mércores, 30 de decembro de 2020

O CASTRO, tamén na orixe da LIXG. Exposición de GÁLIX en Compostela

 

Antes de rematar 2020, ano no que se celebra o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, GALIX inaugura a exposición O CASTRO, tamén na orixe da LIXG  na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes, Conxo) en Santiago de Compostela.

A exposición puido realizarse grazas ao patrocinio da Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Santiago e a biblioteca Afundación de Santiago. 


 O obxectivo da exposición é lembrar o papel de Isaac Díaz Pardo, a través da editora, no desenvolvemento do libro infantil e xuvenil galego. Lembramos que, Ediciós do Castro formaba parte do entramado empresarial de Sargadelos xunto coas Cerámicas do Castro e Sargadelos, o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, o Laboratorio de Formas, o IGI,...

En 1963 comeza Ediciós do Castro a súa andaina ao sacar do prelo as carpetas de gravados de Seoane (El toro júbilo e El Meco en 1963) seguidas de dúas publicacións de Isaac Díaz Pardo(o ensaio, El Ceramista Arranz y su escuela, e a obra artística, 20 desnudos de Cecilia la Acróbata, en 1964 e 1965 respectivamente), editando os Cadernos do Laboratorio de Formas, estudos científicos, revistas de contido académico, traballos ensaísticos de todas as ramas do saber pero sobre todo obras nas que se recolle a chamada memoria histórica e o exilio.

En 1968, por unha carambola do destino, xurde a oportunidade de publicar Memorias dun neno labrego de Neira Vilas; esta será a 2ª edición do libro (a 1ª fíxose na Arxentina) que pasa a constituírse como a primeira obra de ficción publicada polo Castro, e a primeira xuvenil ao ser asumida por este lectorado, a pesar de non estar escrita pensando nese público. A partir de aí, Ediciós do Castro seguirá publicando para a infancia e a xuventude ata o punto de crear catro coleccións: Narrativa pra nenos, O mundo do neno, Poesía pra nenos e Teatro pra nenos.

Ediciós do Castro, merece ser recoñecida como unha das editoras que lle prestou atención ao libro infantil a partir dos anos sesenta e ate o seu peche
dando a coñecer as obras infantís de Neira Vilas e Anisia Miranda, a primeira obra de Mª Victoria Moreno e moitas outras
que forman parte da exposición.


luns, 28 de decembro de 2020

Premios Xerais LIXG 2020: Antonio Manuel Fraga Allegue e Andrea Maceiras

 


Razóns de causa maior impedíronnos dar conta, no seu momento, da resolución dos Premios Xerais de Literatura Infantil e Xuvenil, no que resultaron gañadores dous socios de GÁLIX a quenes queremos trasladar os nosos parabéns.

 

 


Antonio Manuel Fraga Allegue

Pontevedra Viva


 

gañador, por unanimidade, da XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra santoamaro na que o xurado salientou a estrutura teatral da obra, o papel da voz narradora, que provoca a reflexión sobre a propia creación literaria, e a linguaxe innovadora e plenamente actual.

 

 

No currículo do autor hai unha importante relación de premios:

 


Andrea Maceiras

foi proclamada gañadora do Premio Merlín 2020, na súa XXXVª edición,coa obra A folla azul, na que o xurado destaca o dominio da arquitectura da narración, o compromiso social e ecolóxico, o respecto polas diferencias e unha linguaxe fluída e precisa.

A nosa compañeira conta cun amplo historial de premios importantes no seu currículo:

  • Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia 2020, recoñecemento á autora ou autor máis lida nos Clubs de lectura das Bibliotecas escolares de Galicia.

Novas
 

martes, 15 de decembro de 2020

A Xanela de GÁLIX. Xavier Senín

 

XAVIER SENÍN FERNÁNDEZ

Naceu en Pontecesures o 13 de maio de 1949. É licenciado en Filoloxía Moderna na especialidade de francés, da que ten a cátedra de bacharelato. Foi profesor colaborador do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, impartindo cursos de perfeccionamento e especialidade en Lingua Galega, para o profesorado de Primaria e Secundaria. De 1987 a 2005 traballou na administración autonómica como subdirector xeral do libro e promoción cultural da Xunta de Galicia. Da súa etapa na administración cómpre subliñar que desenvolveu o seu traballo tanto durante os anos do chamado goberno tripartito como nos gobernos do Partido Popular e o de coalición PSOE- BNG. En palabras de Víctor Freixanes, isto é unha “mostra da súa capacidade de arbitraxe, do seu talante integrador e da súa competencia (auctoritas) profesional.” (Víctor Freixanes. Proemio de O Alfaiate portugués. 2010, Galaxia).
Imaxe de Mari Carmen Mera

Foi redactor responsable da edición en galego do
Correo da Unesco de 1989 a 2001 e durante tres anos presidíu a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil), que é a rama española do IBBY (International Board on Books for Young People). No ano 2010 foi un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY, celebrado en Santiago de Compostela.

Traballou de corrector e coordinador de libros de texto para as editoriais Galaxia e SM. Foi presidente da Asociación de Tradutores Galegos e segue a traducir,

Imaxe de Mari Carmen Mera
Ademais do seu traballo na docencia e na administración, Xavier Senín conta no seu haber con varias obras de creación propia e cunha vasta obra de tradución ao galego, principalmente desde o castelán e o francés, enfocada maioritariamente ao libro infantil e xuvenil. Neste ámbito ten o Premio Fervenzas literarias a o mellor libro traducido de Literatura infantil e xuvenil de 2015 por O papiro do César. No ano 2020 é recoñecido co Premio Nacional a la Obra de
un Traductor
por toda a súa traxectoria neste campo.

 

Obras de creación propia

  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade. (1990, Asociación Cultural Xermolos).

  • Novo amor en Arousa (2009, Pío García Edicións)

  • O alfaiate portugués (2016, Galaxia)

  • María Victoria Moreno. Sementadora de futuro. En colaboración con Isabel Soto (2018, Xerais).

  • Adaptación de O galo Quirico (2009, Galaxia).

  • Adaptación de O soldadiño de chumbo. Hans Christian Andersen (2010, Galaxia).


Traducións

  • O que o vento nos conta de Waldemar Daae. Hans Christian Andersen (1983, Argos-Vergara).

  • Os zarramplins. Sergio Balestrini (1983, Galaxia)

  • ¡Adeus, boa viaxe! Marta Balaguer. (1984, Argos Vergara)

  • As babuchas enmeigadas. Contos de As mil e unha noites. Adapt. Francesc Boada. (1984, Galaxia).

  • Contos de cores. Joles Sennell (1984, Galaxia).

  • Os dentes do león. Mercé Company (1984, Argos Vergara).

  • O globo. J.J. Guillén. (1984, Argos Vergara).

  • Guillermo Tell: lenda suíza. Adap. M. Ángels Gardella. (1984, Galaxia).

  • Hil-Lady. Ricardo Alcántara. (1984, Argos Vergara).

  • A oca de ouro. Irmáns Grimm. (1984, Galaxia).

  • Pandolfi na grande cidade. Francesc d’Assis Sales. (1984, Argos Vergara).

  • A raíña dos peixes. Gérard de Nerval. (1984, Argos Vergara).

  • A serpe branca. Irmáns Grimm. (1984, Galaxia).

  • Unha tarde no mar. Joaquim Ruyra. (1984, Argos Vergara).

  • Os tres pretendentes. Fernán Caballero. (1984, Galaxia).

  • A viaxe de Ruteazul, Laura Medina. (1984, Galaxia).

  • O xigante máis alto xoga á pelota. Josep Mª Rius. (1984, Argos Vergara).

  • O dragón das catro cabezas. Antoniorrobles. (1985, Galaxia).

  • Segredos de abanos. Joan Manuel Gisbert. (1985, Argos Vergara).

  • A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare. Versión de José Luis Giménez Frontín. (1985, Argos Vergara).

  • As ratas na escola. M. Dolors Alibés i Riera (1986, Galaxia).

  • As aventuras de Roi e Martiño. Antonio Cuadrench (1987, Galaxia).

  • O explorador e a mona. Pako Sagarzazu (1987, Galaxia).

  • A ovella negra. Roser Capdevila (1991, Galaxia.

  • Polgariño. Irmáns Grimm (1991, Galaxia)

  • O anel perdido, un xogo divertido. Enrique Páez (1992, Bruño).

  • A infancia de Martiño Piñeiro. Juan Farias (1992, Bruño).

  • Os robots. Suzanne Martel (1995, Bruño).

  • Crónicas de media tarde. Juan Farias (1997, Everest Galicia).

  • Ismael, que foi mariñeiro. Juan Farias (200, Everest Galicia).

  • Os perfectos. Rodrigo Muñoz Avia (2007, Rodeira).

  • Angelica. Lygia Bojunga Nunes (2008, S.M.).

  • Tres rosas. Madame d’Aulnoy (2009, Novelúa).

  • Onde o aire non era brisa. María Victoria Moreno (2009, Galaxia)

  • Pescador de Islandia. Pierre Loti (2014, Hugin e Munin).

  • Contos do luns. Alphonse Daudet (2014, BIVIR).

  • No ceo. Octave Mirbeau (2015, Hugin e Munin)

  • Unha desolación. Yasmina Reza (2016, Hugin e Munin)

  • As damas verdes. George Sand (2016, Hugin e Munin).

  • Ourika. Claire de Duras (2019, Hugin e Munin).

  • De libros e viaxes. Dous contos franceses. Gustave Flaubert e Guy de Maupassant (2019, Novelúa)

  • O home das bonecas. Jean-Louis Renaud. (2020, Hugin e Munin)

Traducións en colaboración

En colaboración con Antón Figueroa:

  • Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega. Manuel Mandianes Castro ((1984, Galaxia).

  • En colaboración con Valentín Arias, Xela Arias, Xosefa F. Fernández, A. Palacio Sánchez e Xesús Senín:

  • O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha. Miguel de Cervantes (1990, Xuntanza).

  • En colaboración con Valentín Arias e Isabel Soto:

  • O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro. Albert Uderzo (2009, Salvat).

En colaboración con Isabel Soto e Alejandro Tobar:

  • A filla de Vercinxetórix. Jean-Yves Ferri e Didier Conrad (2019, Xerais).

En colaboración Con Isabel Soto:

  • O tolo da ría. Juan Farias (2005, Luis Vives).

  • Algúns nenos, tres cans e máis cousas. Juan Farias (2006, Planeta).

  • A Odisea contada aos nenos. Rosa Navarro Durán (2007, Rodeira).

  • A clase. Francois Bégaudeau ((2008, Xerais).

  • Galego á beira do mar. Juan Farias (2008, Kalandraka).

  • A fabulosa lenda do Rei Artur. Jordi Sierra i Fabra (2008, Rodeira).

  • Mal de escola. Daniel Pennac (2008, Xerais).

  • Locus Solus. Raymond Roussel (2012, Hugin e Munin.

  • Astérix e os pictos. Didier Conrad e Jean-Yves Ferri (2013, Xerais).

  • Astérix e os godos. René Goscinny e Albert Uderzo (2015, Xerais).

  • Astérix gladiador. René Goscinny e Albert Uderzo (2015, Xerais).

  • O papiro do César. Didier Conrad e Jean-Yves Ferri (2015, Xerais).

  • A volta á Galia de Astérix. René Goscinny e Albert Uderzo (2016, Xerais).

  • Astérix en Italia. René Goscinny e Albert Uderzo (2017, Xerais).

  • A peste. Albert Camus. (2018, Hugin e Munin). 

     


      Documentación: Teresa Pérez Tilve

luns, 14 de decembro de 2020

Na nosa biblioteca (223)

 

A Editorial Sushi Books fainos chegar, como doazón para a
Biblioteca de GÁLIX
:

 

  • Anne, a de Tellas Verdes 

     

     

     

Título: Anne, a de Tellas Verdes 

Texto: Lucy Maud Montgomery

Tradución: Moisés Barcia

Editorial: Sushi Books
+ info: https://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1442

venres, 11 de decembro de 2020

Na nosa biblioteca (222)

Recibimos, como doazón para a Biblioteca de GÁLIX, as novidades de Edicións Xerais de Galicia:

  • A lavandeira de San Simón

  • A señorita Buble. Baixo cero.

  • Bichería

  • Patio de luces

     


 

Título: A lavandeira de San Simón
Texto: Eva Mejuto

Ilustracións: Bea Gregores

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Pequena Memoria
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6092541




Novas:

  • Librería Couceiro:
  • A lavandeira de San Simón.A memoria das mulleres da Illa: http://sansimon.evamejuto.com/

Título: A señorita Buble. Baixo cero.

Texto: Ledicia Costas

Ilustracións: Andrés Meixide

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de libros
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5615527


Título: Bichería
Texto: Carlos López

Ilustracións: Xan López Domínguez

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Álbum
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5628677


Título: Patio de luces
Texto: Erica Esmorís

Ilustracións: Juan Berrio

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Sopa de libros
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6519597