mércores, 13 de xaneiro de 2021

I Premio Alberte Quiñoi de álbum infantil ilustrado

 

Convócase por primeira vez este Premio Alberte Quiñoi, que recibe o nome dunha das personaxes máis populares do autor estradense Manuel García Barros , froito da colaboración do Concello da Estrada e Editorial Galaxia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

  • Para obras ilustradas inéditas, de tema libre, en calquera medio ou soporte

  • Dirixidas ao lectorado infantil.

  • En galego normativo.

  • Extensión mínima de 24 páxinas e máxima de 56 páxinas.

  • O premio, único, ten unha dotación económica de 2.000 €.

  • O prazo de recepción de obras remata o 25 de febreiro de 2021.

Máis información na páxina do Concello da Estrada e na de Galaxia.

Información na rede:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]