mércores, 4 de novembro de 2015

Conversa sobre Alicia no país das marabillas


Mañá, 5 de novembro, ás 18:30h, Teresa Barro, autora da tradución ao galego de Alicia no país das marabillas,  conversará con Ramón Nicolás, con quen abordará o delicado proceso de tradución, cando se cumpren 150 anos da publicación do libro orixinal e 30 da tradución ao galego.

A tradución ao galego de Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, feita por Teresa Barro e Fernando Pérez-Barreiro está publicada na colección Xabaril de Ouro. A tradución mereceu, en 1984, o Premio Nacional de Tradución de literatura infantil.

5 de novembro ás 18:30 na Sala Eisenman
(Cidade da Cultura de Galicia)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

[Comentario blog]