martes, 30 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (126)

Dámoslle a benvida á nosa biblioteca a seis novidades de Edicións Xerais de Galicia:

Título: A balada dos unicornios
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións: Mónica Armiño
Editorial: Xerais
Colección: Camaleón
+ info:
https://www.xerais.gal/libro.php?id=5530887
Premio Lazarillo 2017
Recensións literarias:
- Caderno da crítica
- O recuncho do lector
Entrevistas:
- Atlántico Diario a Ledicia Costas por Ana Baena
- Faro de Vigo
- La Voz de Galicia
- Revista Luzes
- ZigZag fin de semana 
- Radio Cadena Ser Vigo
 
Título: A porta dourada
Texto: Xelís de Toro
Ilustracións: Pablo Rosendo
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros. + de 10 anos
+ info:
https://www.xerais.gal/libro.php?id=5160572

Título: Mamá, quero ser Ziggy Stardust
Texto: Iria Misa
Ilustracións: Alba Barreiro
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros + de 10 anos
+ info:
https://www.xerais.gal/libro.php?id=5493241
Recensións literarias:
- Caderno da crítica
- Trafegando ronseis

Título: Paseniño, paseniño
Texto:Antonio García Teijeiro
Ilustracións: Marcos Viso
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. Álbums
Contén 1 CD musical con poemas recitados polo autor
+ info:
https://www.xerais.gal/libro.php?id=5493707
1ª edición en Everest Galicia en 2003, ilustrado por Xosé Cobas, na colección Rañaceos.
Recensións:
- Caderno da crítica
- Trafegando ronseis
- El Progreso 
Entrevistas:
- Praza
- Suplemento Faro da cultura, do Faro de Vigo
-ZigZag fin de semana 

Título: Astérix e Cleopatra
Texto: René Goscinny
Ilustracións: Albert Uderzo
Tradución: Xavier Senín e Isabel Soto
Editorial: Xerais
Colección: Cómics
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5160884

 
Título: O combate dos xefes
Texto: René Goscinny
Ilustracións: Albert Uderzo
Tradución: Xavier Senín e Isabel Soto
Editorial: Xerais
Colección: Cómics
+ info: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5275882

luns, 29 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (125)


Estes son os dous últimos títulos que recibimos de Sushi Books:


TítuloO doutor Proctor e os pos botapeidos
Texto: Jo Nesbo
Ilustracións: Per Dybvig
Tradución: dende a versión do inglés, Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books. Rinoceronte Editora
Colección: Intermedio
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

TítuloContos para nenos peculiares
Texto: Ransom Riggs
Ilustracións: Andrew  Davidson
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books. Rinoceronte Editora
Colección: Avanzado
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

venres, 26 de outubro de 2018

Entrega dos premios Xerais

O pasado sábado 20 de outubro tivo lugar no Museo do Mar de Vigo o acto de entrega dos premios que anualmente convoca Edicións Xerais de Galicia.
Este ano os galardóns recaeron en Besta do meu sangue, de Emma Pedreira (Premio Xerais de Novela); Aplicación Instantánea, de Carlos Negro (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil); e Kusuma, de Héctor Cajaraville (Premio Merlín de Literatura Infantil).



Deixamos aquí algúns datos dos libros gañadores no eido da LIX: 



XXIII Premio Merlín de Literatura Infantil, 2018 para Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) por  Kusuma 
https://www.xerais.gal/libro.php?id=5155583










 
X Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018 para Carlos Negro (Lalín, 1970) por  Aplicación instantánea   https://www.xerais.gal/libro.php?id=5155227















+info :
https://blog.xerais.gal/destacados/entrega-premios-xerais-2018-en-directo/

https://bretemas.gal/onte-1989/

xoves, 25 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (124)


Este é o último título que recibimos da man de Urco Editora:


TítuloAs cinco castes
Texto: María Victoria Moreno
Ilustracións: Lidia Cao
Asesor editorial : Xavier Senín
Editorial: Urco Editora
Colección: Infantil
Novas na RAG (Recensión en Caderno da Crítica / Recensión en Palabra de Gatsby

martes, 23 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (123)



Velaquí as últimas obras que recibimos para a nosa biblioteca da man de Galaxia:
Título: Berta Mir detective. O caso do falso accidente
Texto: Jordi Sierra i Fabra
Tradución: Xesús Domínguez Dono
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info:

http://editorialgalaxia.gal/produto/berta-mir-o-caso-falso-accidente/
http://sierraifabra.com/?lang=es

1ª novela da serie da detective Berta Mir, publicada orixinalmente en 2010.






 Título: Iridium
Texto: Francisco Castro
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
+ info:
http://editorialgalaxia.gal/produto/iridium/
http://franciscocastro.gal/tag/iridium/
FEGADACE, Federación Galega de Dano Cerebral : https://www.fegadace.org/francisco-castro-lanza-iridium-novela-protagonizada-moza-con-dca-gal.html
Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/sociedad/2018/09/07/amor-juvenil-trazado-margen-barreras/1957247.html

luns, 22 de outubro de 2018

Este libro encantoume (outubro 2018)



OUTUBRO, 2018

Recomendamos Que contan as ovellas para durmir?, de Kiko da Silva.
O libro que vos vou recomendar está principalmente destinado a todos aqueles que gocen escoitando historias e sobre todo contándoas. Kiko da Silva recupera a estrutura daquelas historias infantís de antano, con retrousos, enumeracións e sons que permiten que os oíntes repitan e conten connosco, e así os mais cativos fixan a atención sen esforzo. A fórmula coma dixemos non é nova: unha ovella emprende, a través da noite, unha viaxe na procura da resposta que da título ao conto. Hai que valorar positivamente as ilustracións –cheas de detalles graciosos- e a resolución final do mesmo onde o ser humano que segundo é común conta ovellas para durmir, convértese na enumeración soñadora das nosas amigas laúdas. Esta segunda edición, en formato álbum grande, inclúe fotografías e texto do autor contando o proceso de creación dos escenarios do conto.


Estrella Omil Ignacio. 


______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

venres, 19 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (122)

Dámoslle a benvida na nosa biblioteca a catro novidades que recibimos de Kalandraka:
Título: Fábulas de Esopo
Texto: versión de Xosé Ballesteros
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial: Kalandraka
Colección: Sete Leguas
+ infohttp://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/Fabulas-De-Esopo-G.pdf

Recensión literaria :

Trafegando ronseis







Título: Unha longa viaxe
Texto: Daniel Hernández Chambers
Ilustracións: Federico Delicado
Tradución: Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: MareMar
+ infohttp://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/UnhaLongaViaxe-G.pdf

Caderno da crítica

Trafegando ronseis




 Título: Unha historia
Texto e Ilustracións: Marianna Coppo
Tradución: Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: Demademora
+ info:   http://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/Unha-historia-G.pdf
Caderno da crítica






 Título: Un, dous, tres, que ves?
Texto e Ilustracións: Nadia Budde
Tradución: Adaptación de Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: Acartonados. Prelectores
+ infohttp://www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/dossiers/UnDousTres-G.pdf

xoves, 18 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (121)

Dámoslle a benvida na nosa biblioteca a esta fantástica novidade de Sushi Books:
Título: O vento nos salgueiros
Texto: Kenneth Grahame
Ilustracións: [da cuberta], Adriana Pérez
Tradución: Estela Vilar ; revisión, Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books
Colección: Intermedio
+ info:
http://rinoceronte.gal/sushibooks/tenda.php?op=ver&id=1422

Facebook tradutora: Estela Villar Nogueira
Facebook ilustradora: Redeiras.net.

mércores, 17 de outubro de 2018

Celebramos o Día da Biblioteca


O mércores 24 de outubro será o Día da Biblioteca, iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil desde o ano 1997.
Para celebralo, deixámovos no blog o pregón deste ano, O día da luz, escrito por Gonzalo Moure (tradución ao galego de Antía Marante), e o cartel do ilustrador Alfonso Zapico. 
 

Pregón  Día da Biblioteca 2018    "O día da luz"   Gonzalo Moure
Veño do deserto do Sáhara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiad@s saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que @s nen@s e @s moz@s do Sáhara poidan experimentar o gozo de sentar baixo a súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún "templo de silencio", senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorar mirando uns ollos por enriba do libro. Porque ao fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar onde se descobre ao outro, de papel ou de carne.

Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións.
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo.

Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para @s saharauís. Págaas a nosa sociedade civil, mediante soci@s adult@s, e mediante actividades solidarias nos colexios, institutos e bibliotecas. E @s alumn@s e lector@s que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a milleiros de nen@s, moz@s e adult@s que a fixeron posíbel co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lectora e lector saharauí ten ao seu carón a milleiros de lectoras e lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e lugar tan hostil.

Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén soñouna, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faite do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso "bibliobús". Que non haxa ningunha nena e ningún neno, moz@ ou adult@, que non roce a man dunha bibliotecaria que a aconselle, que o oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa ningún ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será.

Na túa man hai milleiros de mans, apertando a túa, acompañándote no camiño. Tenras ou con durezas, pequenas ou grandes. No libro que te agarda na mesa de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Mais todos preciosos. Conectados todos por un invisíbel fío de prata que un man con man, andel con andel, un fío inacabábel e luminosos. Inacabábel, e que así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir "O día da luz".
Feliz día, feliz século.

martes, 16 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (120)

Dende Rodeira (Grupo Edebé) chéganos esta obra de Laura Garzón e Xan López Domínguez:


Título: Tikismikis
Texto:
Laura Garzón
Ilustracións:
Xan López Domínguez
Tradución:
María Xesús Gómez Sanjurjo
Editorial:
Rodeira, 2018
Colección:
Os meus contos favoritos. Tren azul
+ info

 https://www.libelista.com/brand/933/rodeira-grupo-edebe

luns, 15 de outubro de 2018

Na nosa biblioteca (119)

Velaquí a últimas doazóns de Tambre-Edelvives para a biblioteca:

 Colección Atópame:

Títulos : Atópame na neveAtópame na selva. Atópame no mar. Atópame no bosque
Texto e Ilustracións: Smartink Books LLC
Tradución: Tambre.
Editorial: Tambre. Grupo Editorial Luis Vives, 2017









 Colección Xa son maior
 
Títulos : Aburiño!. Durme, meu ben!.
Texto e Ilustracións: Thierry Bedouet
Tradución: Tambre
Editorial: Tambre. Grupo Editorial Luis Vives, 2017
Colección: Xa son maior







Colección Paulo e Antía
 
Títulos: Paulo e Antía : descubre con nós. Paulo e Antía : escolle con nós
Texto e Ilustracións: Elly Van Der Linden, Suzanne Diederen
Tradución: Tambre
Editorial: Tambre. Grupo Editorial Luis Vives, 2017
Colección: Paulo e Antía







Colección Quen se agocha?

Títulos: Quen se agocha no bosque e na neve?Quen se agocha no deserto e no mar?
Texto: Paula Habñacková
Ilustracións: Linch Dao
Tradución: Antón Sánchéz
Editorial: Tambre - Grupo Luis Vives, 2017
Colección: Quen se agocha?









Título: Icía e o diplodoco caguiñas
Texto: Antonio Yáñez Casal
Ilustracións: Teresa Novoa
Editorial: Tambre, 2018
Colección: Ala delta. Serie azul, 31













Título: No corazón da balea
Texto: Antonio Manuel Fraga
Ilustracións: Xan López Domínguez
Editorial: Tambre, 2018
Colección: Ala delta. Serie vermella, 25
+ info:
https://www.instagram.com/p/Bkm07B9hxcz/










Título: Pablo e as pombas
Texto: Marcos Calveiro
Ilustracións: María Pascual
Editorial: Tambre, 2018
Colección: Ala delta. Serie vede, 34
+ info:
https://twitter.com/calveiro?lang=es