Nestes
momentos de necesario
illamento,
nos que cómpre ocupar e amenizar as longas horas nas que a cativada
non sabe que facer, GÁLIX actualiza cada día o seu taboleiro de
Padlet Recursos
con moita LIX para ficar na casa (pica para entrar)
As
últimas iniciativas que incorporamos son:
- Un Xabi de chocolate, conto de Ledicia Costas publicado por Faro de Vigo.
- A raposa fedella. Aventuras no mente das artes. Actividade en rede para facer en familia ofertada pola Cidade da Cultura.
- Os libros sen páxinas: ditos, recitados, xogos corporais, rimas, etc das bebetecas. Bibliotecas Municipais da Coruña.
- Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida, catálogo de xogos tradicionais galegos para podermos xogar na casa durante estes días de confinamento obrigado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]