Este sábado 31 de outubro, a
Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (
AGPI) celebra a XII edición do Encontro Galego de Ilustración.
Trátase dunha actividade de entrada libre e gratuíta, que traerá, de novo, a Compostela algúns dos nomes máis sobranceiros do panorama da ilustración actual.
O lugar de encontro será a aula magna da
Hospedería San Martín Pinario e o acto dará comezo ás 10:00 co primeiro convidado, o ilustrador
Puño. A charla de
Sagar Forniés terá lugar ás 12:00 e o evento pecharase coa presentació do novo catálogo da AGPI,
Novas olladas sobre clásicos universais.
A partir das 14:00, os actos serán exclusivos para socios da AGPI.
Máis información
Programa Completo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]