martes, 31 de outubro de 2017

Novas da LIX


Rematamos o mes e marchamos celebrar o Samaín non sen antes vos deixar cunhas cantas novas da LIX:


- Este mes recibimos na nosa biblioteca o catálogo IBBY Selection of Outstanding Books for Young People with Disabilities (selección de Libros Destacados para Xente Nova con Discapacidade). 


- Dende Xandobela infórmannos do proxecto The Adventure of Reading, un interesante proxecto subvencionado por Erasmus+ adicado á educación de persoas adultas. 
Descubre máis sobre este proxecto neste enlace / Que é Xandobela

venres, 27 de outubro de 2017

Esta fin de semana, tres actividades de fomento da lectura na Casa da Lectura

A asociación Espazo Lectura ofrece esta fin de semana tres actividades destinadas a público infantil e xuvenil de diferentes idades. 

Todas as actividades terán lugar na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas, Gondomar), sede da asociación, que ofrece ademais servizo de préstamo bibliotecario.

O venres 27, ás 18:00 horas: Contos en Cueiros, para bebés de 0 a 3 anos.
O venres, a partir das 18:00 horas, a Casa da Lectura acollerá a primeira xuntanza da tempada do contacontos destinado a bebés e familias, para o cal é necesaria inscrición previa (contosencueiros@gmail.com).
O sábado 28, ás 12:00 horas: club Lendo Contigo, para nenos e nenas a partir de 7 anos
O sábado pola mañá celebrarase a sesión mensual do club de lectura destinadas a nenos e nenas de Primaria, acompañados das súas familias. Nesta ocasión falarase do libro "Fred Quincalla, o nómade do mar", da autora Teresa González Costa, que estará ese día na Casa da Lectura para participar na actividade.

O sábado 28, ás 20:00 horas: xuntanza do Comando Le, para mozos e mozas a partir de 12 anosO sábado 28 de outubro, de 20:00h a 22:30h, a Casa da Lectura acollerá a primeira sesión da tempada do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. No Comando Le achegámonos a diferentes temas a través do cine, a música, as conversas, as excursións, a amizade e, por suposto, a lectura. Ademais, como vén sendo habitual, os participantes cearán todos xuntos, polo que as persoas que asistan deben levar algo, doce ou salgado, para compartir.
Coa celebración destas sesións, todas as actividades que ofrece Espazo Lectura estrearán xa unha nova tempada centrada no fomento do libro e a lectura entre a poboación de todas as idades.
 

mércores, 25 de outubro de 2017

Na nosa biblioteca (75)


Tres novidades de Kalandraka fresquiñas para a biblioteca!


TítuloAs tres curuxiñas
Texto: Martin Waddell
Ilustracións: Patrick Benson
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes


TítuloSaltón no camiño
Texto e Ilustracións: Arnold Lobel
Tradución: Xosé Manuel González
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes
Recensión en Trafegando Ronseis.



TítuloPippi Mediaslongas
Texto: Astrid Lindgren
Ilustracións: Ingrid Vang Nyman
Tradución: David A. ÁLvarez
Editorial: Kalandraka
Colección: Fóra de colección
Máis sobre a tradución de Pippi ao galego nos medios: Entrevista co traductor / Nova no Faro de Vigo / Nova en La Voz 

luns, 23 de outubro de 2017

Aínda podes participar no I Premio Internacional de Ilustración para o Salón do Libro



Lembrámosvos que está aberta a recepción de obras para o I Premio Internacional de Ilustración convocado por Gálix en colaboración co Concello de Pontevedra.

A finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade
entre o 6 e o 29 de abril de 2018 e que terá a temática central de: MULLERES DE CONTO.

Este premio ten unha dotación de 3.000 € e a obra gañadora ilustrará o cartel do salón da edición 2018. Ademais, a Deputación de Pontevedra publicará un catálogo en forma de calendario coas 12 obras finalistas.

Anímate e participa! Ti podes ilustrar o cartel do próximo Salón!
Descarga as bases do certame aquí. Máis información en salondolibro.gal/premio

Na nosa biblioteca (74)


Baía envíanos esta novidade do mes:


TítuloOs tres mosqueteiros
Texto: adaptación da novela de Alexandre Dumas [en francés, Bénédicte Rivière]
Ilustracións: Camille André
Tradución: tradución e adaptación ao galego, María Reimóndez
Editorial: Baía

Recención en Trafegando Ronseis

xoves, 19 de outubro de 2017

White Ravens 2017

Este mes derónse a coñecer os libros seleccionados para o catálogo White Ravens 2017, que cada ano elabora a Internationale Jugendbibliothek (International Youth Library). 

Dúas obras de autores galegos foron seleccionadas este ano para entrar nesta prestixiosa lista: Ollos, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, editado en Faktoría K de Libros, e Jules Verne a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas e publicado por Xerais.

Ollos na web de Kalandraka. Ollos no catálogo White Ravens.Jules Verne a vida secreta das mulleres planta na web de Xerais. Jules Verne a vida secreta das mulleres planta no catálogo White Ravens. 

O catálogo White Ravens está formado por 200 títulos procedentes de 56 países e escritos en 38 linguas diferentes que fosen publicados o ano anterior e que, polas súas características (temática, innovación artística, estilo literario, deseño…), merecen ser destacados. A elección dos libros, entre os miles que recibe cada ano a biblioteca está feita por 20 especialistas en literatura infantil e xuvenil. 

Os galardoados deste ano e o catálogo foron presentados oficialmente o 12 de outubro na feria de Frankfurt.

mércores, 18 de outubro de 2017

Na nosa biblioteca (73)


Velaquí dúas obras de Alvarellos Editora que vimos de recibir para a nosa biblioteca:


Título Contos do Sol e da Lúa
Texto: Helena Villar Janeiro
Ilustracións: Ana Costas
Editorial: Alvarellos Editora
Colección: Verdemar
2ª ed., xuño 2017 / Co gallo do Día das Letras Galegas 2017, o supermercado Gadis, repartiu 30.000 copias do libro Contos do sol e da lúa / Le unha recensión en Caderno da Crítica aquí.


TítuloQueres ler un libro comigo?
Texto: Lawrence Schimel
Ilustracións: Thiago Lopes
Tradución: Quique Alvarellos
Editorial: Alvarellos Editora
Colección: Verdemar

Nova da presentación editorial en Sermos Galicia da nova liña editorial infantil de Alvarellos Editora, que celebra así os seus 40 anos.

Este libro encantoume (outubro 2017)


OUTUBRO, 2017

Recomendamos: O valo, de Carlos Labraña.


Unha nena chamada Sáhara tenta atravesar o deserto na procura dunha vida mellor cando se topa cun valo que acaba de colocar o Soldadiño. Na conversa entre estes dous personaxes xorden diferentes puntos de vista sobre o que supón compartir, o que significa a solidariedade, o que representa o ben e o mal, a función da bandeira dun país ou o absurdo de ter que ir á guerra. A historia pode lerse claramente coma unha fábula pacifista e multicultural, contra a vulneración dos dereitos humanos e a favor do dereito das persoas a buscar unha vida digna. Acerta o autor ao xogar coa utopía, nun final tan agridoce coma intenso, pois as fermosas e convincentes palabras de Sáhara acabarán conseguindo que o Soldadiño se libere das súas cadeas. Non obstante, sempre quedarán persoas interesadas en que os valos non caian. O valo é unha obra necesaria para intentar comprender o inxusto e insolidario mundo de hogano..

Montse Pena
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

mércores, 11 de outubro de 2017

Ler conta moito: Actividades infantís nas Bibliotecas de Oleiros

As sete bibliotecas municipais de Oleiros volven á carga con unha morea de sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que as vosas nenas e nenos visiten as bibliotecas no seu lecer.
Lembra que o aforo é limitado e que é imprescindible  reservar praza na biblioteca correspondente

Velaquí os participantes destas actividades: o Mago Albert, Pallaso Piruleta & CIA, Ciencia en ruta, Soledad Felloza, Elefante Elegante, Mamá Cabra, Pablísimo, Sonia Ojea, Gemola, Chus Álvarez, Juan Juste, Teatro Ghazafelhos, Migallas, Gargallando, Manel Cráneo, Pavís Pavós, Pedras: artesanía e patrimonio, Chrystyan Magic, Paco Nogueiras, OQO, Pakolas, Carmen Domech, Marisa Irimia, Caxoto, Efervesciencia, Charo Pita, Ramiro Neira e Paula Carballeira.

luns, 9 de outubro de 2017

Bases do I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN convocado por Gálix en colaboración co Concello de Pontevedra



O venres 6 de outubro presentouse en Pontevedra o I Premio Internacional de Ilustración convocado por Gálix en colaboración co Concello de Pontevedra.

A finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade
entre o 6 e o 29 de abril de 2018 e que terá a temática central de: MULLERES DE CONTO.

Este premio ten unha dotación de 3.000 € e a obra gañadora ilustrará o cartel do salón da edición 2018. Ademais, a Deputación de Pontevedra publicará un catálogo en forma de calendario coas 12 obras finalistas.

Descarga as bases do certame aquí. Máis información en salondolibro.gal/premio

venres, 6 de outubro de 2017

Espazo Lectura arranca a súa décima tempada de actividades arredor do libro e a lectura

Esta semana, a asociación Espazo Lectura de Gondomar deu por comezadas as actividades da súa décima tempada.


Este ano, inaugurouse a tempada de promoción e fomento da lectura na Casa da Lectura coa primeira das sesións semanais de "Os Mércores na Casa da Lectura", cunha sesión especial de Migallas Teatro titulada “Contos nas orellas”.

Velaquí outras actividades deste mes que tamén podes consultar na súa web.


  • O sábado 7, a Banda dos Cueiros presenta o seu novo disco en Santiago de Compostela. Será na Libraría Couceiro ás 12:00 horas.
  • O martes 10, Espazo Lectura participa nas I Xornadas de literatura infantil e xuvenil e de animación á lectura, que terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
  • O martes 17, na Casa da Lectura, comeza a tempada do club de banda deseñada Lecturas Debuxadas, a partir das 20:00h. O cómic elixido é o policial Lamia, de Rayco Pulido.
  • O venres 27, ás 18:00 h, terá lugar a primeira sesión de Contos en Cueiros (para bebés de 0 a 3 anos), que se celebrará na Casa da Lectura, previa inscrición.
  • O sábado 28 será a quenda do club de lectura compartida Lendo Contigo, que comeza a súa andaina coa autora Teresa Fernández Costas, quen falará do seu libro Fred Quincalla e o nómade do mar para todas as familias que queiran achegarse a partir das 12:00 h á Casa da Lectura.
  • O mesmo día 28, ás 20:00 h, arrancan as sesións do Comando Le. Coma sempre, será a Casa da Lectura o lugar de desenvolvemento das sesións deste club de activismo cultural para adolescentes.

Espazo Lectura comeza esta nova tempada con ilusións renovadas despois do descanso estival. Os equipos coordinadores están preparando unha programación variada e ilusionante, aberta a quen queira participar, que, coma sempre, procura o fomento da lectura en lingua galega.

Grazas, Espazo Lectura! Lémonos :)

mércores, 4 de outubro de 2017

martes, 3 de outubro de 2017

Cando ler non serve para nada: Xornadas de LIX e animación á lectura



Informámosvos das I Xornadas de Literatura Infantil e Xuvenil e Animación á Lectura que se celebrarán no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Deixámosvos aquí o seu programa. 

Todas as sesións son de 16.30 a 19.00.

PROGRAMA
Primeira sesión: Educación Infantil 
Martes, 10 de Outubro de 2017
Segunda sesión: Educación Primaria
Martes, 17 de Outubro de 2017
Terceira sesión. Educación Secundaria, Bacharelato e Universidade
Martes, 24 de Outubro de 2017
Actividades paralelas

  • Exposición fotográfica: E ti que les? / E ti con quen les?
  • Lectura en vivo de fragmentos de LIX.
  • Fallo do I Concurso de Relato Curto Agustín Fernández Paz.
Máis información aquí


luns, 2 de outubro de 2017

Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil



Esta semana comeza o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil dedicado ao teatro e as súas potencialidades na Educación Infantil.

Lugar e hora: Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, os martes do 3 de outubro ao 7 de novembro, ás 18.00 h


3 outubro | Paula Carballeira | Que facemos co teatro?
10 de outubro | Raquel Castro | Teatro, unha ferramenta imprescindible no ensino
17 de outubro | Antón Cortizas | Escribir teatro dende o anfiteatro
24 de outubro | Carlos Labraña | Teatro para ler, teatro para pensar
31 de outubro | Manuel Núñez Singala | Normalización da lingua, identidade e literatura
7 de novembro | Sabela Gago | Literatura infantil e dramatización

Organiza: Universidade de Vigo. Colaboran AELG e Xunta de Galicia