Asociación
Galega do Libro
Infantil e Xuvenil Esta asociación naceu no ano 1989, sen ánimo de lucro e cos seguintes fins, competencias e funcións: Defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil. Recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promoción do libro infantil e xuvenil. Prestar asesoramento e cooperación ás entidades ou persoas, administración e sectores interesados nestes fins, tanto dentro coma fóra de Galicia. Asumir a representacion galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporte. Establecer coas entidades públicas e privadas os convenios precisos para un mellor cumprimento dos seus fins. |
(c)
GALIX 2004 - galix@galix.org |
