mércores, 15 de xullo de 2020

V Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O 9 de outubro de 2020 remata o prazo para presentar orixinais á V edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas, dirixida a obras inéditas escritas en lingua galega e destinadas a un público infantil e xuvenil.
Este premio ten como obxectivos:
  • Impulsar a creación literaria en galego. 
  • Fomentar a lectura en lingua galega. 
  • Proporcionar obras de referencia de calidade ao público infantil e xuvenil.
Acceso ás bases:

  • Na páxina de Recursos do blog de GÁLIX
  • Na páxina da Fundación

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]