OUTUBRO, 2018
Recomendamos Que contan as ovellas para durmir?, de Kiko da Silva.
O libro que vos vou recomendar está principalmente destinado a todos
aqueles que gocen escoitando historias e sobre todo contándoas. Kiko da
Silva recupera a estrutura daquelas historias infantís de antano, con
retrousos, enumeracións e sons que permiten que os oíntes repitan e
conten connosco, e así os mais cativos fixan a atención sen esforzo. A
fórmula coma dixemos non é nova: unha ovella emprende, a través da
noite, unha viaxe na procura da resposta que da título ao conto. Hai que
valorar positivamente as ilustracións –cheas de detalles graciosos- e a
resolución final do mesmo onde o ser humano que segundo é común conta
ovellas para durmir, convértese na enumeración soñadora das nosas amigas
laúdas. Esta segunda edición, en formato álbum grande, inclúe
fotografías e texto do autor contando o proceso de creación dos
escenarios do conto.
Estrella Omil Ignacio.
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]