alí representando ao libro infantil e xuvenil en galego. Todas as persoas interesadas estades convidadas a compartir connosco este acto.


Este sábado, 27 de novembro de 2021 ás 11:30 da mañá, Pilar Sampedro, Vicepresidenta 2ª de GÁLIX e coordinadora da guía "Donas no espello da LIXG", presentará no Espazo Libro a nosa asociación e esta obra que recolle unha selección de libros de calidade, en galego, para o lectorado infantil e xuvenil co obxectivo de avanzar cara a igualdade.

Repartiremos exemplares impresos da guía ata rematar existencias. Está tamén aberta e descargable na rede, no noso blog e no noso Pínterest