xoves, 28 de abril de 2016

Feira do Libro de Santiago





O día 30 de abril, ás 12:30, no Paseo Lateral da Alameda de Santiago inaugúrase a Feira do Libro Novo de Santiago de Compostela 2016.

Consulta o programa completo e toda a información das Feiras do Libro de Galicia no seu Facebook e na web.

mércores, 27 de abril de 2016

Na nosa biblioteca (22)


Estas son as últimas novidades que recibimos na nosa biblioteca:



As aventuras de Alicia no país das marabillas
Texto: Lewis Carroll
Ilustracións: John Tenniel
Tradución: Rafa Salgueiro
EditorialLata de Sal
Colección: Vintage



Será correcto?: a guía de protocolo máis divertida e sinxela para maiores e pequenos
Texto: Concha Blanco e María Canosa
Ilustracións: Paula Mayor Agrelo
EditorialHércules de Edicións
Colección: Preparados, listos... xa!


*As autoras estarán asinando exemplares na Feira do Libro de Santiago o domingo 1 de maio ás 19:00h na caseta da Librería Ler A Pobra.

martes, 26 de abril de 2016

A guía ninja do ilustrador



A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) está a desenvolver esta interesante iniciativa coa que pretenden informar aos ilustradores autónomos dos aspectos legais, profesionais e do mercado nos que se desenvolve a súa profesión.

Na páxina da Guía Ninja do Ilustrador podes atopar toda a información. A web conta con recursos útiles, ademais dun blog que irán completando co decálogo da guía, do que xa están publicadas as entradas
1) Coñece os teus dereitos, e
2) Traballo especulativo ("spec work")

xoves, 21 de abril de 2016

Novas da LIX (2)



Para compensar un chisco a ausencia de novas durante este mes, traémosvos unha nova recopilación de novas sobre a nosa literatura, así como entrevistas aos nosos autores e autoras:

ENTREVISTAS
OUTRAS NOVAS


mércores, 20 de abril de 2016

Adhesións galegas ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil


Cunha pequena tardanza pola que pedimos desculpas, velaquí vos traemos a lista de adhesións das bibliotecas e librarías de Galicia á iniciativa do Día Internacional do Libro Infantil 2016, que lembraredes que se centraba na proposta Adopta un animal de conto.

En total, foron 57 as adhesións á iniciativa: 29 en A Coruña, 12 en Lugo, 6 en Ourense e 10 en Pontevedra.


Consulta a lista de adhesións neste enlace
Consulta a iniciativa aquí

venres, 8 de abril de 2016

Na nosa biblioteca (21)


Rematamos a semana cunha recopilación das últimas novidades editoriais que recibimos na nosa biblioteca.


A Canción do sol
Texto e ilustracións: Estefanía Padullés
Tradución: Charo Baleirón
EditorialHércules de Ediciones
Colección: Novas lecturas de Hércules




A miña familia e outros animais
Texto: Gerald Durrel
Ilustración da cuberta: Jacobo Fernández Serrano
Tradución: Susana Collazo
Editorial:Sushi Books
Colección: Avanzado





A berenguela: opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes 
Texto: Manuel María
Ilustracións: Miguelanxo Prado
Música: Nani García
Editorial: Galaxia
Colección: Libros singulares e fóra de colección
(Inclúe CD)







As andanzas de Paio
Texto e música: Oviravai (Laura Iglesias, Verónica Santalices, David Álvarez e Federico Welicki)
Ilustracións: David Álvarez e Laura Iglesias
Editorial:Galaxia
Colección: Sonárbore







Ganapán das palabras
Texto: Pepe Cáccamo
Ilustracións: María Xosé Fernández
EditorialKalandraka
Colección:  Edición especial 18 Anos Kalandraka







A viaxe de mamá
Texto e Ilustracións: Mariana Ruiz Johnson
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial
Kalandraka
Colección: Demademora






Somos amigos?
Texto e Ilustracións: Anabel Fernández Rey
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial:
 Kalandraka
Colección: Primeiros Lectores






Quebracabezas
Texto e Ilustracións: Diego Bianki
Tradución: Manuela Rodríguez
Editorial
Kalandraka
Colección: Libros interactivos






xoves, 7 de abril de 2016

Contos para despois da chuvia XVI, campaña municipal de animación á lectura



 O día 2 inaugurouse en Compostela a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura: Contos para despois da chuvia.

Con este título e cartel tan suxestivos inaugúrase esta campaña cuxas actividades completas podedes consultar máis abaixo.


Lugar: Galería Sargadelos, Santiago de Compostela // Datas: do 1 de abril ao 14 de maio // Máis información neste enlace ou preme nas imaxes para velas a tamaño completo con toda a información.




mércores, 6 de abril de 2016

Feira do Libro de Pontevedra




Comeza a tempada das Feiras do Libro! A primeira este ano é a de Pontevedra, que terá lugar do 5 ao 10 de abril na Plaza de Ferrería.

Consulta o programa completo e toda a información no facebook das Feiras do Libro de Galicia neste enlace.

Gañadores do Premio Andersen 2016


O día 4 coñecéronse os gañadores do Premio Andersen 2016. 
O escritor premiado foi Cao Wenxuan, de China e a ilustradora, Rotraut Susanne Berner, de Alemaña.



Gañadora do Premio Astrid Lindgren Memorial



O día 5 deuse a coñecer o nome da gañadora do Astrid Lindgren Memorial Award. 
Meg Rosoff, escritora estadounidense, resultou ser a elixida para recibir esta honra.

martes, 5 de abril de 2016

Felicidades, Kalandraka



O pasado día 2 a Editorial Kalandraka cumpriu 18 anos. Parabéns!
Con motivo deste aniversario, a editora vén de publicar unha edición especial de Ganapán das palabras, dos autores galegos Pepe Cáccamo e María Xosé Fernández, recuperando así os orixinais dun álbum editado por primeira vez no 98, ano de fundación da editorial.

venres, 1 de abril de 2016

Feliz Día Internacional do Libro Infantil


Mañá, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenilque conmemora o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY promove esta celebración co fin de promocionar os bos libros e a lectura entre a xente máis nova.

Dende GÁLIX, desexámosche que pases un feliz día. Sobre todo, cun bo libro!

Máis información neste enlace.