venres, 29 de setembro de 2017

Novas da LIX


Rematamos o mes de setembro cunha recopilación da novas de LIX que nos foron chegando estas semanas:
E ata aquí foi este mes. Estade atent@s ás xornadas e novas de outubro, que non só veñen os magostos!

xoves, 28 de setembro de 2017

Na nosa biblioteca (72)


Dende Baía Edicións chéganos esta nova obra de Pere Tobaruela:


Título: Catro pedras vellas
Texto: Pere Tobaruela
Ilustracións: Xosé Tomás
Editorial: Baía Edicións
Colección: Meiga Moira


mércores, 27 de setembro de 2017

Na nosa biblioteca (71)


Dende Hércules de Edicións envíannos estas dúas fermosas propostas:


Título: O xigante secreto do avó
Texto e ilustracións: David Litchfield
Tradución: Raquel Senra Fernández
Editorial: Hércules de Edicións
Segundo libro do autor de O oso e o piano.

Título: O camiño á casa
Texto: Katie Cotton
Ilustracións: Sarah Jacoby
Tradución: Fe González Fernández
Editorial: Hércules de Edicións
Libro en verso e cunha fermosa encadernación holandesa.

Na nosa biblioteca (70)


Urco fainos chegar unha nova Muller Brava:


Título: Maruja Mallo
Texto: Elvira Ribeiro
Ilustracións: Eva Agra
Editorial: Urco
Colección: Mulleres bravas da nosa historia

Reseñas literarias en Lecturafilia, KindleGarten, O recuncho do lector e Caderno da crítica.

martes, 26 de setembro de 2017

O Observatorio da Lectura e o Libro publica a última actualización do informe de LIX en España



O Observatorio da Lectura e o Libro vén de publicar a última actualización do informe de LIX en España.

Este estudio monográfico recolle os principais datos de produción e facturación correspondentes a 2015, mais tamén as tendencias máis significativas desta parte do sector. Analízanse tamén as características da oferta editorial de LIX e a súa relación con outors medios, alén de recopilarse unha selección de recursos especializados.

Aquí podes consultar unha infografía cos principais datos e 10 claves para entender o libro infantil e xuvenil en España na actualidade.

Consulta o informe completo aquí.




luns, 25 de setembro de 2017

Este libro encantoume (setembro 2017)


SETEMBRO, 2017

Recomendamos: Nunca mascotas, de Paula Carballeira.

Nunca mascotas encantoume porque é un libro de poesía cuxos protagonistas son os animais. Iso e moito máis. Paula Carballeira ofrécenos vinte e catro poemas, con múltiples niveis de lectura, que se converten en chamadas á reflexión sobre sobre a nosa relación co mundo animal do que, aínda que ás veces o esquezamos, tamén formamos parte.
Que acontecería ao cederlle a voz aos animais cos que convivimos? Que nos dirían aqueles os que tememos, rexeitamos ou observamos a distancia? Estas preguntas, e outras moitas, activaranse coa lectura dunha obra que enfrontará o lectorado xuvenil, e tamén o adulto, á análise sobre as relacións entre seres humanos e animais.
Polas páxinas de Nunca mascotas corren ratas, voan andoriñas, choutan pulgas,  zoan moscas... e nos apelan, libres e salvaxes, para que comecemos a ollalas doutro xeito. Por iso, trala lectura destes poemas a nosa ollada faise máis ampla e xa resulta imposíbel vernos –unhas a outros, outras a uns– tan diferentes.

Antía Marante
______________________________
GÁLIX aporta cada mes unha reseña feita por algún socio para a sección Este libro encantoume da OEPLI, ao igual que o resto de seccións. Todos os meses poderás ver as recomendacións das seccións aquí, na web da OEPLI e as de GÁLIX, ademais, no noso blog (bota un ollo na barra lateral!). Se queres colaborar coas túas reseñas para esta sección, non dubides en nos contactar.

Na nosa biblioteca (69)


Edebé - Rodeira envíanos estas novidades:


Título: O coelliño que quería un pastel
Texto: Ramón Besora, Fina Casalderrey
Ilustracións: Zuzanna Celej
Editorial: Rodeira - Edebé


Título: Hugo e o ladrón pantasma
Texto: Carlos Vila Sexto
Ilustracións: Erica Salcedo
Tradución: Belén Rodríguez Suárez
Editorial: Rodeira - Edebé
Colección: Tucán verde. + 10 anos


Título: Verdade
Texto: Care Santos
Tradución: Equipo Rodeira
Editorial: Rodeira - Edebé
Colección: Periscopio
Continuación de Mentira


xoves, 21 de setembro de 2017

Na nosa biblioteca (68)


Máis novidades do mes, desta volta, de Xerais:


Título: O valo
Texto: Carlos Labraña
Ilustracións: Nuria Díaz
Editorial: Xerais, AGADIC
Colección: Biblioteca Dramática Galega
IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, convocado por AGADIC. Obra de teatro [I] e [II].

Título: A señorita Bubble
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións: Andrés Meixide
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros. + 10 anos
Presentación en Vigo: Venres, 22 de setembro, ás 2:000 horas na Librería Cartabón. / Reseñas literarias en Proxecto Pegadas e en Palabra de Gatsby. / Entrevista na Radio Galega.

Texto: Carles Cano
Ilustracións: Federico Delicado
Tradución: Anaír Rodríguez 
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros. + 8 anos


Texto: Davide Morosinotto
Ilustracións: Antonio Javier Caparo
Tradución: María Alonso Seisdedos
Editorial: Xerais
Colección: Milmanda

Segunda entrega das aventuras de Nemo, o rapaz sen nome  


martes, 19 de setembro de 2017

Na nosa biblioteca (67)

As primeiras novidades que recibimos este mes son as de Kalandraka:


Título: Animais de compañía
Texto: Manuel Lourenzo González
Ilustracións: Óscar Villán
Editorial: Kalandraka
Colección: Demademora
Nova edición dun relato creado hai case 20 anos / Bota un ollo ao que din del en Trafegando Ronseis ou en Nordesía.

Título: Un máis
Texto: Olalla González
Ilustracións: Marc Taeger
Editorial: Kalandraka
Reseña en Caderno da Crítica e entrevista na Cope.

Título: A terra de Anna: unha historia sobre o cambio climático
Texto: Jostein Gaarder
Ilustración Cuberta: Emily Forgot
Tradución: David A. Álvarez
Editorial: Kalandraka
Colección: Narrativa. Faktoría K
Reseña no blog da Biblioteca Escolar do CEIP "Pena de Francia" de Mos. 

Lembra que todos estes exemplares os podes consultar online no catálogo da Biblioteca de Galicia e en vivo e en directo na nosa biblioteca, na Cidade da Cultura, en Santiago.  Máis información na páxina de Recursos.

Adeus a Xohana Torres

Dende GÁLIX queremos sumarnos ao triste adeus á compañeira e escritora Xohana Torres. Déixamosvos a nosa derradeira aperta na forma destas palabras de Pilar Sampedro.
Foise a escritora no fin do verán e pola banda do solpor. Foise, facéndonos pensar no herdo que deixaba.
Imaxe de Editorial Galaxia
Volveu a súa poesía, narrativa, ensaio e teatro. Lembramos, de novo, as súas intervencións nunha radio que aínda non tiña nada de galega e na que ela introducía a lingua. Repetíronse, na voz das mulleres, os tres últimos versos dun poema imprescindible, que han facer seu os grupos minorizados ao longo da historia:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
Eu tamén navegar.”
Nós, queremos lembrar a súa contribución á literatura infantoxuvenil galega e deixámosvos cun par dos seus libros: Polo mar van a sardiñas (o primeiro de autoría galega que se publica en Editores Asociados e se traduce ás outras linguas do Estado, un libro co que entra o mar na LIX galega acompañando a Pequeno Antón) e Pericles e a balea (de novo ese mar, polo que marcha o churreiro coa amiga Tálata e o can Argos).
Grazas, Xohana, tamén, por este compromiso!


luns, 18 de setembro de 2017

Novas da LIX que atopamos en agosto


Mesmo se no mes de agosto gozamos das nosas merecidas vacacións, á volta botamos a vista atrás para vos traer unha selección de reseñas e entrevistas da LIX que viron a luz no verán:

RESEÑAS

NOVAS
  • A obra de Neira Vilas Memorias dun neno labrego foi traducida ao esperanto, baixo o título Memorajoj de Kampara Knabo. Un exemplar desta tradución vai ser enviado á biblioteca da UNESCO.
Entrevista co autor en Sermos Galiza / Artigo de Miguel Pardo en Praza.

Máis info

ENTREVISTAS

venres, 8 de setembro de 2017

Novas da LIX (Benvido setembro!)

Boas! Xa estamos aquí de volta para lle dar a benvida a un novo curso. Con moitas ganas de espallar novas e actividades arredor da nosa LIX!

Estamos especialmente contentas de vos informar do novo programa que mañá ás 15h se estrea na Radio Galega, Chamando á terra. Comandado por María Solar, este novo espazo nace para divulgar e falar de libros en galego, libros de todos os xéneros pero entre os que a LIX contará co agarimo especial que directora e colaboradoras saben dar. A carón de María Solar, a nosa amiga Montse Pena Presas, Malores Villanueva e Alba Cid entrarán coa súa fonda experiencia nesta conversa.
Escoita mañá Chamando á terra, de 15h a 16h, na Radio Galega.Aquí tes o facebook e twitter de Chamando á terra.

Este verán puidemos gozar doutras iniciativas, como o intercambio de postais que se levou a cabo con éxito entre a Biblioteca Neira Vilas de Vigo e a Cumberland Public Library, grazas ao contacto que recibimos en GÁLIX a través da familia IBBY e da IFLA. É un pracer cruzar fronteiras!

E, falando de bibliotecas, pechamos as novas por hoxe coa programación da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés para este mes de setembro. Podes vela completa aquí.