sábado, 9 de maio de 2020

A LIX NOS PREMIOS DA V GALA DO LIBRO GALEGO



O mes pasado dabamos a coñecer as obras e persoas finalistas da Gala do Libro Galego 2020.
Este sábado
, coincidindo coa data da gran gala do ano pasado no Teatro Principal de Santiago de Compostela na GÁLIX estivo presente, o xurado desta quinta edición deu a coñecer as obras e autoras gañadoras.
A relación completa pode consultarse na páxina da Asociación Galega de Editoras.
Neste blog queremos facer mención dos premios relacionados co libro infantil e xuvenil.
  • Divulgación:











  • Infantil:
  • Xuvenil:
Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)
  • Libro ilustrado:
Irmá paxaro, de Tamara Andrés, ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
  • Libro de banda deseñada:
A chaira, de Antonio Seijas (Alita Cómics Editorial)

O acto de entrega queda adiado para o outono xa que non pode celebrarse na data prevista pola situación causada polo COVID19.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]