Elena Odriozola e Javier Zabalan gañan
unha MAZÁ DE OURO na BIENAL DE BRATISLAVA coas súas obras
Frankestein (Nórdica, 2013) e El pájaro enjaulado
(Edelvives, 2013).
Cada dous anos celébrase en Bratislava
a Bienal de Ilustración e a OEPLI, como sección española de IBBY,
e as súas seccións CGLIJ, ClijCAT, Gálix e Galtzagorri propoñen a
15 ilustradores/as cun dos seus libros de recente publicación.
No marco da Bienal, un xurado
internacional integrado por Anastasia Arkhipova (Rusia), Helena
Bergendahl (Suecia), Nazan Erkmen(Turquía), Karol Felix
(Eslovaquia), Piet Grobler (Reino Unido), Agnes Gyr (Ruanda), Yukiko
Hiromatsu (Xapón), Roger Mello (Brasil) Frantisek Skala (Chequia)
Nina Wehrle (Suíza) e Mª Jesús Gil (España) concedeu os Premios
ás mellores obras que se indican a seguir:
- O Grand Prix dotado con 3000 $ a LAURA CARLIN (Reino Unido) polas ilustracións da obra A world of your own
- Cinco Mazás de Ouro de 1500 $ a:
- MIROCOMACHIKO (Xapón): Yellow and I
- ELENA ODRIOZOLA (España): Frankestein
- JAVIER ZABALA (España): El pájaro enjaulado
- RONALD CURCHOD (Suíza): The night when I sleep
- BINGCHUN HUANG (MI HE) (China): Braid
-
- ANNEMARIE VAN HAERINGEN (Holanda): Snow white knits a monster
- MYUNG-AE LEE (Corea do Sur): Plastic island
- RENATE WACKER (Alemaña): Mascha and the bear
- NATALIA SALIENKO (Rusia): About one, two, three four and five
- LEVI PINFOLD (Reino Unido): Black dog, greenling
A Bienal é unha
prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros para
nenos/as e mozos/as, organizada polo Ministerio de Cultura da
República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e BIBIANA a Casa
Internacional da Arte para Nenos. Celébrase ao longo dos meses de
setembro e outubro. Ademais da mostra de orixinais, realízase un
simposio internacional de especialistas na ilustración de libros
para nenos/as e mozos/as.
Queres saber máis sobre a Bienal de Bratislava? Consulta máis información na páxina da OEPLI ou na da Bienal aquí.
Velaquí imaxes das obras de Elena Odriozola e Javier Zabala:
![]() |
Imaxe de Frankenstein, de Elena Odriozola. Descubre máis aquí! |
![]() |
Imaxe de El pájaro enjaulado, de Javier Zabala. Descubre máis aquí! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
[Comentario blog]