As súas amistades e os seus lectores e lectoras, admiradores todos da
obra e a persoa de Xabier P. Docampo, enchemos, dende as 10 da maña ás 9
da noite, o salón de actos da biblioteca no emotivo recoñecemento ao Mestre
das Viaxes Imaxinarias, o fermoso título que Héctor Cajaraville pensou para a homenaxe. 

Pola mañá participaron no acto os centros escolares composteláns. Durante todo o día centos de persoas, a título individual ou como representantes de diversos colectivos, achegáronse para poñer voz ás palabras de Xabier. Chus Fernández, amiga, crítica e máxima coñecedora da súa obra agasallounos cunha fermosa charla titulada Xabier P. Docampo, o escritor. Tradición e modernidade. Para rematar o acto Xosé Antonio Perozo, presidente de GÁLIX, fíxolle entrega á familia, da figura conmemorativa de Socio de Honra que se lle concedera en 2018 e que non se lle puido entregar no seu momento.
As fotos do acto están en: https://photos.app.goo.gl/v1XTfAcDCG5r8GGPA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]