Rematamos o mes cunhas cantas novas da LIX:
- Xa podes consultar na páxina de Recursos o novo catálogo de LIX 2018. Tamén actualizamos a páxina con enlaces aos catálogos IBBY de Libros para xente con discapacidade, bota un ollo no apartado de CATÁLOGOS, GUÍAS E RECURSOS ONLINE.
- Antonio García Teijeiro estará na BNE dentro do Ciclo de Premios Nacionais na Biblioteca Nacional o día 3 de abril. O evento poderá verse en streaming aquí.
- Do 11 ao 23 de abril, o ClijCAT, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil, celebra o 34è Saló del Llibre Infantil i Juvenil de Catalunya no Centro Cultural e Teatro la Amistad de Mollerussa (Lleida)
- O Laboratorio Contemporáneo de Fomento da Lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez vén de facer un ano. Bota un ollo aquí ás súas actividades.
- O Premio ALMA vén de comezar a publicar un boletín de novas. Máis información aquí. Dáte de alta no boletín aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]