O mes pasado dabamos a coñecer as obras e persoas finalista da Gala do Libro Galego 2017 nesta nova.
Este sábado celebrouse a gran gala das nosas letras no Teatro Principal de Santiago de Compostela. GÁLIX estivo presente, representada por varios membros da nosa directiva mais dende aquí queremos reiterar o noso aplauso ás persoas gañadoras e recoñecidas nestes premios.
Velaquí os gañadores e as gañadoras no ámbito da LIX e da ilustración:
Literatura Infantil e Xuvenil
- Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
Libro Ilustrado
- Canta connosco. De Óscar Villán. Kalandraka Editora
Teatro
- Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada. De Carlos Labraña. Editorial Galaxia
Felicitamos de novo tamén á nosa secretaria Antía Marante, parte do grupo que fai posible A Sega, iniciativa gañadora do premio á mellor iniciativa literaria na rede.
Podes ver a gala completa neste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]