O
meu nome é Pilar Sampil Sánchez e teño o carné número 2 de
GÁLIX.
Nacín
nas terras de Pantón, en Lugo, no ano 1960.
Comecei
a miña vida profesional en 1984, en Editorial Galaxia, sendo daquela
Director Editorial Carlos Casares. Logo da morte de Casares no ano
2002, traballei baixo a dirección de Víctor F. Freixanes.
A
miña formación é Licenciada en Económicas, o que fixo que a miña
actividade principal na empresa fose a xestión económica. Durante
anos fun Directora Administrativa-Financeira e Directora Xerente,
encargándome tamén polo tanto da relación económica e contractual
con todos os creadores que interveñen no sector do libro (autores,
tradutores, ilustradores, deseñadores, correctores, axencias
editoriais, etc).
Esa
proximidade, o feito de contar a editorial con moi escaso persoal no
ano 1984, e tamén a miña paixón pola literatura infantil e
xuvenil, fixeron que desde o primeiro momento me implicase
activamente na creación e na produción editorial, coordinando e
realizando propostas.
Cando
cheguei á empresa, acababa de pórse en marcha a colección A
Chalupa, que Galaxia coeditaba coa Editorial La Galera, de
Cataluña, e Elkar, do País Vasco. Cada editora aportaba anualmente
ao proxecto común o texto dun autor e dun ilustrador, e todos os
álbumes eran editados ao mesmo tempo en galego, catalán, éuskaro e
castelán. Daquela editar a cor era moi caro e compría facer grandes
tiraxes para reducir custes.
A
literatura infantil galega estaba nacendo. Autores que escribisen
para nenos había algúns, non moitos, pero ilustradores era difícil
atopalos, xa que apenas había profesionais galegos da ilustración.
Nesta
colección foi publicado no ano 1990 o libro da autoría de Xan López
Domínguez titulado Voces na lagoa do espantallo,
primeiro libro galego que foi seleccionado para ser incluído en 1991
no catálogo oficial da Feira Internacional do Libro Infantil de
Bolonia.
A
Chalupa foi editada ata o ano 1992. Deixo ao final unha relación dos
títulos de autores e ilustradores galegos que alí foron editados,
así como dos publicados noutras coleccións ao longo dos case trinta
e dous anos que durou a miña relación con Galaxia. Facer estas
notas ten sido un exercicio de memoria individual que en certo modo é
tamén memoria colectiva e que me parece útil compartir.
En
1985 Ediciones S.M. decide editar en galego a súa exitosa colección
en castelán El Barco de Vapor, e acorda con Galaxia facelo
como coedición. Nace así a colección e o Premio O Barco de
Vapor, o primeiro dos cales foi para Das cousas de
Ramón Lamote, de Paco Martín, que recibiu en 1986 o Premio
Nacional de Literatura Infantil, o primeiro para un libro escrito en
galego. Outro título destacado foi Leonardo e os fontaneiros,
de María Victoria Moreno. O acordo con SM rematou en 1988.
Tamén
en 1985 naceu a colección Tartaruga. Na súa primeira etapa,
que durou tres anos, eran libros con moitas limitacións de cor no
interior, e case todos os títulos foron ilustrados polos deseñadores
da colección: Janeiro e Mantecón.
Nos
anos 1988 e 1989 publica Galaxia en galego tres coleccións a toda
cor coeditadas coa Editorial Parramón, de obras que esta editora
tiña en castelán.
En
1988 Galaxia lanzou a súa primeira colección de literatura para
nenos e mozos, Árbore, baixo a dirección de Antonio García
Teijeiro, David Otero e María Victoria Moreno. Durante os 10 anos
que durou esta primeira etapa publicáronse libros fundamentais da
literatura galega como Anagnórise, de María Victoria Moreno,
As viaxes do príncipe azul, de Darío Xohán Cabana, ou
Prohibido casar, papá! de Fina Casalderrey, así como unha
variada relación de obras clásicas e actuais traducidas ao galego
desde outras linguas. As ilustracións interiores eran en branco e
negro, agás na serie Primeiros lectores, que foron os
primeiros álbumes a toda cor publicados por Galaxia, ilustrados os
catro primeiros por María Fe Quesada.
En
1998 colleu o relevo da dirección editorial da liña de infantil e
xuvenil Xosé Antonio Neira Cruz; comeza unha nova etapa de Árbore
e nace a colección Costa Oeste de literatura xuvenil, onde
teñen sido publicados títulos tan relevantes como O armiño
dorme, do propio Neira Cruz, que ten recibido numerosos premios e
recoñecementos nacionais e internacionais. A dirección editorial de
Neira Cruz chega ata aproximadamente 2011 e con posterioridade faise
cargo de Árbore e Costa Oeste Francisco Castro,
chegando ata a actualidade con varios centos de títulos publicados.
Entre
1995 e 1999 publícase a colección O ciclo da vida, 12
álbumes a toda cor traducidos do italiano.
Entre
1997 e 1998 edítanse 12 títulos traducidos do francés, na
colección Así é a vida, con ilustracións de estilo cómic.
En
1996 retómase a colaboración entre editores de diversas culturas de
España e créase Editores Asociados, do que formou parte Galaxia
xunto coas editoriais coas que xa colaborara anteriormente, La
Galera, de Cataluña, e Elkarlanean, do País Vasco, e ás que se
suman Tándem, de Valencia, Xordica, de Aragón, e Llivros del Pexe,
de Asturias. Todos os títulos desta colaboración foron publicados
en galego, catalán, éuskaro, valenciano, aragonés, asturiano e
castelán.
A
primeira colección que se puxo en marcha foi a que en galego se
chamou Bambán e estaba impresa a toda cor. Saíu o primeiro
en 1996 e durou tres anos. Galaxia aportou ao proxecto catro obras.
En
1999 Editores Asociados puxo en marcha xunto con Ámbito Cultural de
El Corte Inglés o Premio Abril de narrativa para a mocidade, do que
chegaron a convocarse cinco edicións.
Tamén
con Editores Asociados, entre 2000 e 2004 saíron publicados os 12
álbumes da colección ¿E QUE?, sobre o valor da diversidade,
colección na que saíron dous orixinais galegos.
No
2002 publicáronse os seis títulos da colección Que corpo!
de Juanolo, e entre 2003 e 2004 os seis títulos da colección
Lendas.
Entre
2003 e 2005 editouse a colección Espazos, seis títulos para
prelectores con 12 páxinas en cartoné despregables ao longo das que
se presentan grandes escenarios.
Logo
desa etapa de excelente colaboración entre os editores que formamos
Editores Asociados, e que durou uns oito anos, comeza Galaxia en
2004 a publicar álbumes a toda cor e en cartoné dentro da colección
Árbore. Foi o que logo se chamou Os duros. Dirixida
por Neira Cruz ata aproximadamente o ano 2011, foron os primeiros
álbumes a toda cor editados só por Galaxia. Neste momento xa había
en Galicia unha ampla listaxe de autores de literatura infantil e de
ilustradores profesionais, que deixan unha boa mostra da súa
calidade nestes álbumes.
No
ano 2007 Galaxia coedita con Ediciones El País 22 títulos desta
colección, os cales foron vendidos a prezo económico xunto co
xornal, con gran éxito de vendas.
En
2008 publícase o libro Unha chea de familias de Neira Cruz,
álbum a toda cor, en cartoné e nun formato superior a cantos se
tiñan publicado.
Entre
2008 e 2009 edítanse os seis títulos de Pimpín por aquí non
vin, a toda cor e en cartoné despregable, dirixida a
prelectores, semellante no formato á anterior colección Espazos,
pero neste caso sobre festas tradicionais galegas.
Entre
2008 e 2009 publícase a colección Musicontos, formada por
tres títulos en formato grande, cartoné e a toda cor. Dirixida por
Neira Cruz, con textos da súa autoría e ilustrada por Rodrigo Chao,
Federico Fernández e Enjamio. Inclúe ademais un CD con música da
Real Fhilarmonía de Galicia e a voz de dobradores profesionais,
intentando fomentar a un tempo o amor pola lectura e a música
clásica. Trátase dun ambicioso proxecto, que xunta literatura,
ilustración e música e que é o comezo dunha nova liña editorial
en Galaxia: a de ofrecer libros que inclúan audio, vídeo, ou
algunha innovación para a rede ou en canto a formato.
Desa
época son tamén libros tan orixinais como A fada das lapas,
de Manuel Janeiro, ou os dous libros da autoría de Teresa Moure, con
ilustracións de Leandro Lamas, realizados en colaboración coa
Federación de Lactancia Materna, titulados Eu tamén son fonte
e Mamá, ti si que me entendes!
En
2008 realizamos a primeira experiencia con CD interactivo. Partindo
do libro Flis-fli-ris-flas, de Araceli Gonda e Xosé Tomás,
da colección Os duros, publicamos unha edición institucional
acompañada dese CD para fomentar o uso do galego no ámbito
familiar, o cal se agasallaba logo da asistencia a unha obra de
teatro.
En
2009 comeza a colección Audiocontos, dirixida por Neira Cruz,
unha serie de dez álbumes ilustrados a toda cor, en cartoné,
acompañados de CD, nunha proposta artística diferente, que conxuga
a literatura de sempre con versións dramatizadas a cargo de
recoñecidas voces da dobraxe galega.
En
2010 foi publicado Abrapalabra!, de Antón Cortizas e Carlos
Coira, con ilustracións de Jacobo Fernández, un libro-atril en
formato moi orixinal, con elementos para xogar, que igualmente formou
parte dun proxecto institucional xunto con sesións de maxia para
nenos.
Ese
mesmo ano sae O soldadiño de chumbo, un álbum ilustrado a
partir das imaxes que forman parte da curtametraxe de animación que
se inclúe no DVD que o acompaña, e sae tamén O libro das
Seniguais e do único Senigual, orixinal proposta ilustrada de
María Rosa Lojo e Leonor Beuter.
Igualmente
en 2010 preséntase ContoPlanet, un portal que comercializa os
primeiros contos en galego preparados para ser descargados como
aplicacións no iPad e no iPhone, en colaboración coa produtora
Perro Verde Films. Partindo de cinco contos da colección Os
duros, ofrécense animacións, zonas táctiles, efectos de son,
tradución a tres linguas, narración profesional e incluso a
posibilidade de que cadaquén personalice o conto.
Galaxia
iniciou tamén en 2010 unha nova colección, Sonárbore, neste
caso para achegar a música aos máis pequenos. O primeiro título
foi Ola, ola, la!, de Mamá Cabra. Ademais dun álbum
ilustrado, en cartoné, inclúe un CD coas músicas e un DVD-Karaoke
para aprender as cancións. É o comezo dunha liña editorial que
chega ata a actualidade e que ten contribuído a achegar o galego a
moitas familias e nenos dun xeito doado e divertido.
En
2011 publícase Area fai seis, de Araceli Gonda e María Noel
Toledo, en papel e tamén en versión electrónica para ser
descargado desde internet.
Nese
ano sae tamén Jan estivo alí, un álbum ilustrado, en
cartoné e formato grande, da autoría de Neira Cruz, con imaxes de
David Soler, que xunta arte e literatura nunha obra singular e saíu
tamén editada a primeira novela gráfica de Galaxia, Nómades,
de Xosé Tomás, igualmente en cartoné e a toda cor.
En
2012 publicamos Galaxia Tales, unha web de contos interactivos
para comercializar a través da rede, con versións en galego, inglés
e castelán, animacións, música orixinal e locucións nas tres
linguas. Publicáronse dous títulos.
E
outra proposta innovadora no mesmo ano foi Galaxia Cómic,
unha aplicación de balde en galego, castelán, inglés e coreano,
que permitía ler novelas gráficas en tabletas e móbiles.
Foi
no ano 2013 cando comezou a publicación de Sueños del Gatipedro,
o equivalente en castelán da colección Sonárbore, na que se
procuraba combinar a divulgación fóra de Galicia de ilustradores e
grupos musicais infantís de éxito coa publicación doutros grupos
musicais non galegos e ilustradores de calidade contrastada, co
obxecto de facilitar a prescritores e familias non galegas
ferramentas musicais imprescindibles.
En
2015 rematou a miña relación con Galaxia. Durante ese tempo a miña
achega á creación infantil foi desigual, diferente en cada época e
colección, ás veces intensa, ás veces relevante, ás veces
recoñecida, sempre na trastenda, sempre colaboradora, porque ten
sido a parte máis gratificante do meu traballo.
Propuxen
obras, creadores, formatos e acabados, coordinei coleccións, e
procurei acordos de colaboración con outras editoras ou entidades.
Foi sempre un traballo en equipo, coas editoriais coas que temos
colaborado, cos directores de colección que ten habido, e xa na
última etapa cos compañeiros da editorial cos que teño compartido
funcións nesta área.
Os
cambios no panorama da literatura infantil neses case trinta e dous
anos teñen sido inmensos. Galicia pasou dunha época na que apenas
había creadores nin editores, a outra na que somos merecentes de
premios internacionais á altura dos mellores do mundo.
A
miña modesta achega ten sido un gran de area, mais faime sentir a
satisfacción de ter contribuído a ese ben común, a sentírmonos
orgullosos da nosa lingua e cultura.
Con
ese mesmo obxecto, teño formado parte das asociacións que gardan
relación co sector do libro. En GÁLIX fun secretaria cando se puxo
a andar a asociación, en 1992 e 1993, e posteriormente vogal no
1993-1994 e no 2005-2007. Na Asociación Galega de Editores, fun
tesoureira en 1988-1989 e secretaria de 1990 a 1997, e do 2006 ao
2010. Tamén participei na posta en marcha da Asociación Culturgal
e na organización da primeira feira Culturgal, no ano 2007.
A
miña relación coa actividade cultural no remata aí. Son e teño
sido membro activo doutras entidades culturais, moi especialmente da
Asociación Monteira de Danzas do Mundo, da que formo parte desde hai
24 anos. Como froito da miña afición pola música e a danza
tradicional, publiquei no ano 2013, en colaboración con Javier
Jurado e Suso Cancelas, o libro De roda en roda. Músicas e danzas
do mundo, que inclúe un CD e un DVD con músicas e danzas.
____________________________________________________________________________
ANEXO: OBRAS INFANTÍS PUBLICADAS POR GALAXIA ENTRE 1984 E 2015
Colección A Chalupa, 50 títulos, 1983-1992.
-
Títulos de autores galegos:
-
O can Rin e o lobo Crispín, Carlos Casares, Pedro de Llano,
1983
-
Pericles e a balea, Xohana Torres, Xosé Manuel Xiráldez,
1984
-
O día que choveu de noite, Helena Villar Janeiro, María Fe
Quesada, 1985
-
O pintor do vento, Xesús Pisón, Pepe Carreiro, 1985
-
A festa no faiado, María Victoria Moreno, Lola Blázquez,
1986
-
O demo presumido, Xesús Pisón, Fernando Sampil, 1987
-
Vermiño, Helena Villar Janeiro, Josefina Pereira, 1988
-
Noa, Antonio García Teijeiro, Penélope Ares, 1989
-
Voces na lagoa do espantallo, Xan López Domínguez, 1990
-
Estes días refresca polas tardes, Xosé Cermeño, Manuel
Uhía, 1991
-
O tesouro do dragón Smaug, Agustín Fernández Paz, Fran
Jaraba, 1992
Fóra de colección:
-
A historia da pita que elexiu a nosa escola pra poñer,
contada polos propios escolinos de Os Prados, Cervantes, Lugo, 1985
Colección Tartaruga. Primeira etapa.
-
Adiviñas, Palmira G. Boullosa, Mantecón e Janeiro, 1985
-
Mentiras, Palmira G. Boullosa, Mantecón e Janeiro, 1985
-
A porta prohibida, Xesús Pisón, Pepe Carreiro, 1985
-
Arrolos, Palmira G. Boullosa, Mantecón, 1986
-
Os ladróns das tixolas, Xosé A. Perozo, Pepe Carreiro, 1986
-
O albendar dos animais, David Otero, Manuel Janeiro, 1986
-
Cousas para facer, dicir e pensar, David Otero, Janeiro, 1986
-
Quen Panda?, Palmira G. Boullosa, Mantecón, 1987
-
Dona Galicia, Kristina Berg, 1987
-
Un neno vikingo, Kristina Berg, 1987
-
O xílgaro pintor, Xosé Carballude Blanco, Mantecón, 1987
-
O senso da nariz, Xosé A. Perozo, Janeiro, 1987
-
Imos canta-los nadais, Manuel Rico Verea, Mantecón, 1987
-
Coplas, Antonio G. Teijeiro, Janeiro, 1988
-
Nenos, Antonio G. Teijeiro, 1988
-
A galiña azul, Carlos Casares, irmáns García Alonso, 1988
-
As laranxas máis laranxas de toda-las naranxas, Carlos
Casares, Luís Seoane, 1988
-
Aloumiños, Antonio G. Teijeiro, Manuel Janeiro, 1988
-
Por se che pasa, David Otero, 1988
Colección O barco de vapor. 1985-1988. Títulos editados de
autores galegos:
-
Das ousas de Ramón Lamote, Paco Martín, ilustracións de
Xan Balboa, 1985.
-
O buzón dos nenos, Úrsula Heinze, Xosé M. Xiráldez, 1985
-
Primeiro libro con Malola, Xoán Babarro, Xosé M. Xiráldez,
1985
-
Aventuras de sol, Alberto Avendaño, María Fe Quesada,1986
-
Leonardo e os fontaneiros, María Victoria Moreno, María do
Carme Salgado, 1986
-
Os gazafellos, Pepe Carballude, Carlos Silvar, 1987
-
O globo máxico, Andrés García Vilariño, Fernando Sampil,
1987
-
Viaxe a Illa Redonda, Helena Villar Janeiro, Fernando Sampil,
1987
Versións galegas de libros da editorial Parramón. Josep Mª
Parramón, María Rius.
-
1988. As obras tituladas: O campo, A cidade, O mar, A montaña.
-
1988. As obras tituladas: A vida baixo terra, A vida no aire, A
vida sobre a terra, A vida no mar.
-
1989. As obras tituladas: A vista, O tacto, O olfato, O gusto.
Colección Árbore. Primeira etapa.
-
O gato metido nun saco, Alberto Avendaño, 1988
-
Lembranza nova de vellos mesteres, Paco Martín, 1988
-
Anagnórise, María Victoria Moreno, 1988
-
A verdade na bufarda, David Otero, 1988
-
A chave dos soños, Antonio García Teijeiro, 1988
-
O talismán dos druídas, Pepe Carballude, 1989
-
A marela Tarabela, Neira Vilas, 1989
-
Espantallo amigo, Neira Vilas, 1989
-
Leonardo e os fontaneiros, María Victoria Moreno, 1990
-
A canción do rei, Helena Villar Janeiro, 1991
-
A galiña azul, Carlos Casares, 1991
-
Aventuras de sol, Alberto Avendaño, 1991
-
As catro estacións, Antonio García Teijeiro, 1991
-
Chano, David Otero,
-
O paporrubio que se foi, Yuca,
-
Viaxe a Illa Redonda, Helena Villar Janeiro, 1992
-
Nace un campión, Úrsula Heinze, 1993
-
Fumes de papel, Xavier Alcalá, 1993
-
Fas e nefas, Eduardo Blanco-Amor, 1993
-
As viaxes do príncipe azul, Darío Xohán Cabana, 1993
-
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, Carlos
Casares, 1993
-
A encrucillada da torre, Xosé Ramón González Álvarez, 1994
-
Unha lúa na fiestra, Agustín Fernández Paz, 1994
-
S.O.S, Pepe Carballude, 1994
-
Alén da aventura, Carlos Vila Sexto, 1994
-
A citación, Xavier López Rodríguez,
-
A vida de Rafael Dieste, David Otero, 1995
-
Contos populares galegos. Animais. Henrique Harguindey e
Maruxa Barrio,
-
A vida de Xesús Ferro Couselo, David Otero, 1996
-
Historias e algún percance, todas ditas en romance, Antón
Cortizas, 1996
-
As ás de Xenoveva, Uxía Casal, 1996
-
Adelaida, Henrique e demais familia, Xabier P. Docampo, 1996
-
Prohibido casar, papá!, Fina Casalderrey, 1996
-
Pauto do demo, 1996
-
A vida de Ánxel Fole, 1996
-
O son das ondas: Mendiño, Martín Codax, Johán de Cangas,
xoglares da beiramar, Henrique Monteagudo, 1998
Colección Árbore Primeiros Lectores
-
Polgariño, J. e W. Grimm, 1991
-
As mazás da prosperidade, de H.C. Andersen, con María Fe
Quesada, 1991
-
Cincenta, de Perrault, con María Fe Quesada, 1994
-
Pinocho, de Carlo Collodi, con María Fe Quesada, 1994
-
Este é Toribio, Carlos Casares, Penélope Ares, 1991
-
Toribio e o contador de contos, Carlos Casares, Penélope
Ares, 1991
-
Toribio contra o profesor Smith, Carlos Casares, Penélope
Ares, 1991
-
Toribio ten unha idea, Carlos Casares, Penélope Ares, 1992
-
Toribio revoluciona o tráfico, Carlos Casares, Penélope
Ares, 1994
-
E haberá tirón de orellas?, María Victoria Moreno, con
Manuel Uhía, 1997
Colección O ciclo da vida, Teresa Durán, Gaia Volpicelli e
diversos ilustradores. En 1995, 1996 e 999.
-
O raposo, o pingüín, o gato, o rato, a galiña, o xibón, o oso
branco, a bolboreta, o elefante, o canguro, o crocodilo, o tucano.
Colección Así é a vida. Dominique de Saint Mars, Serge
Bloch. Entre 1997 e 1998.
-
Lilí é desordenada, Morreu o avó, Adoptaron a Sara, Os pais de
Max e Lilí discuten, Max e Koffi son amigos, Alguén sigue a Lilí,
a Max non lle gusta ler, Lilí enfádase coa súa amiga, Lilí quere
un gatiño, Lilí quere unha paga, Max é moi torpe, Max quere facer
amigos.
Colección Bambán. Publicada con Editores Asociados. Vinte
títulos. Entre 1996 e 1999. Títulos de autoría e ilustración
galegos:
-
Lolo anda en bicicleta, Carlos Casares, Manuel Uhía, 1996
-
Puag, que noxo!, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, 1997
-
O home que inventou unha maneira de andar, Xabier P. Docampo,
Xosé Cobas, 1998
-
Lapadoiras, sacaúntos e cocón, Marilar Aleixandre, Lázaro
Enríquez, 1999
Premio Abril de narrativa para a mocidade, convocado por
Editores Asociados.
-
Silencio no corazón, de Jaume Cela, 1999
-
Camiños sen fin, Pablo Antón Marín Estrada, 2001
-
Manual de instruccións para querer a Irene, Carlos Mosteiro,
2001
-
Nun lugar chamado guerra, de Jordi Sierra i Fabra, 2002
-
O guerreiro branco, de Joanes Urkixo, 2003
Houbo cinco edicións, ata 2003.
Colección ¿E QUE? Publicada con Editores Asociados. Dez
títulos. Textos de varios autores e ilustracións de Mikel Valverde
e Jokin Mitxelena.
-
A diversidade é estupenda, ano 2000
-
Estou gordecho, ¿E QUE?, 2000
-
Eu tghopezo no eghe, ¿E QUE?, 2000
-
A min non me gusta o fútbol, ¿E QUE?, 2000
-
Meu pai é ama de casa, ¿E QUE?, 2000
-
Miña irmá ten síndrome de Down, ¿E QUE?, 2001
-
Eu fágoo sentado, ¿E QUE?, 2001
-
Eu non sei nadar, ¿E QUE?, 2002
-
Vou ter unha irmanciña, ¿E QUE?, 2002
-
Vivo en dúas casas, ¿E QUE?, 2003
-
Un can no piso, ¿E QUE?, Fina Casalderrey, 2003
-
Eu non son loira, ¿E QUE?, 2004
-
Eu son adoptada, ¿E QUE?, de Neira Cruz, 2004
Colección ¡Que corpo! Publicada con Editores Asociados.
Juanolo, 2002.
-
Moito ollo, Polos pelos, De man en man, O cu, Un pé aquí e outro
acolá, Ter bo nariz.
Colección Lendas. Publicada con Editores Asociados.
-
Da dahwat. Lendas indias nortemericanas, 2003
-
A flor da cerdeira. Lendas xaponesas, 2003
-
Naiyakai. Lendas africanas, 2004
-
Popocatéptl. Lendas sudamericanas, 2004
-
O xardín da media lúa. Lendas árabes. Versión de Rosa
Aneiros, 2004
-
Dende o Himalaia a Ceilán. Lendas hindús. Versión de Darío
Xohán Cabana, 2004
Colección Espazos. Publicada con Editores Asociados. Con
ilustracións de Cristina Losantos Sistach. Seis títulos. Entre 2003
e 2005.
-
A praia, a neve, O zoolóxico, O parque de atraccións, O circo, O
campamento.
Fóra de colección
-
Un polbo xigante, Carlos Casares, Luís Castro Enjamio, 2000
-
Un crocodilo debaixo da cama, Mariasun Landa, 2004, Luís
Castro Enjamio
Colección Os duros.
-
¿Que contan as ovellas para durmir?, Kiko da Silva, 2004
-
Mola que chova, Renata Otero, 2004
-
Rato Pincho, Gloria Sánchez, Pablo Otero “Peixe”, 2004
-
Con-zancos e as ondas do mar, Elisa Gallego Picard, 2005
-
Encarna e o vento, Elisa Gallego Picard, 2005
-
O can Rin e o lobo Crispín, Carlos Casares, Pedro de Llano,
2005
-
De cores e de amores, Xabier P. Docampo, Xosé Cobas, 2005
-
Quen son? Alicia Borrás, Andrés Meixide, 2006
-
Tres princesas namoradas, Ánxeles Ferrer, 2006
-
Camiño solitario, Ánxela Gracián, Federico Fernández, 2006
-
Punver, Yolanda Castaño, 2006
-
Herbalúa, Marilar Aleixandre, Enjamio, 2006
-
O vixilante dos soños, de Ana Carreira, Noemí López, 2006
-
Puag, que noxo!, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, 2007
-
Conto para non comer, Oli, Andrés Meixide, 2007
-
Voces na lagoa do espantallo, Xan López Domínguez, 2007
-
Lolo anda en bicicleta, Carlos Casares, Manuel Uhía, 2007
-
Apertas de vainilla, Fina Casalderrey, Manuel Uhía, 2007
-
Un rato na casa, Helena Villar Janeiro, María Fe Quesada,
2007
-
Sabeliña e os ratos, Paco Martín, Xosé Tomás, 2007
-
Mouchiño Mou, Xoán Babarro, David Soler, 2007
-
Marta ten a solución, Ana María Fernández, Patricia
Castelao, 2007
-
Vacas na cidade, An Alfaya, Jacobo Fernández, 2007
-
Os ourizos cachos e o gran río gris, Rosa Aneiros, Rodrigo
Chao, 2007
-
A festa no faiado, María Victoria Moreno, Irene Fra, 2007
-
A historia do can que caeu no tinteiro, Xavier Seoane, Paula
Mariño, 2007
-
Punver de volta, Yolanda Castaño, Eduardo Hermida, 2009
-
Os oficios de Chuquelo, Pinto & Chinto, 2009
-
Bechos pequerrechos, María Lires, 2009
-
Misterio na selva de Ngorongón, Alberto Varela Ferreiro, 2009
-
O serrote do Gil, Margarita Ledo, David Pintor, 2009
-
A noite das filantes, Xabier P. Docampo, Xosé Cobas, 2009
-
Flis-fli-ris-flas, Araceli Gonda, Xosé Tomás, 2009
-
¡Un can no piso!, Fina Casalderrey, Kristina Sabaite, 2010
-
Matías, un pito de campionato, María Canosa, David Soler,
2010
-
O raposo Colabranca, Xosé Carlos Caneiro, Federico Fernández,
2011
-
A cobiza do verme Noel, Miro Villar, Marta Álvarez Miguéns,
2011
-
O peizoque Roque, Dores Tembrás, Xosé Tomás, 2012
-
As noces do Arco da Vella, Miguel Anxo Mouriño, Minia Regos,
2012
Colección Pimpín por aquí non vin. Os primeiros tres
títulos en 2008 e os outros en 2009. Ilustracións de Jacobo
Fernández Serrano.
-
O nadal, O magosto, O samaín, O San Xoán, O entroido, Os maios.
Edicións especiais
-
Unha chea de familias, Neira Cruz, Rodrigo Chao, 2008
-
A serea do mundo, Encarna Otero, Elisa Gallego Picard, 2008
-
O branco país sen neve, Encarna Otero, Elisa Gallego Pircard,
2008
-
A fada das lapas, Manuel Janeiro, Zita Delaco, 2008
-
Eu tamén son fonte, Teresa Moure, Leandro Lamas, 2008
-
Ti si que me entendes, Teresa Moure, Leandro Lamas, 2009
-
Un conto de cigoñas, Antonio Ventura, Leticia Ruifernández,
2009
-
O home que plantaba árbores, Jean Giono, tradución do
francés de Ánxela Gracián, Jacobo Fernández, 2009
-
Abrapalabra!, Carlos Coira, Antón Cortizas, Jacobo Fernández
Serrano, 2010
Colección Musicontos
-
O prodixio dos zapatos de cristal, Neira Cruz, Rodrigo Chao,
2008
-
O debut de Martino Porconi, Neira Cruz, Federico Fernández,
2008
-
Un bico de amor e vida, Neira Cruz, Enjamio, 2009
Colección Audiocontos
-
Os sete cabuxos, Adaptación de Xesús Carballo Soliño,
Federico Fernández, 2009
-
Os catro amigos, Adaptación de Xesús Carballo Soliño,
Kristina Sabaite, 2009
-
Branca de neve e os sete ananos, Adaptación de Ánxela
Gracián, Ánxeles Ferrer, 2009
-
O galo Quirico, Adaptación de Xavier Senín, Noemí López
-
O gato con botas, Adaptación de Ánxela Gracián, Xan López
Domínguez
-
Os tres osos, Adaptación de Xesús Carballo Soliño, David
Soler, 2011
-
A casiña de chololate, Adaptación de Ánxela Gracián,
Antonio Seijas, 2011
-
A bela e a besta, Adaptación de Xavier Senín, Marina Seoane,
2012
-
O labrador, a raposa e o lobo, Adaptación de Xavier Senín,
Manuel Uhía, 2012
-
Xan o das fabas máxicas, Adaptación de Xesús Carballo
Soliño, Ana Santiso, 2012
Colección Árbore Cinema
-
O soldadiño de chumbo, de Andersen, conto máis curtametraxe,
2010
-
O libro das seniguais e o único desigual, María Rosa Lojo,
Leonor Beuter, 2010
Contoplanet. Web de libros interactivos, 2010
-
Puag, que noxo!, Un can no piso, Quen son?, Voces na lagoa do
espantallo, Conto para non comer.
Colección Árbore Álbum
-
Vou ter un irmán, María Solar e Xosé Tomás, 2011
-
Area fai seis, Araceli Gonda, María Noel Toledo, 2011, en
papel e en internet para ser descargado como conto interactivo.
Colección Árbore Arte
-
Jan estivo alí, Neira Cruz, David Soler, 2011
Colección Novela Gráfica
-
Nómades, Xosé Tomás, 2011
Galaxia Tales, contos interactivos en rede, 2012.
Web desenvolvida por Imaxin.
-
Así comezaron as aventuras de Rosa dos Ventos e Xan Pericán,
Joel Franz Rosell, Luís Castro Enjamio
-
Unha sorpresa para Goruk, Daniel Landesa, María Longa
Galaxia Cómic. Aplicación para a lectura de novela gráfica
en tabletas e móbiles, 2012.
Colección Sonárbore
-
Ola, ola, la! Mamá Cabra, Kristina Sabaite, 2010
-
Xa me tardan estes Magos, Mamá Cabra, Kristina Sabaite, 2011
-
María Fumaça, Uxía, Pablo Pastor, 2012
-
Bicos de música, Mamá Cabra, Kristina Sabaite, 2012
-
Cartas que veñen e van, Susa Herrera, Mamá Cabra, María
Lires, 2013
-
Rosalía pequeniña, Uxía, Marina Seoane, 2013
-
Xiqui, xoque, fiu, fiu! Uxía, Pablo Pastor, 2014
-
Estación Nadal, Mamá Cabra, Kristina Sabaite, 2014
-
Pitusa Semifusa, Olga Brañas, Leandro Lamas, 2014
-
Unha viaxe polo mundo, As Maimiñas, Patricia Castelao, 2014
-
Cocido Sinfónico, Os tres tenedores, Dani Padrón, 2014
-
Toc Toc, Pablo Díaz, Nuria Díaz, 2014
-
Lucecús, Pirilampo, Federico Fernández, 2014
-
Alegría, Sérgio Tannus, Luís Barbolla, 2015
-
Un conto ao revés. Chuches Amil, Javi Prieto, 2015
-
Canta o cuco, Uxía e Magín na casa de Manuel María, Leandro
Lamas, 2015
-
A bruxa discordia, cancións para a paz, Mamá Cabra, Carmen
Gil, Iria Fafián, 2015
-
As andanzas de Paio, O Viravai, 2016
Colección Sonárbore +grandes
-
Estamos no verán, Xoán Curiel e Charo Pita, Iván R., 2014
-
A gramola gominola, , ilustracións de Lidia V. Cardeiro, 2015
Colección Sueños del Gatipedro
-
Deveribés, Mamá Cabra, Marina Seoane, 2013
-
La niña y el grillo en un barquito, Magín Blanco, Leandro
Lamas, 2013
-
Jolgorio del bueno, Titiriteros de Binéfar, David Vela, 2014
-
Petit Pop en Silenciópolis, Pedro Balmaseda, 2014
-
María Fumaça, Uxía, Pablo Pastor, 2015
-
Té, chocolate, café, Golfiños, 2015
____________________________________________________________________________________________