Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
O
xurado,
presidido pola subdirectora xeral
de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas, Begoña
Cerro, contou
como
vogais con:
Xoán Babarro pola
Real Academia Galega; Jose Manuel López Gaseni pola Euskaltzaindia;
Màrius Serra i Roig polo
Institut
d’Estudis Catalans; Montserrat Pena Presas pola OEPLI;
Ernesto Rodríguez Abad pola
CRUE;
Celia Fraile Gil pola FAPE; Marina Terzi Huguet pola ACE; Magdalena
Suárez Ojeda polo
Instituto de Investigaciones Feministas de la Universidad Complutense
de Madrid; Gustavo Adolfo Martín Garzo, designado polo
ministro de Cultura e
Deporte; e
Juan Cruz Iguerabide Sarasola como autor
galardonado na
convocatoria
de 2018.
Reunido
para
o veredicto do premio o día 14
de outubro de 2019 e propón a concesión do Premio Nacional de
Literatura Infantil y Juvenil, correspondente a 2019, á obra Camins
d’aigua,
escrita por Raimon
Portell,
pola
súa capacidade para arrastrar ao lector nun torrente de aventuras
narradas con bo pulso literario.
Premio Nacional de Fomento da Lectura 2019
- Como entidade resultou premiada a Asociación Entrelibros, de Granada; unha experiencia de lectura inclusiva, de integración das persoas en situación de vulnerabilidade ben coñecida polas bibliotecas escolares de Galicia posto que foi presentada por Andrea Villarrubia Delgado nas VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia no ano 2017.
- Na categoría de medios de comunicación premiouse o labor de Radio Nacional de España, destancando especialmente o xurado os programas de animación á lectura destinados aos rapaces e aos nenos e nenas
Premio Nacional á Mellor Tradución 2019 para unha obra de LIX :Belén Santana López - Memorias de una osa polar, de Yoko Tawada (Alemán-Castelán)
http://www.culturaydeporte.gob.es/premiado/mostrarDetalleAction.do?prev_layout=PremioNacMejorTraduccionLibro&layout=PremioNacMejorTraduccionLibro&language=es&id=24166
Premio aos libros mellor editados
Son
premios honoríficos e poden presentarse as empresas editoriais
españolas con libros editados e impresos en España con Depósito
Legal dentro do ano 2018 e dispoñan dun ISBN español
Outórganse
Primeiro, Segundo e Terceiro Premio aos libros mellor editados
durante o ano anterior ao da convocatoria nas modalidades de:
- Libros de literatura infantil e xuvenil
- Primeiro premio: Nórdica Libros, Cuentos de la selva, de Horacio Quiroga; con ilustracións de Antonio Santos
- Segundo premio: Ediciones SM, El jardín de Matisse, de Samantha Friedman; con ilustracións de Cristina Amodeo
- Terceiro premio: Editorial Luis Vives Terráneo, de Marino Amodio; con ilustracións de Vincenzo del Vecchio.
E
tamén as modalidades de...
- Libros de Arte
- Libros de Bibliofilia
- Libros Facsímiles
- Libros Infantiles y Juveniles
- bras Generales y de Divulgación
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]