mércores, 12 de decembro de 2018

Este libro encantoume (decembro 2018)




DECEMBRO, 2018

Recomendamos Mael. Máis alá da Fraga de Cornanda, de Uxía Meirama e Miguelanxo Prado.

A sombra dunha traxedia vai empanar a alegría de Mael de ser quen, por fin, de participar como un adulto máis na colleita de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon os seus pais ás portas da morte, embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar.
A novela de Uxía Meirama mergúllanos no mundo fantástico de Mael, unha personaxe singular rodeada de seres incribles, animais extraordinarios, bruxas, ogros e xigantes. Con el iniciarémonos nunha serie de novelas caracterizadas pola fantasía e a aventura, nas que se exaltan valores como a amizade, a lealdade e o amor pola natureza.
Todo isto contado cunha prosa vibrante e rica, e ilustrado pola inimitable figura de Miguelanxo Prado, fan desta obra unha historia imprescindible especialmente recomendada para afoutados lectores e lectoras de 9 a 12 anos.


Reme Vázquez Meitín

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]