luns, 1 de maio de 2017

I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade


O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia promoven o recén creado Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.

Poderán concorrer a este premio todas as persoas que presenten narracións inéditas en lingua galega dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade, etc. O autor ou autora da obra gañadora, que será publicada por Xerais en 2018, recibirá 3.000 €.

O prazo de presentación do orixinais ábrese o 23 de abril, Día Internacional do Libro, e péchase o 12 de xullo de 2017, coincidindo co primeiro cabodano do pasamento de Agustín Fernández Paz. O xurado emitirá o seu ditame no mes de outubro.

As bases en pdf poden descargarse aquí.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]