venres, 30 de outubro de 2015

XII Encontro Galego de Ilustración


Este sábado 31 de outubro, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) celebra a XII edición do Encontro Galego de Ilustración.

Trátase dunha actividade de entrada libre e gratuíta, que traerá, de novo, a Compostela algúns dos nomes máis sobranceiros do panorama da ilustración actual.

O lugar de encontro será a aula magna da Hospedería San Martín Pinario e o acto dará comezo ás 10:00 co primeiro convidado, o ilustrador Puño. A charla de Sagar Forniés terá lugar ás 12:00 e o evento pecharase coa presentació do novo catálogo da AGPI, Novas olladas sobre clásicos universais.

A partir das 14:00, os actos serán exclusivos para socios da AGPI.

Máis información
Programa Completo


xoves, 29 de outubro de 2015

O Día da Biblioteca en Muxía


O 24 de outubro, no Día Internacional da Biblioteca, a Biblioteca Municipal de Muxía contou coa presenza da socia e amiga Concha Blanco, que ofreceu a charla Muller-Educación, binomio fantástico, presentada por Purificación Lema, concelleira de cultura.

Velaquí o que nos contan dende Muxía sobre o evento:

Foi una charla moi didáctica que puxo de relevo a grande importancia que ten a educación na loita pola igualdade de oportunidades, e tamén como foron moitas mulleres as que conseguiron que esa educación e a formación foran accesibles ás mulleres.Un percorrido pola vida e a aportación de grandes mulleres loitadoras a prol desta formación e camiño cara á igualdade, dende Rosalía a Concepcióna Arenal e Pardo Bazán,- e os esforzos que elas mesmas tiveron que sofrir para poder acceder a una educación , e a discriminación que non foi quen de calalas- levou á autora ata as mulleres anónimas que fixeron camiño para que hoxe poidamos ser formadas .Moitas mulleres humildes , entre as que non faltou a homenaxe á propia nai, que se esforzaron para que as súas fillas puideran ter una educación que sentara base para seren mulleres libres. Aínda que quede,a día de hoxe, en igualdade real moito camiño por percorrer.
Falou tamén Concha das mulleres como transmisoras da literatura oral e analizou, logo,  as normativas de réxime interno de centros de educación, como marcaban no pasado grandes diferencias entre homes e mulleres e como mesmo eran silenciadas as ideas das educadoras.
Rematou a charla cun fermoso conto sobre a muller e a emigración, sobre as viúvas de vivos - e as fillas desas mulleres- que aguantaron da casa, a familia, do país…soas. Unha charla moi amena e didáctica, moi recomendábel tanto para centros de ensino, como para público en xeral.
Grazas, Concha

venres, 23 de outubro de 2015

Na nosa biblioteca (8)



Novos libros de Kalandraka para a Biblioteca de Galicia:


A árbore xenerosa

Texto e ilustracións: Shel Silverstein
Tradución de Chema Heras
Editorial: Kalandraka, 2015
Colección: Tras os montes








Onde está o poliño de Rosalía?

Texto e ilustracións: Pat Hutchins
Tradución de Silvia Pérez Tato
(Continuación do álbum O paseo de Rosalía)
Editorial: Kalandraka, 2015
Colección: Tras os montes




A lúa de Xoán

Texto e ilustracións: Carme Solé Vendrell
Tradución de Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka, 2015
Colección: Maremar






Ola - Adeus, os contrarios nun álbum máxico

Texto e ilustracións: Delphine Chedru
Tradución de Xosé Ballesteros
Editorial: Kalandraka, 2015
Colección: Fóra de colección






A escada vermella

Texto e ilustracións: Fernando Pérez Hernando
Tradución de Manuela Rodríguez
Editorial: Kalandraka, 2015
Colección: Demademora







A amiga de Osiño

Texto: Else Holmelund Minarik
Ilustracións: Maurice Sendak
Tradución de Sandra e Óscar Senra Gómez
Editorial: Kalandraka, 2015
Colección: Tras os montes





xoves, 22 de outubro de 2015

Contos para adolescentes


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-22870.pdf

Continúan as actividades de Contos para adolescentes nas bibliotecas de Oleiros, velaquí o seu programa:



Para mozas/os de 10 a 12 anos. Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.

martes, 20 de outubro de 2015

Zorionak, Galtzagorri Elkartea!


Este sábado 24 de outubro, a sección vasca da OEPLI, Galtzagorri Elkartea, celebra o seu 25 aniversario.

A asociación pasou gran parte deste ano 2015 preparando as actividades para a celebración deste aniversario: Elena Odriozola visteu o seu logo de festa, cunha paxariña; publicaron a APP Maria Goikoak "Batbirulau!" e fai pouco veu a luz o número monográfico da revista "Behinola", que recolle a historia da Asociación.

Co novo curso chegou a hora da “traca final”: a hora de dar a coñecer o programa sorpresa que ata o de agora gardaban en secreto e que levarán a cabo en outubro.

Son tres as actividades que prepararon:

  • MARATÓN DE CONTA CONTOS. O 17 de outubro no Museo de San Telmo de Donostia. De 10:00 a 20:00. A entrada será gratuita, pero o aforo é limitado.
  • SUBASTA DRAMATIZADA DE ILUSTRACIÓNS. O 25 de outubro na Galería ARTEKO de Donostia. AÁs 11:00 da mañana. Convén inscribirse.
  • A FESTA DO LIBRO INFANTIL. O 25 de outubro no Museo de San Telmo de Donostia. A partir das 16:00: café, tarta de Galtzagorri e proxección do audiovisual que recollos 25 años de historia da Asociación. Para entrar na festa, é imprescindible traer un libro de Literatura Infantil para compartir cos demais. Confirmar asistencia.
Moitos parabéns para os/as compañeiros/as de Galtzagorri Elkartea!

O club de cómic Lecturas Debuxadas inaugura tempada


O club de cómic Lecturas Debuxadas inaugura a súa tempada hoxe, 20 de outubro, ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Nesta ocasión, comentrase o cómic "Abastos", a primeira publicación dun novo selo editorial galego especializado en banda deseñada: 3pintamonas.

O ilustrador Víctor Rivas, un dos autores de "Abastos" e ilustrador do recente Premio Nacional de Literatura Infantil, Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, participará na sesión.

Esta actividade é de participación libre.

luns, 19 de outubro de 2015

24 de outubro, Día da Biblioteca


Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, dende 1997 celébrase, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, o Día da Biblioteca.

Este día pretende concienciar á sociedade da importancia da lectura, ademais de servir de homenaxe e recoñecemento á labor de bibliotecarios e bibliotecarias.

En cada edición, un escritor/a e ilustrador/a de recoñecido prestixio, son os/as encargados/as de redactar o pregón e deseñar o cartel para as bibliotecas e actores interesados.

Este ano, o pregón corre a cargo de Diego Arboleda, Premio Nacional de Literatura Infantil 2014, e o cartel, da ilustradora Leticia Ruifernández. O acto oficial terá lugar na Biblioteca do Estado de Ciudad Real.

mércores, 14 de outubro de 2015

Na nosa biblioteca (7)


Máis novidades para nosa biblioteca:


Vic e Bombona


Texto: Sara Barreiro

Ilustracións: María Ruiz Castelain
Editorial: Galaxia, 2015
Colección: Árbore


martes, 13 de outubro de 2015

Premios White Ravens 2015


Déronse a coñecer os premios White Ravens 2015, outorgados anualmente pola Internationale Jugendbibliothek (International Youth Library) de Múnic. 

luns, 12 de outubro de 2015

Xornadas: Literatura infantil e xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade


Lembrámosvos que os próximos días 19 e 26 de outubro e 3 e 9 de novembro, terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo as Xornadas: Literatura infantil e xuvenil. A pegada das mulleres desde a tradición oral á actualidade.

venres, 9 de outubro de 2015

Entrevista con Andrea Maceiras, en Fervenzas Literarias


Malia a tardanza, deixámosvos aquí o enlace á entrevista que en Fervenzas Literarias lle fixeron a Andrea Maceiras.

xoves, 8 de outubro de 2015

Convocado o I Premio Literario Afonso VII - Rei de Galiza


Vén de convocarse o I Premio Literario Afonso VII - Rei de Galiza, organizado polo CPI Afonso VII. Nel, poderán participar todos os alumnos e alumnas de Primaria e ESO, en cadansúas categorías. O prazo para presentar as creacións remata o 11 de xaneiro de 2016.

martes, 6 de outubro de 2015

Biblioteca escolar, base de exploracións

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema escollido para a campaña de este curso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

domingo, 4 de outubro de 2015

Novas actividades en Espazo Lectura


Mañá, día 5 de outubro, retómase o calendario de actividades da asociación Espazo Lectura.

sábado, 3 de outubro de 2015

Premios da Cultura Galega 2015


O día 22 de setembro outorgáronse os Premios da Cultura Galega 2015. Estes premios recoñecen a traxectoria de persoeiros e entidades nos ámbitos da creación e difusión cultural.

En GÁLIX estamos especialmente contentas/os do (merecidísimo) premio outorgado á nosa socia de honra, Fina Casalderrey. Os nosos parabéns, Fina!

Coñece máis sobre Fina Casalderrey nesta entrevista.

Toda a información, aquí.

venres, 2 de outubro de 2015

Ler conta moito!



No mes de outubro e ata comezos de decembro, continúan as actividades de promoción da lectura nas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Estas actividades están dirixidas a nenas e nenos de 1 a 12 anos e lévanse a cabo nas oito bibliotecas municipais.

Descubre máis nestes enlaces!

Todas as actividades no blog das bibliotecas de Oleiros
Máis sobre a iniciativa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia 


xoves, 1 de outubro de 2015

Héctor Cajaraville gaña o X Premio de literatura infantil e xuvenil Raiña Lupa



O pasado 22 de setembro coñeceuse o gañador do premio Raíña Lupa, que outorga a Deputación da Coruña. Das 27 obras presentadas, a gañadora foi Vidas cruzadas, de Héctor Cajaraville.
Este premio está dotado con 6.500 € e a publicación da obra gañadora. Noraboa, Héctor!

XII Curso de Formación "Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos”



Informámosvos da celebración do XII Curso de Formación "Obras imprescindibles para o ensino primario e secundario sobre conflitos bélicos", que terá lugar os días 13, 14, 20 e 21 de novembro deste ano no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades e Biblioteca Afundación.

A matrícula está aberta ata o 9 de novembro.

Máis información no programa [aquí] e na web [aquí].