xoves, 28 de decembro de 2017

Felices Festas!


Dende GÁLIX, desexámosvos que pasedes unhas felices festas coa vosa xente e que o ano novo vos sexa venturoso!

E para que non poñades excusas para non gozar de boas lecturas estes días vacacionais, velaí van unhas cantas recomendacións de amig@s de GÁLIX:
Recomendacións de lectura do CEIP de Seixo /115 suxestións de Biblioleiros /Guía de lectura do Concello de Rianxo /
Recomendacións de máis de 125 bibliotecas escolares galegas para estas datas




luns, 11 de decembro de 2017

Xornadas GÁLIX - Desfacendo a raia II (II)


O mércores 13 de decembro celebramos un novo acto propio. Nesta segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia, queremos desfacer máis fronteiras aínda e engadimos esta xornada centrada na memoria das mulleres na LIX.

As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán lugar no salón de actos da facultade de Formación do Profesorado de Lugo ás 09:45.

As II Xornadas Desfacendo a raia de GÁLIX propóñense unha nova meta: axudar a facer visible a literatura feita por mulleres. O ano pasado, nas primeiras xornadas, o obxectivo era dar a coñecer entre os galegos a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) portuguesa e a galega en Portugal. A elección de María Victoria Moreno como a escritora do Día das Letras 2018 vai ser unha dobre oportunidade para poñer en valor a literatura escrita por mulleres e romper cos prexuízos sobre a LIX como unha literatura menor.

Máis sobre as II Xornadas Desfacendo a raia (I) 

Máis información no cartel do evento (fai clic para amplialo)

As II Xornadas Desfacendo a raia son abertas a todo o público ata encher o aforo.

Na nosa biblioteca (81)


Dende Xerais chégannos todas estas novidades:


Título: Os arquivos secretos de Escarlatina
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións: Víctor Rivas
Editorial: Xerais
Colección: Álbums

Entrevista a Ledicia Costas por Ana Baena en Atlantico  Bases do Concurso O enigma macabro

Título: Xinfu na maldición guauchuky
Texto e Ilustracións: : Adrián Morgade
Editorial: Xerais
Colección: Cómics


TítuloO pintor de flores
Texto  e Ilustracións: Anxo Fariña
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín


TítuloOnde está Nubebebé?
Texto e Ilustracións: Anxo Fariña
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín
Faro de Vigo: Anxo Fariña explica como se escribe e ilustra un libro.

venres, 8 de decembro de 2017

Este libro encantoume (decembro 2017)


DECEMBRO, 2017

Recomendamos: 22 segundos, de Eva Mejuto.


O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese
momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.

Sabela Bará Louro
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

martes, 5 de decembro de 2017

Na nosa biblioteca (80)

Dende Baía chéganos esta peza teatral ilustrada por Nuria Díaz:


Título: O castiñeiro do apalpador: de como un carboeiro se virou meigo do Nadal [teatro]
Texto: Inacio Vilariño
Ilustracións: Nuria Díaz
Editorial: Baía
Colección: Conto conto
Reseña en Caderno da Crítica


luns, 4 de decembro de 2017

Na nosa biblioteca (79)


Comezamos a semana e o mes co último de Kalandraka:



TítuloA horta de Simón
Texto e Ilustracións: Rocío Alejandro
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial: Kalandraka

TítuloAllumette
Texto e Ilustracións: Tomi Ungerer
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Colección:Tras os montes
Versión moderna do clásico de Andersen "A vendedora de mistos". / Libro seleccionado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia. / Tomi Ungerer foi Premio de Ilustración Hans Christian Andersen 1998.

Título: Radio Bulebule
Texto e Música: Paco nogueiras:
Ilustracións: David Pintor
Editorial: Kalandraka
Colección: Libro-Disco

Máis info e vídeo presentación

TítuloO un era Xoán : un libro para contar
Texto e Ilustracións: Maurice Sendak
Adaptación: version de Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes



TítuloOs caimáns van de paseo
Texto e Ilustracións: Maurice Sendak
 Adaptación: version de Xosé Ballesteros 
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes

venres, 1 de decembro de 2017

Comeza o Culturgal!


Hoxe comeza a nosa cita anual coa industria cultural galega: o Culturgal. 

Poderedes gozar dunha morea de actividades no Pazo da Cultura de Pontevedra durante toda a fin de semana, dende hoxe, 1 de decembro, ata o domingo 3. Esta é xa a décima edición do Culturgal. Descubre máis aquí.
Descarga aquí o programa completo
Velaquí algunhas iniciativas e actividades que podes atopar no Culturgal e das que os organizadores nos mandaron información:



Hoxe, conferencia sobre financiamento europeo a proxectos culturais, ás 17:00 no Salón de Actos, organizada polo Concello de Pontevedra e o Ministerio de Cultura e con presenza da experta da Universidade de Vigo. Máis info aquí.



Tamén teredes unha morea de actividades da man de Urco Editora. Consulta na imaxe as actividades (clic para ampliar), máis información no seu Facebook, aquí.





Kalandraka convirte o seu stand nun estudio radiofónico no que recibirá a unha morea de creadores que asinarán exemplares das súas obras. O sábado ás 19:00, no Espazo Libro, non perdas  o faladoiro co lema "Poesía galega ao abeiro da colección Tambo". Bota un ollo na imaxe para máis información. Tamén podes ler máis aquí.


Presentamos o calendario do Premio Internacional de Ilustración


A obra gañadora do Premio Internacional de Ilustración do Salón do Libro, organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración con GÁLIX, xa está listo para saír á rúa. 

Presentámolo ontes e a partir de hoxe xa o podedes conseguir no Culturgal!