O pasado día 13 de novembro fallouse en Madrid o PremioLazarillo 2015 na súa modalidade de creación literaria, convocado pola OEPLI, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, e cunha dotación de 2500 euros, da que resultou gañadora Ledicia Costas coa obra titulada Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante
Este prestixioso
galardón, o máis antigo da literatura infantil e xuvenil, foi convocado polo
extinguido Instituto Nacional del Libro
Español no ano 1958 co fin de estimular a creación de bos libros para nenos
e rapaces. Desde o ano 1986 é a OEPLI a encargada de convocalo anualmente, nas modalidades de “Álbum Ilustrado” e “Creación literaria”.
LEDICIA COSTAS
Recentemente
acaba de publicar en Tambre-Edelvives a obra Inmundicia e Roñoso, e no eido da narrativa para adultos Un animal chamado néboa (Edicións
Xerais), libro de relatos ambientados na II Guerra Mundial.
Defensora da
difusión da literatura infantil e xuvenil galega, é unha das coordinadoras da
Revista Criaturas, publicación dixital especializada en LIX.
JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS FEMMES PLANTE
Jules Verne e a vida secreta das Femmes Plante é unha obra
ambientada no Vigo do S.XIX. Nela recréase unha das visitas de Jules Verne á cidade
cuxa ría o inspirou para escribir un dos episodios de 20.000 leguas baixo dos mares. Porén, en contra do que acredita a
documentación da época, esta visita de Verne a Vigo no ano 1884 non é fortuíta.
O escritor chega á cidade porque está seguindo o rastro das misteriosas mulleres
planta.
A protagonista
desta obra é Violeta, unha adolescente intelixente e inconformista que vive cos
seus avós nunha botica. Os tres están convencidos de que ninguén máis que eles
coñece o segredo que gardan desde hai décadas: que tanto a propia Violeta como a
súa avoa Melisa pertencen a esa estirpe de mulleres metade humanas, metade plantas. Coa chegada do escritor á
cidade iníciase unha aventura onde hai submarinos, iates a vapor, limpachemineas
e estrañas criaturas con alma de planta.
Noraboa, Ledicia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]