SETEMBRO, 2017
Recomendamos: Nunca mascotas, de Paula Carballeira.

Que acontecería ao cederlle a voz aos animais cos que convivimos? Que nos dirían aqueles os que tememos, rexeitamos ou observamos a distancia? Estas preguntas, e outras moitas, activaranse coa lectura dunha obra que enfrontará o lectorado xuvenil, e tamén o adulto, á análise sobre as relacións entre seres humanos e animais.
Polas páxinas de Nunca mascotas corren ratas, voan andoriñas, choutan pulgas, zoan moscas... e nos apelan, libres e salvaxes, para que comecemos a ollalas doutro xeito. Por iso, trala lectura destes poemas a nosa ollada faise máis ampla e xa resulta imposíbel vernos –unhas a outros, outras a uns– tan diferentes.
Antía Marante
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]