venres, 29 de xullo de 2016

Novas da LIX (4) e feliz verán


O luns comeza agosto e nós marchamos descansar un chisco, mais non sen antes vos deixar as novas de LIX dos últimos meses. Feliz verán!


ENTREGA PREMIOS NACIONAIS

No mes de xuño fíxose a entrega oficial dos galardóns aos gañadores e gañadoras dos Premios Nacionais, entre os que se atopaba a Ledicia Costas.
Máis información aquí e aquí.





SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

O tema da XVIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra será "O mundo que queremos" e Escaquis e Romeu o título do libro que se editará para a ocasión. A obra está escrita por Antonio M. Fraga e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano. 
Máis información aquí, aquí e aquí.


MÁIS LIX GALEGA EN IBBY EUROPE


Xa podes atopar na web de IBBY Europe algúns libros de LIX galega. GÁLIX irá enviando máis referencias para que en toda Europa chegue a nosa literatura!


xoves, 28 de xullo de 2016

Na nosa biblioteca (26)


Velaquí as últimas incorporacións á nosa biblioteca:



Marta e a píntega
Texto: Eli Ríos
Ilustracións: Patricia Román
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore Azul, a partir de 10 anos




Oxalá estiveses aquí 
Texto: Charo Pita
Ilustracións: Dani Padrón
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore Azul, a partir de 10 anos

mércores, 27 de xullo de 2016

Feira do Libro da Coruña



O luns día 1 de agosto terá lugar a inauguración da Feira do Libro da Coruña.

A Feira dará comezo ás 12:00 h nos Xardíns de Méndez Núñez de A Coruña e poderá visitarse ata o 10 de agosto.

Lembra que podes consultar o calendario de feiras do libro de Galicia nesta entrada.

mércores, 20 de xullo de 2016

Feira do Libro de Rianxo



Mañá, 21 de xullo, inaugúrase unha nova cita coas Feiras do Libro de Galicia: ás 13:00 h terá lugar, na Praza Castelao de Rianxo, a inuaguración da Feira do Libro de Rianxo.

Lembra que podes consultar o calendario de feiras do libro de Galicia nesta entrada.

martes, 12 de xullo de 2016

Faleceu Agustín Fernández Paz


Agustín Fernández Paz, socio de honra de GÁLIX, deixounos esta maná.

Co máis fondo pesar polo seu pasamento, queremos amosar o noso apoio aos seus seres queridos e unirnos no sentimento de fonda tristura de todo o país pola perda deste mestre e escritor comprometido coa normalización da lingua e a dignidade do país.
Os premios recibidos e as múltiples edicións da súa obra nunca darán pagado as primaveras que nos donou. Os seus libros, as súas historias, as súas palabras seguirán connosco buscando aos lectores e lectoras do país que tanto amou e espallándose por outras línguas e xeografías. Lingua e Terra, Irmán.

Mañá tera lugar en Vigo, no Tanatorio de Pereiró, un acto de despedida.

martes, 5 de xullo de 2016

Na nosa biblioteca (25) e recomendacións literarias na rede


Aquí tedes as últimas novidades que chegaron ás nosas mans. E, máis abaixo, unhas cantas críticas e recomendacións de lecturas:

TítuloContos nerviosos
Texto: Fran Alonso
Ilustracións: Dani Padrón

Editorial: Embora
Colección: O globo

Descubre máis aquí!
Título: Emilio
Texto e Ilustracións: Tomi Ungerer
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka
Colección: Tras os montes




Título: Ollos
Texto: Xulio Gutiérrez
Ilustracións: Nicolás Fernández
Editorial: Kalandraka
Colección: Faktoría K de Libros - Animais extraordinarios

Título: Poemas birollos para ler cos ollos
Texto e Ilustracións: Fran Alonso
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros (de 6 anos en diante)

<
Título: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Texto: Ledicia Costas
Ilustracións: Andrés Meixide
Editorial: Xerais
Colección: Fóra de xogo

Premio Lazarillo de Creación Literaria 2015


Título: Axente Riciños
Texto: El Hematocrítico
Ilustracións: Alberto Vázquez
Tradución: Anaír Rodríguez
Editorial: Xerais
Colección: Pequeno Merlín. Albums
Título: Bechos e demais parentes
Texto:  Gerald Durrell
Tradución: Moisés Barcia
Editorial: Sushi Books
Colección: Avanzado



RECOMENDACIÓNS LITERARIAS