sábado, 30 de marzo de 2019

Concurso de SELFIES LIX para o Día do Libro Infantil e Xuvenil





Últimos día para participar no concurso que organizamos este ano  «Selfie LIX", cuxas bases se achegan, escollendo unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil galega.
O prazo entrega dos traballos remata o10 de abril de 2019
Grazas por participar.

Descarga as bases do concurso

Esta documentación pódese descargar, tamén, na web da OEPLI :  www.oepli.org  

Faro de Vigo faise eco da nova  na edición do mércores 20 de marzo.

venres, 29 de marzo de 2019

Na nosa biblioteca (156)


Recibimos de Rodeira-Grupo Edebé e  de Sushi Books para a biblioteca de GÁLIX




 

Título: Medo
Texto: Care Santos 
Tradución: Mª Xesús Gómez
Editorial: Rodeira. Edebé
Colección:Periscopio


Título: Unha cidade perfecta
Texto e Ilustracións:: Helena Duggan
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books. Rinoceronte Editora
Colección: Intermedio

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Na nosa biblioteca (155)


Publicacións achegadas por Kalandraka que pasan a incorporarse á biblioteca de GÁLIX:



Título: Cornelio
Texto e Ilustracións: Leo Lionni
Tradución: Xosé Manuel González
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes

Título: Agora non, Bernardo
Texto e Ilustracións: David McKee
Tradución: Xosé Manuel González
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes

Recensións:


Título: Viaxeiros.Animais extraordinarios
Texto: Xulio Gutiérrez
Ilustracións: Nicolás Fernández
Editorial: Kalandraka
Colección: Ciencia. Factoría K de libros

luns, 25 de marzo de 2019

CONVOCATORIA DO XII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS.





A Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela, e Kalandraka Editora, no marco da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, convocan o XII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.
Prazo: Finaliza o 30 de abril de 2019.
As obras poderán ser presentadas en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica e deberán ser orixinais e inéditas.
A obra premiada será publicada en todas as linguas oficiais peninsulares (galego, catalán, éuscaro, castelán e portugués) pola editorial Kalandraka no mes de novembro do ano 2019.



Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra





O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpre 20 anos!
Nesta XX edición ten como tema base a Revolución, en sentido amplo e a cultura invitada a Lusofonía.
Ademais do II PremioInternacional de Ilustración, o salón tamén acolle o II Congreso Internacional de Mediación Lectora: Revolución lectora! 
  
O martes, 2 de abril, no acto de homenaxe a Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil 2017 por "Poemar o mar", farase a lectura do Manifesto IBBY do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil con Xavier Senín e David Otero, de Gálix.

domingo, 24 de marzo de 2019

Feiras do libro 2019

Mapa e calendario das Feiras do libro de Galicia no 2019.


Máis información na páxina da Federación de Librarías de Galicia

Catálogo GÁLIX 2019

O pasado venres 22 de marzo ás 18:00 horas, na Biblioteca de Lugo, Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais e Xosé Antonio Perozo, presidente de Galix, fixeron a presentación do catálogo de Gálix: LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS DE GALICIA 2019 

 Libros infantís e xuvenís de Galicia 2019


Este catálogo, elaborado por GÁLIX, recolle as obras novas en galego publicadas durante o pasado ano. 

A Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer na Feira Internacional do Libro de Boloña as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo.





Tamén a OEPLI, vén de publicar o catálogo xeral, LITERATURAINFANTIL Y JUVENIL DE
ESPAÑA. Selección OEPLI 2018, elaborado en colaboración coas seccións territoriais: Gálix, ClijCat, Galtzagorri Elkartea e Consejo General del Libro, e co apoio do Ministerio de Educación Cultura y Deporte.

xoves, 14 de marzo de 2019

IV Concurso “O ollo de vidro”

Recoméndoche un libro é unha canle en Youtube para a promoción da lectura que busca, ademais, a visibilización e o emprego do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Colaboran neste proxecto:
  • Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Vigo
  • Equipo de Dinamización Lingüística do IES Castelao de Vigo
  • Equipo de Dinamización Lingüística do IES Pino Manso de O Porriño
  • Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas de Vigo
  • Festival de Cans
Conta ademais coa colaboración de:
  • Asociación de Veciños do Calvario
  • Biblioteca Municipal de O Porriño.
Recoméndoche un libro vén de convocar o IV Concurso “O ollo de vidro” de traballos audiovisuais con recomendación de lecturas ou de animación á lectura. Premiaranse os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes na canle de Youtube.

Premio do público do III concurso,  Centro Ocupacional do CAD da Pobra do Caramiñal.
Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.
Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas, entidades ou colectivos que o desexen enviando o seu vídeo ao correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com, xunto cun formulario de aceptación das bases. 
Os vídeos poden conter críticas literarias, booktrailers, bootubers ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora, e poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal. 
A súa duración non debe superar os 3 minutos.
Será requisito indispensable que o documento estea feito en galego, tendo en conta que un dos obxectivos da iniciativa é o de impulsar o seu emprego nas redes sociais.
 BASES DO CONCURSO

mércores, 13 de marzo de 2019

Formación LIX do grupo GRETEL en Barcelona

Recibimos en GÁLIX, información do grupo de investigación LLETRA (UAB-UB) do que forma parte GRETEL que organiza as Jornadas de Enseñanza de la lectura y la escritura: investigación e innovación en el aula para achegar a investigación en educación e a práctica docente.
As xornadas desenvolveranse no Caixa-Fòrum de Barcelona os días 29 e 30 de marzo e contarán con conferencias e charlas interactivas entre investigadores e docentes de todos os niveis.
Máis información en: http://www.aralescriptura.cat/jornades.html
Màster Biblioteca Escolar i Promoció de la Lectura from GRUP GRETEL on Vimeo.

Informa tamén da 11 edición do Máster interuniversitario de Biblioteca escolar y promoción de la lectura que se celebrará na Facultade de Biblioteconomía e Documentación (Estación de Sants).
Información: http://www.gretel.cat/es/noticias/11a-edicion-del-master-de-biblioteca-escolar-y-promocion-de-la-lectura/

II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade


Baía Edicións vén de convocar o II Premio Fina Casalderrey deLiteratura Infantil pola Igualdade que ten como finalidade promocionar obras, en galego, que atendan ao concepto de literatura infantil inclusiva en calquera dos seus aspectos e que introduzan elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.
As obras deben presentarse en galego normativo,
non poden exceder os 5.000 caracteres
deberán atender ao concepto de literatura infantil inclusiva.
O prazo de envío de orixinais remata o 8 de abril de 2019.


Na nosa biblioteca (154)


Recibimos de Baía Edicións, a nova edición actualizada de Unha pantasma branca.
Este libro foi editado por primeira vez en Everest Galicia no ano 2000, con ilustracións de Xosé Cobas e traducido ao castelán como "Un fantasma blanco" na mesma editorial.

Título: Unha pantasma branca
Texto: Fina Casalderrey
Ilustracións: Cristal Reza
Editorial: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira

xoves, 7 de marzo de 2019

Na nosa biblioteca (153)



Recibimos para a biblioteca de GÁLIX como doazón de Urco Editora:




Título: Pepa a loba
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións: Eva Agra
Editorial: Urco
Colección: Mulleres bravas da nosa historia



Recensións:

Título: DX
Texto: Eli Ríos
Editorial: Urco
Colección: Alcaián

Recensión :

Título: Os libros de Terramar: 1. Un feiticeiro de Terramar ; 2. As tumbas de Atuan ; 3. A costa máis afastada
Texto: Ursula K. Le Guin
Ilustracións: [da cuberta], Víctor Rivas
Tradución: Tomás González Ahola
Editorial: Urco


venres, 1 de marzo de 2019

Na nosa biblioteca (152)



Novidades de Xerais na biblioteca de GÁLIX.


Ilustracións: Lucía Cobo
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. Álbums
Recensións:
___________________________________________

Ilustracións: Abi Castillo
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. Álbums
Recensións:
___________________________________________

Ilustracións: Laura Veleiro
Editorial: Xerais
Colección: Merlín verde, + 9 anos
Recensións:
___________________________________________

Texto: Rosa Aneiros
Ilustracións: Kiko da Silva
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros, + 10 anos