Rematamos o mes e marchamos celebrar o Samaín non sen antes vos deixar cunhas cantas novas da LIX:
- Este mes recibimos na nosa biblioteca o catálogo IBBY Selection of Outstanding Books for Young People with Disabilities (selección de Libros Destacados para Xente Nova con Discapacidade).
- Coñecimos os/as finalistas do XIV Premio Frei Martín Sarmiento, podes consultalos aquí.
- Dende Xandobela infórmannos do proxecto The Adventure of Reading, un interesante proxecto subvencionado por Erasmus+ adicado á educación de persoas adultas.
Descubre máis sobre este proxecto neste enlace / Que é Xandobela
Froito deste proxecto desenvolvéronse dous recursos moi interesantes que vimos de incluír na nosa páxina de recursos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]