*Se precisas colaboración con algunha actividade afín aos nosos obxectivos ou queres facernos chegar información sobre algunha web, evento, lanzamento, etc. bota un ollo aquí!
- Bienal de Bratislava: GÁLIX colabora coa OEPLI na selección das candidaturas para este evento que ten lugar nos anos impares.
- Feira de Bolonia: Elaboramos o catálogo de títulos que se presenta na feira. [Catálogo 2019] Podes ver catálogos anteriores na páxina de Recursos.
- Día Internacional do Libro Infantil: Colaboramos na preparación, difusión e seguimento do evento e facemos chegar a Galicia as iniciativas do IBBY e a OEPLI. Tamén xestionamos e celebramos as actividades relacionadas, cos premios para os/as participantes galegos/as. [Todo sobre o DILI 2019 aquí]
- Lista da Honra do IBBY: GÁLIX selecciona as candidaturas galegas que serán incluídas nesta prestixiosa lista. Ademais, participamos na Colección de Libros para Xente Nova con Dificultades Especiais do IBBY, enviando a selección de libros galegos para a mesma.
- IBBY Europe: Seleccionamos obras da LIX galega para esta páxina de referencia dos distintos idiomas de Europa.
- Premios Andersen: Tamén enviamos a selección de candidaturas para os Premios Andersen.
- Premio ALMA: Outros prestixiosos premios para os que a asociación selecciona candidaturas.
- Federación Internacional de Asociacións de Librarías (IFLA): Presentamos títulos para o catálogo de libros recomendados.
- Feira Internacional do Libro de Bos Aires: Presentamos propostas de actividades para promocinar a LIX galega.
- Salón do Libro de Río de Janeiro: Preparamos e enviamos as referencias de libros de LIX galega para este evento.
- Premios Nacionales: A través de GÁLIX selecciónanse e propóñense un candidato e unha candidata para compoñer o xurado destes premios. Ademais, proporcionamos as candidaturas galegas para os premios, tanto de ilustración (pola obra completa) como de literatura (por obra publicada no ano precedente).
- Premio Lazarillo: Colaboración coa OEPLI e o resto de seccións para a preparación e traducción da convocatoria do premio. Participamos tamén na elección da representación galega do xurado.
- Feira do Libro de Madrid: Colaboración na "Selección de literatura Infantil y Juvenil OEPLI para la Feria del libro de Madrid 2019" coa inclusión de dez títulos galegos.
- Adhesión á Plataforma Seguir Creando.
- Participación coa OEPLI na sección Este libro me encantó.
- Premio AELG-GÁLIX: GÁLIX xestiona a convocatoria aos seus socios/as para a votación na categoría Mellor libro Literatura Infanto-Xuvenil.
- Salón do Libro de Pontevedra: Colaboramos nas súas actividades, aportando medios que se requiran, bibliografías, etc.
- GÁLIX mantén a Biblioteca de Galicia de LIX: Aquí no blog informámoste das novidades que recibimos das editoriais.
- Recomendacións bibliográficas: Falamos das novidades literarias e obras recomendadas.
- Socio/a de honra: GÁLIX selecciona e organiza os actos de loa a socios e socias de honra.
- Actos propios: Organizamos eventos de difusión da LIX galega.
- Conmemoración dos 25 anos de GÁLIXx (2014) [ver díptico]