Coa túa axuda, GÁLIX pode continuar o seu traballo e emprender actividades para visibilizar a literatura infantil e xuvenil de Galicia e a todas as persoas implicadas na súa creación.Se a túa actividade, como persoa ou entidade, está relacionada co libro infantil e xuvenil, podes formar parte de GÁLIX.
Para asociarte, só tes que descargar o formulario de alta, cubrilo, imprimilo e remitilo ao noso enderezo. A Xunta Directiva analizará a túa solicitude de alta e informarate da resolución.






