
Concha Blanco naceu na fermosa vila de Lires, estudou alí na escola, onde comezou a súa biblioteca cun agasallo da súa mestra; logo continuou a súa formación en Ferrol e Compostela.
Profesora de Lingua Galega e
Literatura (xubilada) e tamén escritora.
É
coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e de
Secundaria e das correspondentes "Guías Didácticas".
Foi
correspondente de prensa varios anos e colaboradora, co seu alumnado,
en programas de radio.
Impartiu
e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de Formación do
Profesorado, Xornadas de N. L. e obradoiros literarios.
Publicou
máis de 50 títulos de narrativa, poesía e teatro, a maioría
dirixidos ao mundo infantil e xuvenil, entre os que a autora mencionou:
A
vaca titiriteira
A camioneta da media risa.
A disco ecoloxista
O
aniversario de Ana
Boris
Boris
e compañía
A
bruxiña da sorte
Quero
que veñan meus pais
Cos
ollos do avó
Macedonia
de versos
Tamén
conta con 5 novelas para adultos:
Nano
Berta
Habitación
202
Coa
carauta posta
O
balcón do meu universo
Foi
premiada en diversos certames de narrativa e poesía: Premio
Lecturas, Premio Novela por entregas La Voz de Galicia, Premio Frei
Sarmiento en dúas ocasións, Premio Arume de poesía, Premio Pura e
Dora Vázquez, Anduriña voandeira e finalista do Premio Lazarillo,
Frei Martín Sarmiento en varias ocasión e en varias ocasións tamén
finalista do Premio Merlín, entre outros.
No
ano 2021 o Concello de Cee dedicoulle unha praza e Asociación
de Escritores en Lingua Galega
(AELG)
decidiu dedicarlle a ela o distintivo «Escritores na súa terra» do
ano
2021. Na homenaxe conxunta á autora descubriuse un monólito
conmemorativo e plantouse un pradairo, árbore escollida pola
homenaxeada polo significado especial que para ela ten.