xoves, 28 de decembro de 2017

Felices Festas!


Dende GÁLIX, desexámosvos que pasedes unhas felices festas coa vosa xente e que o ano novo vos sexa venturoso!

E para que non poñades excusas para non gozar de boas lecturas estes días vacacionais, velaí van unhas cantas recomendacións de amig@s de GÁLIX:
Recomendacións de lectura do CEIP de Seixo /115 suxestións de Biblioleiros /Guía de lectura do Concello de Rianxo /
Recomendacións de máis de 125 bibliotecas escolares galegas para estas datas




luns, 11 de decembro de 2017

Xornadas GÁLIX - Desfacendo a raia II (II)


O mércores 13 de decembro celebramos un novo acto propio. Nesta segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia, queremos desfacer máis fronteiras aínda e engadimos esta xornada centrada na memoria das mulleres na LIX.

As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Formación do Profesorado de Lugo ás 09:45.

As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.

Máis sobre as II Xornadas Desfacendo a raia (I) 

Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo)

As II Xornadas Desfacendo a raia son abertas a todo o público ata encher o aforo.

Na nosa biblioteca (81)


Dende Xerais chégannos todas estas novidades:


Título: Os arquivos secretos de Escarlatina
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións: Víctor Rivas
Editorial: Xerais
Colección: Álbums

Entrevista a Ledicia Costas por Ana Baena en Atlantico  Bases do Concurso O enigma macabro

Título: Xinfu na maldición guauchuky
Texto e Ilustracións: : Adrián Morgade
Editorial: Xerais
Colección: Cómics


TítuloO pintor de flores
Texto  e Ilustracións: Anxo Fariña
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín


TítuloOnde está Nubebebé?
Texto e Ilustracións: Anxo Fariña
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín
Faro de Vigo: Anxo Fariña explica como se escribe e ilustra un libro.

venres, 8 de decembro de 2017

Este libro encantoume (decembro 2017)


DECEMBRO, 2017

Recomendamos: 22 segundos, de Eva Mejuto.


O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese
momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

Sabela Bará Louro
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

martes, 5 de decembro de 2017

Na nosa biblioteca (80)

Dende Baía chéganos esta peza teatral ilustrada por Nuria Díaz:


Título: O castiñeiro do apalpador: de como un carboeiro se virou meigo do Nadal [teatro]
Texto: Inacio Vilariño
Ilustracións: Nuria Díaz
Editorial: Baía
Colección: Conto conto
Reseña en Caderno da Crítica


luns, 4 de decembro de 2017

Na nosa biblioteca (79)


Comezamos a semana e o mes co último de Kalandraka:



TítuloA horta de Simón
Texto e Ilustracións: Rocío Alejandro
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial: Kalandraka

TítuloAllumette
Texto e Ilustracións: Tomi Ungerer
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Colección:Tras os montes
Versión moderna do clásico de Andersen "A vendedora de mistos". / Libro seleccionado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia. / Tomi Ungerer foi Premio de Ilustración Hans Christian Andersen 1998.

Título: Radio Bulebule
Texto e Música: Paco nogueiras:
Ilustracións: David Pintor
Editorial: Kalandraka
Colección: Libro-Disco

Máis info e vídeo presentación

TítuloO un era Xoán : un libro para contar
Texto e Ilustracións: Maurice Sendak
Adaptación: version de Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes



TítuloOs caimáns van de paseo
Texto e Ilustracións: Maurice Sendak
 Adaptación: version de Xosé Ballesteros 
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes

venres, 1 de decembro de 2017

Comeza o Culturgal!


Hoxe comeza a nosa cita anual coa industria cultural galega: o Culturgal. 

Poderedes gozar dunha morea de actividades no Pazo da Cultura de Pontevedra durante toda a fin de semana, dende hoxe, 1 de decembro, ata o domingo 3. Esta é xa a décima edición do Culturgal. Descubre máis aquí.
Descarga aquí o programa completo
Velaquí algunhas iniciativas e actividades que podes atopar no Culturgal e das que os organizadores nos mandaron información:



Hoxe, conferencia sobre financiamento europeo a proxectos culturais, ás 17:00 no Salón de Actos, organizada polo Concello de Pontevedra e o Ministerio de Cultura e con presenza da experta da Universidade de Vigo. Máis info aquí.



Tamén teredes unha morea de actividades da man de Urco Editora. Consulta na imaxe as actividades (clic para ampliar), máis información no seu Facebook, aquí.





Kalandraka convirte o seu stand nun estudio radiofónico no que recibirá a unha morea de creadores que asinarán exemplares das súas obras. O sábado ás 19:00, no Espazo Libro, non perdas  o faladoiro co lema "Poesía galega ao abeiro da colección Tambo". Bota un ollo na imaxe para máis información. Tamén podes ler máis aquí.


Presentamos o calendario do Premio Internacional de Ilustración


A obra gañadora do Premio Internacional de Ilustración do Salón do Libro, organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración con GÁLIX, xa está listo para saír á rúa. 

Presentámolo ontes e a partir de hoxe xa o podedes conseguir no Culturgal!

xoves, 30 de novembro de 2017

Novas da LIX


Pechamos o mes cunha pequena selección de novas e notas da LIX:






Na nosa biblioteca (78)


Velaquí as últimas novidades de Sushi Books:


TítuloA avoa gánster
Texto: David Walliams
Ilustracións: Tony Ross
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books. Rinoceronte Editora
Colección: Intermedio

Blog da biblioteca "O espazo máxico de Carvi"Adaptación teatral da obra feita polos alumnos de 4º curso. 

Título: O paquete falante
Texto: Gerald Durrell
Ilustración da cuberta: José María Lema
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books. Rinoceronte Editora
Colección: Intermedio


VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Os vindeiros 1 e 2 de decembro celébranse en Santiago, no Palacio de Congresos, as VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia.

Estas xornadas son cita anual do gran coletivo que pon en pé as bilbiotecas dos centros educativos. Este ano, as bibliotecas escolares traballan co lema Aprender a pensar coa biblioteca escolar e sobre esta idea fíanse as xornadas, ofrecendo unha oportunidade para o encontro de profesionais de distintos niveis, distintas disciplinas, etc.

Máis información aquí. Programa aquí.

martes, 28 de novembro de 2017

Na nosa biblioteca (77)


Da man de Galaxia chégannos estas necesarias reedicións de María Victoria Moreno, autora que celebraremos no vindeiro día das letras:



Título
: Leonardo e os fontaneiros
Texto: María Victoria Moreno
Ilustracións: Manuel Uhía
Edición: 2ª ed., 1ª imp.
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore verde (+ 12 anos)

Premio Barco de Vapor de SM 1985 / Recensión en A sega, por Susana Sánchez Aríns. 

TítuloE haberá tirón de orellas?
Texto:  María Victoria Moreno
Ilustracións: Carme Peris
Edición: 2ª ed., 1ª imp.
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore

Álbum ilustrado publicado orixinalmente no ano 1997 e que ata o momento resultaba imposible atopar. Isto conta Ramón Nicolás en Caderno da Crítica.

luns, 27 de novembro de 2017

Este libro encantoume (novembro 2017)


NOVEMBRO, 2017

Recomendamos: Mulleres bravas da nosa historia: Mª Victoria Moreno, de Eli Ríos.



Dentro da colección de “Mulleres bravas da nosa historia” aparece o volumen adicado a María Victoria Moreno, recentemente escollida pola Real Academia Galega para protagonizar o Día das Letras Galegas 2018.

O libro repasa a vida da profesora e escritora, o seu nacemento en Estremadura e toda a súa posterior traxectoria vital e profesional na Galiza. Destacando a fonda pegada que deixou na literatura galega e nas xeracións posteriores también a nivel persoal e humano.

Eli Ríos logra facer do relato dunha vida unha historia atractiva para as crianzas, poñendo en valor a figura dunha muller pioneira, creadora de historias con nenas protagonistas e que falaban galego, lingua que amou. Pon en valor a súa figura e nola amosa imprescindibel, forte, agarimosa, talentosa e arroutada. Consegue facer dunha biografía un texto narrativo moi interesante, que vai creando expectación no lector sen afastarse do papel informativo que tan ben cumpre.  Nesa viaxe vital o lector vese acompañado por Navia, un personaxe que fai as veces de complemento do relato a base de fornecernos de notas a pé de páxina e diversas aclaracións. As claras ilustracións de Eva Agra complementan á perfección o texto, sen despistarnos do seu sentido orixinal, con liñas ben marcadas e unha paleta de cores atractivas e sen estridencias.

O libro complétase cun apartado de datas significativas na vida da protagonista así como con unha serie de  páxinas repletas de actividades coas que os pequenos recordarán facetas de María Victoria Moreno e descubrirán outras escritoras galegas cunha importante traxectoria.

Un libro que resulta tan imprescindibel como María Victoria Moreno.

Toni Seijas
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

Xornadas GÁLIX - Desfacendo a raia II


Mañá, 28 de novembro, celebramos un novo acto propio: a segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia.

As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Cinencias da Educación ás 10:50.

As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.

Así as II Xornadas Desfacendo a raia inclúe o Encontro María Victoria Moreno: “Unha mestra que sabía ler nos ollos dos Cachorros”. No que van participar a escritora e académica Fina Casalderrey, o ilustrador Manuel Uhía e o escritor e presidente de Gálix Xosé Antonio Perozo.  Ademáis a profesora e escritora Susana Sánchez Aríns levará as Xornadas un relatorio sobre Muller e Memoria.

Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo)

As II Xornadas Desfacendo a raia son abertas a todo o público ata encher o aforo.

Edición 29/11/2017: Nova aquí, aquí e fotos das xornadas a seguir:





xoves, 23 de novembro de 2017

Marilar Aleixandre gaña o Premio Raíña Lupa

Foto: Distrito Xermar
Marilar Aleixandre convertiuse estes días na primeira muller en gañar o Premio Raíña Lupa, da área de Cultura da Deputación da Coruña, ao se facer co galardón grazas á novela A filla do Minotauro.
Máis información na web da Deputación da Coruña
A obra, titulada A filla do Minotauro e presentada co lema Siracusa, relata unha historia de aventuras sobre unha organización clandestina creada para salvar obras de arte. O xurado destaca "a mestura de tempos históricos" da novela e a súa "relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural". O xurado destacou a "calidade literaria da obra" nunha convocatoria cun "alto nivel das obras publicadas".

O xurado decide seleccionar como finalista a obra Como bágoas de dragón da escritora Andrea Maceiras e recomenda a súa publicación. 

Nesta edición presentáronse ao concurso un total de 48 obras, case o dobre do pasado ano, no que foron 27 as que concorreron ao galardón. A gañadora recibirá 6.500 € do premio máis a publicación da obra.

En edicións anteriores, gañaron o premio Raíña Lupa os escritores Héctor Cajaraville, Xesús Fraga, Marcos Calveiro, Carlos López, Antonio Yáñez, Breogán Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antonio Reigosa, Mario Pereira e Agustín Fernández Paz.


mércores, 15 de novembro de 2017

Obra gañadora do X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados


A horta de Simón é a obra galardoada co X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, Este álbum é un eloxio ao traballo
colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza. Trátase da primeira obra como autora e ilustradora da bonaerense Rocío Alejandro.

O certame, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e por KALANDRAKA, enmárcase na Campaña Municipal de Animación á Lectura.


Máis info

martes, 14 de novembro de 2017

Xornadas profesionais GÁLIX - Intercambio de experiencias



O 14 de novembro celebramos en Vigo as Xornadas profesionais GÁLIX, un intercambio de experiencias entre profesionais da creación e das bibliotecas.

Estas xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, tiveron lugar no salón de actos da facultade de Filoloxía e Tradución e nelas presenciamos unha interesante conversa entre autoras, bibliotecarias e editoras sobre a utilidade do catálogo e sobre os puntos fortes e en común das nosas actividades en defensa da LIX.


Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo) e aquí
Videos das Xornadas por cortesía de UvigoTV