venres, 16 de xullo de 2021

Fina Casalderrey. Escritora. Premio Nacional de Literatura Infantil 1996. O libro infantil e xuvenil galego traducido.

Tamén Fina Casalderrey aceptou o noso convite a participar nas Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI e mandounos neste vídeo no que conta a súa experiencia como escritora con respecto á tradución dos seus libros.

Docente e escritora, é autora de medio cento de obras, na súa maior parte de Literatura Infantil e Xuvenil, moitas delas traducidas a unha chea de idiomas, mesmo ao braille. Colabora en prensa, en revistas especializadas e eventos literarios.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]