venres, 28 de decembro de 2018

Na nosa biblioteca (138)

Neste tempo de Nadal dámoslle a benvida á nosa biblioteca a cinco novidades ben quentiñas de Xerais.
Título: A chave das noces
Texto: Xabier P. DoCampo
Ilustracións:[cuberta, David Sierra]
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo, 154
+ infohttps://www.xerais.gal/libro.php?id=3492054
Título: Música no faiado
Texto: Miguel Ángel Alonso Diz
Ilustracións: Laura Tova
Editorial: Xerais
Colección: Merlín amarelo. + 11 anos
+ infohttps://www.xerais.gal/libro.php?id=5493115
Recensión literaria por Ramón Nicolás en Caderno da crítica
Título: Cociñando bolboretas no bandullo
Texto: Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz
Limiar: Ledicia Costas
Ilustracións
: Iván Rodríguez Castro
Editorial: Xerais
Colección: Álbums
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5535157
Entrevistas:
- Entrevista cos autores no Diario Culturas de Radio Galega
- Entrevista no suplemento Fugas de La Voz de Galicia
- Recomendación lectora da libraría Couceiro
Blog :   http://www.bolboretasnobandullo.com/
Título: É tempo de entroido!
Texto: Ramón D. Veiga
Ilustracións: David Sierra
Editorial: Xerais
Colección: Álbums
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5534781
 Xénero : Poesía
Nesta ligazón pódese acceder a varios recursos sobre o libro : láminas para colorear, cancións e versión en karaoke : https://www.xerais.gal/libro.php?id=5534781
Título: Ulf de Jakobsland
Texto  e Ilustracións: Alberto Varela Ferreiro
Editorial: Xerais
Colección: Cómics
+ info:
 https://www.xerais.gal/libro.php?id=5678961
 Vídeo de presentación
 Recension literaria en La Voz de Galicia, por Xesús Fraga
 

mércores, 26 de decembro de 2018

Número 88 da revista Faristol

Recibimos na nosa biblioteca o número 88 da revista Faristol. 
Faristol é unha revista especializada en literatura infantil e xuvenil de lingua catalana editada polo  Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT).  Contén información, análises, artigos de especialistas, noticias e críticas de novidades. Edítase en papel e en liña. Foi creada en xuño de 1985 e é a decana no eido no Estado español.
Todas as persoas que desexen consultar a revista poden poñerse en contacto con GÁLIX.

venres, 21 de decembro de 2018

Na nosa biblioteca (137)

Damos a benvida na nosa biblioteca a un libro de Hércules de Ediciones, un vello amigo que protagonizou a sección Este libro encantoume na web da OEPLI o pasado novembro.

Título: Ring, ring...! Quen rima?
Texto: Ana María Fernández
Ilustracións: Enríque López
Editorial: Hércules de Ediciones
Colección: Novas lecturas de Hércules
Xénero : Poesía
+ infohttp://www.herculesediciones.com/gl/libro/ring-ring-quen-rima/
Descargar ficha técnica:    Ficha "Ring, ring" 750.64 KB

xoves, 20 de decembro de 2018

Na nosa biblioteca (136)

E continuamos dándolle a benvida as propostas editorias que van chegando á nosa biblioteca. Hoxe centrámonos en dous estupendos libros enviados por Baía Edicións.
Título: As voces da auga
Texto: Ánxela Gracián
Ilustracións: Aynara Pereiro
Editorial: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira
+ info:   http://baiaedicions.gal/as-voces-da-auga.html
Gañadora ex aequo do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018

Título: Auga e lume
Texto: Pere Tobaruela
Ilustracións:Víctor Boullón
Editorial: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira
+ info: http://baiaedicions.gal/auga-e-lume.html
Gañadora ex aequo do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018 
 




Crítica ex aequo en Ferradura en tránsito II, por Xosé M. Eyré 
Subliñados ex aequo en Ferradura en tránsito II

mércores, 19 de decembro de 2018

Na nosa biblioteca (135)

Estamos chegando ao final de ano, mais continúan a chegar libros á nosa biblioteca. Hoxe recibimos catro marabillosas novas propostas de Editorial Galaxia.
Título: A filla do Minotauro
Texto: Marilar Aleixandre
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/a-filla-do-minotauro/
Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, da Deputación de Coruña
- Caderno da crítica
- La Voz de Galicia
- Botóns

Título: A formiga fóra do carreiro
Texto: Raquel Castro
Ilustracións: Ángela Álvarez Paula
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore azul. + 10 anos
+ infohttp://editorialgalaxia.gal/produto/formiga-fora-carreiro/

Xénero : Teatro 
Recensións literarias:
- Montse Pena Presas en Diario Cultural
- De libros e outros
- Caderno da crítica
- Faro de Vigo

Título: Os ollos do tangaleirón
Texto: Xosé A. Neira Cruz
Edición: 1ª ed., 2000 ;  1ª ed. en Costa Oeste, 2018
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/os-ollos-tangaleiron/
Premio O Barco de vapor 1999


Título: A casa do terror
Texto e Música: Xoán Curiel e a Banda do verán
Ilustracións: Iria Fafián
Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore
+ info: http://editorialgalaxia.gal/produto/a-casa-do-terror/
Entrevistas:
- Praza.gal a Xoán Curiel, por Montse Dopico
- Faro de Vigo
- Radio Burela, Grandes voces do noso mundo

martes, 18 de decembro de 2018

Na nosa biblioteca (134)

Hoxe recibimos cinco novos títulos de Kalandraka!
Título: Cándido e os demais
Texto: Fran Pintadera
Ilustracións: Christian Inaraja
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial: Kalandraka
Colección: Premio Compostela
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/Candido-e-os-demais-G.pdf

XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2018
Vídeo da entrega do premio
Recensións:
De libros e outros

Título: Pippi Mediaslongas embarca
Texto: Astrid Lindgren
Ilustracións: Ingrid Vang Nyman
Tradución: David A. Álvarez Martínez
Editorial: Kalandraka
Colección: Sete Leguas Especiais
+ info: www.kalandraka.com/ga/coleccions/nome-coleccion/detalle-libro/ver/pippi-mediaslongas-embarca/ 


Fervenzas Literarias, revista de literatura galega 

Título: Novos amigos
Texto e Ilustracións: Tomi Ungerer
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/Novos-amigos-G.pdf
Recensión en Trafegando ronseis
Sobre o autor:
Premio Hans Christian Andersen como ilustrador en 1998
Web oficial : https://www.tomiungerer.com/
Título: O nadal de Ernesto e Celestina
Texto e Ilustracións: Gabrielle Vincent
Tradución: Tamara Andrés
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/O-Nadal-de-Ernesto-e_Celestina-G.pdf
Recensión en Trafegando ronseis
Título: Minilibros Imperdibles 4
Editorial: Kalandraka
Colección: Minilibros  
Contén: A escada vermella / Fernando Pérez Hernando. Ser amigos / Arianna Papini. Tomás, o bromista /Jorge Rico, Anna Laura Cantone. Cerca / Natalia Colombo. Os tres osos /Xosé Ballestero, Marco Somà. O pirata Pata de Lata / Oli, Ramón Trigo. Animais de compañía / Manuel Lourenzo Gonzále, Óscar Villán
+ info:
http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/MinilibrosImperdibles4-G.pdf

luns, 17 de decembro de 2018

Na nosa biblioteca (133)

Dámoslle a benvida na nosa biblioteca a estas catro novas propostas de Oqueleo:
Título: Unha misión para Clara
Texto
: Marica Campo
Ilustracións
: cuberta de Estelí Meza
Editorial: Oqueleo. Obradoiro e Santillana
Colección
: Narrativa. Laranxa+ 10 anos
+ info
https://www.oqueleo.com/libro/unha-mision-para-clara
Recensións literarias en:
Caderno da crítica / Ramón Nicolás
De libros e outros / Pilar Sampedro

Título: O xeito das froitas
Texto: María Reimóndez
Ilustracións:Alicia Varela
Editorial: Oqueleo. Obradoiro e Santillana
Colección: Narrativa. Morada + 8 anos
+ infohttps://www.oqueleo.com/libro/o-xeito-das-froitas
 Recensións literarias en:
 De libros e outros / Pilar Sampedro 
Caderno da crítica / Ramón Nicolás 
 Entrevistas
-Diario Cultural da Radio Galega (12/11/2018)  
- 
Información das obras de LIX de María Reimóndez:
http://www.mariareimondez-escritora.com/obra/infanto-xuvenil/
Título: Os amigos do Nicolasiño
Texto : René Goscinny
Ilustracións:  Jean-Jacques Sempé
Tradución: Antón Palacio
Editorial: Oqueleo. Obradoiro e Santillana
Colección: Narrativa. Laranxa + 10 anos
+ info: https://www.oqueleo.com/libro/os-amigos-do-nicolasino
Título: Os problemas do Nicolasiño
Texto: René Goscinny
Ilustracións: Jean-Jacques Sempé
Tradución:  Antón Palacio
Editorial: Oqueleo. Obradoiro e Santillana
Colección: Narrativa + 10 anos
+ info: https://www.oqueleo.com/libro/os-problemas-do-nicolasino
Recensión en O caderno da crítica.

xoves, 13 de decembro de 2018

X Premio Manuel María de literatura dramática infantil para Paula Carballeira por "Somos os monstros"

O pasado domingo 2 de febreiro, no Culturgal, Paula Carballeira recibiu o X Premio Manuel María de literatura dramática infantil pola súa obra Somos os monstros.
Nesta décima edición, o xurado foi unánime na decisión de elixir o seu texto como gañador, incidindo na súa “boa carpintaría dramática, que posibilita un xogo escénico moi dinámico no que se pode aproveitar moi ben o espazo e o tempo teatral, moi na liña dos xogos infantís”. Así, os seus personaxes, situacións e diálogos semellan de debuxo sinxelo, mais logran transmitir un trasfondo potente e un universo simbólico suxestivo e interesante para o espectador infantil e adolescente. A autora aborda aquí o mundo dos monstros que, na súas palabras, “ás veces, moitas veces, non son moi diferentes de nós cando nos miramos no espello”.
A autora de Maniños xa obtivera este premio na súa primeira convocatoria en 2006 con Boas noites e en 2011 con O refugallo.
Paula Carballeira dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende hai máis de vinte anos e é autora de numerosos libros, principalmente de literatura infantil e xuvenil: os devanditos O refugallo e Boas noites, Paco, Correo urxente, Smara, A burra Ramona ou Misterios, citando só algúns dos seus títulos premiados. Membro da compañía Berrobambán desde 1996, a súa traxectoria como directora e actriz desenvólvese tamén en proxectos escénicos doutras compañías. Participou como convidada en destacados festivais de narración oral, tanto a nivel estatal como internacional, ademais de traballar en diferentes series e espazos da TVG.

mércores, 12 de decembro de 2018

Este libro encantoume (decembro 2018)




DECEMBRO, 2018

Recomendamos Mael. Máis alá da Fraga de Cornanda, de Uxía Meirama e Miguelanxo Prado.

A sombra dunha traxedia vai empanar a alegría de Mael de ser quen, por fin, de participar como un adulto máis na colleita de cereixas. A repentina e misteriosa enfermidade que pon os seus pais ás portas da morte, embarca o rapaz nunha viaxe que o levará moi lonxe da súa terra, e na que coñecerá os máis fabulosos personaxes que un pode imaxinar.
A novela de Uxía Meirama mergúllanos no mundo fantástico de Mael, unha personaxe singular rodeada de seres incribles, animais extraordinarios, bruxas, ogros e xigantes. Con el iniciarémonos nunha serie de novelas caracterizadas pola fantasía e a aventura, nas que se exaltan valores como a amizade, a lealdade e o amor pola natureza.
Todo isto contado cunha prosa vibrante e rica, e ilustrado pola inimitable figura de Miguelanxo Prado, fan desta obra unha historia imprescindible especialmente recomendada para afoutados lectores e lectoras de 9 a 12 anos.


Reme Vázquez Meitín

luns, 10 de decembro de 2018

Na nosa biblioteca (132)

Neste mes de decembro dámoslle a benvida á nosa biblioteca ás últimas novidades de Xerais.
Título: Eu ben vin, virivín : cancioneiro infantil par dicir, contar e cantar
Texto: [coordinador ], Manuel Rico Verea ; [do texto], Manuel Rico López e Cibrán Rico López
Ilustracións: David Rodríquez
Produción musical : Obradoiro experimental  de música tradicional, Nani García e Manuel Rico
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. ÁLbums
+ infohttps://www.xerais.gal/libro.php?id=4691224
Contén 1  CD. Inclúe partituras
Recensiónen Cultura galega.gal 

Título: Os piratas: conto para ler ás escuras
Texto e Ilustracións:: Ignasi Valios i Buñuel
Tradución: Anaír Rodríguez Rodríguez
Editorial: Xerais
Colección: Edicións singulares
+ info:   https://www.xerais.gal/libro.php?id=5533732

 Título: A ciencia do día a día : respostas rápidas para preguntas enxeñosas
Texto: [coordinación da edición], Emili López Tossas
Ilustracións: Bruno Martínez Tabares
Tradución: Edicións Xerais
Editorial: Xerais
Colección: Básicos Ciencia
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5594202

xoves, 6 de decembro de 2018

As xornadas "Desfacendo a raia" chegaron a Lugo



O pasado mércores 5 de decembro tivo lugar no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado, en Lugo, a segunda parte das Xornadas Desfacendo a raia, organizadas por GÁLIX. Este ano o tema elixido foi "A LIX nos medios de comunicación". 

Estas xornadas daban continuidade ás celebradas o pasado mes en Pontevedra. Na mesma, poidemos escoitar as intervencións de Miguel Vázquez Freire, Antonio Manuel Fraga e Mario Regueira. A conversa estivo moderada por Montse Pena.

luns, 3 de decembro de 2018

Andrea Maceiras gaña o premio Lazarillo 2018

A OEPLI fallou os Premios Lazarillo 2018. A galega Andrea Maceiras gañou na modalidade de creación literaria, mentres Paloma Corral e Begoña Oro fixeron o propio en  álbum ilustrado.
Na modalidade de creación literaria, optaron ao Premio Lazarillo un total de 119 obras, das cales 69 eran en narrativa, 36 en poesía e 14 en teatro. De todas elas 108 estaban escritas en castelán, 9 en galego e 2 en catalán. O Xurado acordou conceder por maioría o Premio Lazarillo á obra titulada RUSGALÍA, da que resultou autora Andrea Maceiras. O xurado destacou que se trata "dunha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con bellísimas escenas que che transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción."
 
Na modalidade de Álbum Ilustrado o xurado seleccionou a obra gañadora UN LUME VERMELLO, entre os 46 proxectos presentados, destacando de forma unánime "a orixinalidade da hora, o trato da cor cunha rica paleta de grises en contraste con cores vivas, a composición da dobre páxina e a secuenciación dos personaxes, así como unha gran sensibilidade pola natureza".