Aínda que volo contemos con algo de tardanza, queremos ensinarvos os agasallos e detalles que xuntamos para a nosa biblioteca da man das amigas editoriais galegas, autores/as, etc. na nosa grande feira da cultura, o Culturgal.
Da editorial Embora recibimos este novísimo exemplar de Palabras do mar, un texto de Antonio García Teijeiro ilustrado por Xosé Tomás, quen nos honrou adicándonos a copia.
O amigo e socio Fernando Cimadevila adicounos este libro seu, As aventuras do Apalpador (4): As portas do tempo, publicado por Contos Estraños/Urco Editora.
Tamén recibimos este exemplar asinado de O souto dos prodixios, un libro ilustrado baseado nun espectáculo teatral de Producións Dispersas, financiado a través de Verkami.
E, da man de Kalandraka, temos este exemplar asinado de Once damas atrevidas.
Grazas a tod@s, amig@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]