As Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron para este Nadal unha guía titulada "De libros e ilusións", que podes ver e descargar neste enlace.
A guía está formada por 260 recomendacións de libros, DVD e CD que se presentan cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión e lembrar que un libro, un CD, ou un DVD son tamén un bo agasallo.
Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas e trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]